한국   대만   중국   일본 
Commodore 64 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Commodore 64

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Commodore 64
Informacion xeral
Tipo Ordenador persoal
Informacion comercial
Data de lanzamento Agosto de 1982 [ 1 ] [ 2 ]
Lonxevidade Ata abril de 1994
Informacion tecnica
Sistema operativo Commodore KERNAL /
Commodore BASIC 2.0
Memoria 64 kB RAM + 20 kB ROM
Graficos VIC-II
Son SID 6581
Antecesor Commodore VIC-20
Commodore MAX Machine
Sucesor Commodore 128

O Commodore 64 , tamen conecido como C64 , C-64 , C= 64 , e ocasionalmente CBM 64 ou VIC-64 , [ 3 ] e un ordenador persoal de 8-bits introducido en xaneiro de 1982 por Commodore International . Atopase no Libro Guinness dos Records como o modelo de computadora mais vendido de todolos tempos, [ 4 ] con estimacions independentes que indican un numero de unidades vendidas de entre 10 e 17 millons de unidades. [ 5 ]

A sua producion deu comezo no 1982, coas primeiras unidades postas no mercado en agosto dese ano a un prezo de 595 $ (equivalentes a 1481,25 $ no 2016). [ 6 ] [ 7 ] Precededido polo Commodore VIC-20 e o Commodore PET , o Commodore 64 toma o seu nome dos seus 64 kB de RAM , e ten unhas especificacions tecnicas de son e graficos superiores en comparacion con outros sistemas previos como o Apple II e o Atari 800 , con sprites de multiples cores e un procesador de son mais avanzado.

O Commodore 64 dominou o mercado de ordenadores persoais de baixa gama durante gran parte dos anos 1980. [ 8 ] Entre os anos 1983 e 1986 o Commodore 64 tina entre un 30% e o 40% da cota de mercado nos Estados Unidos e vendeu uns dous millons de unidades por ano, [ 9 ] vendendo mais unidades que os ordenadores de IBM , Apple Inc. e Atari 8-bit . No mercado britanico, a principal competicion do Commodore 64 foron o BBC Micro e o ZX Spectrum , [ 10 ] pero o Commodore 64 mantivose como un dos dous ordenadores mais populares no Reino Unido . [ 11 ]

Parte do exito do Commodore 64 foi debido a que se vendeu en tendas de todo tipo no lugar de facelo so en tendas de electronica ou de computadoras. Commodore produciu moitas das suas partes na sua propia empresa para controlar os custos, incluindo chips IC personalizados de MOS Technology . Foi comparado co automobil Ford T polo seu papel na introducion de nova tecnoloxia nas casas de clase media grazas a sua creativa producion en masa. [ 12 ] Publicaronse o redor duns 10 000 titulos de software comercial para o Commodore 64, incluindo ferramentas de desenvolvemento, aplicacions de produtividade para a oficina e videoxogos . [ 13 ] Os emuladores de Commodore 64 permiten executar estes programas cun ordenador moderno ou videoconsola compatible. [ 14 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "World of Commodore Brochure (1983)" (PDF) . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de marzo de 2019 . Consultado o 29 de xuno de 2016 .  
  2. "July 1982 Commodore brochure" (PDF) . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de febreiro de 2012 . Consultado o 29 de xuno de 2016 .  
  3. VIC 64 Anvandarmanual . Consultado o 12 de marzo de 2007.
  4. "The Commodore 64, that '80s computer icon, lives again" . Consultado o 17 de novembro de 2014 .  
  5. "How many Commodore 64 computers were really sold?" . Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016 . Consultado o 29 de xuno de 2016 .  
  6. Perry, Tekla S.; Wallich, Paul (March 1985). "Design case history: the Commodore 64" (PDF) . IEEE Spectrum : 48?58. ISSN   0018-9235 .  
  7. "IEEE Spectrum" . 1985 . Consultado o 3 de novembro de 2014 .  
  8. "Inside the Commodore 64" . PCWorld . 4 de novembro de 2008 . Consultado o 17 de novembro de 2014 .  
  9. Reimer, Jeremy. "Total share: 30 years of personal computer market share figures" . Ars Technica . Consultado o 10 de outubro de 2014 .  
  10. "Commodore 64 Turns 30" .  
  11. Zuckerman, Faye (17 de novembro de 1984). "Now Playing". BillBoard (Billboard Publications) 96 (46): 23.  
  12. Kahney, Leander (9 de setembro de 2003). "Grandiose Price for a Modest PC" . CondeNet, Inc . Consultado o 13 de setembro de 2008 .  
  13. "Impact of the Commodore 64: A 25th Anniversary Celebration" . Computer History Museum. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2017 . Consultado o 13 de setembro de 2008 .  
  14. Swenson, Reid C. (2007). "What is a Commodore Computer? A Look at the Incredible History and Legacy of the Commodore Home Computers" . OldSoftware.Com . Consultado o 19 de novembro de 2007 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Angerhausen, M.; Becker, Dr. A.; Englisch, L.; Gerits, K. (1983, 84). The Anatomy of the Commodore 64 . Abacus Software / First Publishing Ltd. ISBN 0-948015-00-4
  • Bagnall, Brian (2005). On the Edge: the Spectacular Rise and Fall of Commodore . Variant Press. ISBN 0-9738649-0-7 .