한국   대만   중국   일본 
Combustible - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Combustible

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antracita

Un combustible ou combustibel [ 1 ] e calquera substancia que reacciona co osixeno de forma violenta, con producion de calor, chamas e gases. Supon a liberacion dunha enerxia da sua forma potencial a unha forma utilizable (por ser unha reaccion quimica , que se conece como enerxia quimica ). En xeral tratase de algo susceptible de queimarse , pero hai excepcions que se explican a continuacion.

Hai varios tipos de combustibles. Entre os combustibles solidos incluense o carbon , a madeira e a turba . O carbon queimase en caldeiras para quentar auga que pode vaporizarse para mover maquinas a vapor ou directamente para producir calor utilizable en usos termicos (calefaccion). A turba e a madeira utilizanse principalmente para a calefaccion domestica e industrial, inda que a turba se utilizou para a xeracion de enerxia : as locomotoras que empregaban madeira como combustible eran comuns no pasado.

Entre os combustibles fluidos, achanse os liquidos como o gasoleo , o queroseno ou a gasolina (ou nafta ) e os gasosos , como o gas natural ou gas licuado de petroleo (GLP), representados polo propano e o butano . As gasolinas, gasoleos e ata os gases, usanse para motores de combustion interna .

Inda que pouco utilizado, e tamen combustible o hidroxeno , e amais e limpo , pois o combinarse co osixeno deixa como residuo vapor de auga.

Nos corpos dos animais, o combustible principal esta constituido por carbohidratos , lipidos , proteinas , que proporcionan enerxia para os musculos , o crecemento e os procesos de renovacion e rexeneracion celular.

Impropiamente chamase tamen combustibles as substancias empregadas para producir a reaccion nuclear no proceso de fision , cando este proceso non e propiamente unha combustion.

Tampouco e propiamente un combustible o hidroxeno , cando se utiliza para proporcionar enerxia (e en grandes cantidades) no proceso de fusion nuclear , no que se funden atomicamente dous atomos de hidroxeno para converterse nun de helio , con gran liberacion de enerxia. Este medio de obter enerxia non foi dominado inda polo ser humano (mais ca na sua forma mais violenta, a bomba nuclear de hidroxeno , conecida como Bomba H) pero no universo e comun posto que e a fonte de enerxia das estrelas .

Os combustibles fosiles son mesturas de compostos organicos mineralizados que se extraen do subsolo co obxecto de producir enerxia por combustion . A orixe deses compostos son seres vivos que morreron fai millons de anos. Consideranse combustibles fosiles o carbon , procedente de bosques do periodo carbonifero , o petroleo e o gas natural , procedentes doutros organismos.

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

A principal caracteristica dun combustible e o seu poder calorifico , ou as quilocalorias desprendidas pola combustion completa dun quilogramo do combustible.

Taboa dos Elementos mais utilizados como combustibles

Combustible kcal/kg
Acetileno 11.600 kcal/kg
Propano
Gasolina
Butano
11.000 kcal/kg
Gasoleo 10.200 kcal/kg
Fuel-oil 9.600 kcal/kg
Antracita 8.300 kcal/kg
Coque 7.800 kcal/kg
Alcohol de 95º 6.740 kcal/kg
Lignito 4.800 kcal/kg
Turba 4.700 kcal/kg
Hulla 4.000 kcal/kg

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Combustible .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]