Colonialismo

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Colonia (politica) ≫)

Territorios colonizados por potencias europeas, os Estados Unidos e o Xapon dende 1492
Imperios coloniais en 1800 .

O colonialismo [ 1 ] e unha practica segundo a cal un pais controla persoas ou territorios, a miudo estabelecendo colonias, [ 2 ] en xeral para o seu propio avance econonimo e estratexico. [ 3 ] Non hai unha concepcion unica do colonialismo e as suas definicions poden variar segundo o uso e o contexto. [ 4 ] [ 5 ] [ 6 ] [ 7 ] O colonialismo foi usado por primeira vez para describir unha colonia romana , unha especie de granxa, e mais tarde pasou a describir un posto avanzado ou unha clase de cidade romana. O concepto (do latin colonus, -i, "labrador") creouse engadindo o sufixo "-ism", e foi asociado a unha variedade de filosofias e comprensions estruturais das colonias. [ 7 ]

No proceso de colonizacion , os colonizadores poden imponer a sua relixion, lingua, economia e outras practicas culturais aos pobos indixenas. As administracions estranxeiras dirixen o territorio na procura dos seus intereses, buscando beneficios dos pobos e os recursos da rexion. [ 8 ] A influencia e dominacion dun pode producirse dun xeito violento, a traves dunha invasion militar , ou sutil, sen que intervena a forza.

Alguns estudosos e sectores sociais e politicos, utilizan o termo neocolonialismo para facer referencia a unha dominacion do tipo economico, e mesmo politico, sobre un Estado xuridicamente independente. En senso similar utilizanse os termos imperialismo e neoimperialismo .

A importancia da era colonial e a sua historiografia tivo un grande desenvolvemento dentro das disciplinas historicas, e viuse fortalecida nos ultimos anos a raiz da necesidade de comprender mellor os procesos globais.

Evolucion sociocultural [ editar | editar a fonte ]

Como o colonialismo adoitaba desenvolverse en areas prepoboadas, a evolucion cultural incluiu a formacion de varias poboacions etnicamente hibridas. O colonialismo deu orixe a poboacions mixtas cultural e etnicamente como os mestizos das Americas, asi como poboacions divididas racialmente como as que se atopan na Alxeria Francesa ou en Rodesia do Sur . De feito, en todas partes onde as potencias coloniais estabeleceron unha presenza consistente e continuada existen comunidades hibridas.

Exemplos notables en Asia incluen os anglobirmanos , angloindios , burgher , singapurianos euroasiaticos, mestizos filipinos , Kristang e macaenses . Nas Indias Orientais Neerlandesas (mais tarde Indonesia ) a gran maioria dos colonos "holandeses" eran de feito euroasiaticos conecidos como indos , formalmente pertencentes a clase xuridica europea na colonia. [ 9 ] [ 10 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

O imperio romano en tempos de Traxano en 117 a.C. .

Antiguidade [ editar | editar a fonte ]

En termos xerais pode dicirse que as primeiras colonias apareceron cos primeiros imperios hai 5 500 anos, comezando coas exipcias .

Fenicia foi unha cultura comercial maritima emprendedora que se expandiu polo mar Mediterraneo entre o 1550 e o 300 a.C. e posteriormente os gregos e os persas continuaron nesta lina co establecemento de colonias. A metropole do Imperio Cartaxines , Cartago , foi na sua orixe unha colonia fenicia . Ao mesmo tempo foi unha das primeiras culturas en estabelecer colonias, xa que posuia territorios no norte de Africa, Sicilia , Illas Baleares , Sardena e Hispania . As suas colonias eran fundamentalmente comerciais, ainda que no marco das Guerras punicas acentuouse o dominio militar dos territorios.

O proceso de fundacion por parte de Grecia de polis en lugares afastados das cidades tradicionais clasicas ( Atenas , Esparta ...), cidades nais ou Metropoles , que formaban parte da peninsula grega, deron orixe a novas cidades en lugares como Italia ( Magna Grecia ), a Peninsula Iberica ( Emporion ) ou Francia ( Massalia ).

A antiga Roma continuou co proceso, con colonias no Mediterraneo, norte de Africa e Asia occidental, formou un grande imperio, incluindo territorios tan diversos como as actuais Galiza, Espana, Francia, Portugal, Italia, Romania, Libano, parte de Marrocos etc. As suas colonias fundamentabanse nunha orde regrada (duas vias principais e perpendiculares), a partir do cal se artellaba a cidade, baseada a miudo sobre acampamentos das lexions . Nelas tratabase de impor a orde romana en todolos campos (xuridico, arquitectonico , administrativo etc.). Un imperio moderno que a imitou foi o Imperio Espanol, no senso dunha orde tamen regrada (construcion da praza maior, en torno a cal se comezaba a igrexa, o concello (a semellanza do foro, templo, curia etc.), a partir dos cales se artellaba o resto da cidade, practicado case exclusivamente en America.

Tamen existiron colonias sumerias , babilonicas , maias , incas , aztecas , xaponesas , chinesas , hindus , ghanianas , malianas etc.

A partir do seculo VII, os arabes colonizaron unha importante seccion de Oriente Medio, o norte de Africa e partes de Asia e Europa. No seculo IX comezou unha nova vaga de colonizacion mediterranea entre estados que competian entre eles como os venecianos , xenoveses e amalfianos , invadindo as terras antes ricas do Imperio Bizantino . A Republica de Venecia iniciou a sua conquista con Dalmacia e acadou a sua maior extension nominal ao final da Cuarta Cruzada en 1204, coa declaracion da adquisicion dos tres oitavos do Imperio Bizantino. [ 11 ] Entre os seculos XI e XVIII, os vietnamitas estableceron colonias militares ao sur das suas fronteiras orixinais e absorberon o territorio, nun proceso conecido como nam ti?n . [ 12 ]

Imperios coloniais [ editar | editar a fonte ]

Union Iberica de Espana e Portugal entre 1580 e 1640

O colonialismo moderno comezou co portugues Henrique o Navegador , iniciando a Era das Exploracions . Espana (inicialmente a Coroa de Castela ) e despois Portugal chegaron a America cruzando o oceano, construindo postos comerciais e conquistando grandes extensions de terra. Estas terras dividironse entre os imperios espanol e portugues . [ 13 ]

O seculo XVII viu a creacion dos imperios coloniais frances e neerlandes, asi como as posesions inglesas de ultramar, que se converteron no Imperio Britanico . Tamen se estableceron o imperio colonial dinamarques e algunhas colonias suecas. [ 14 ] A diseminacion dos imperios coloniais reduciuse no final do seculo XVIII e inicios do XIX pola Guerra Revolucionaria Americana e a independencia da America Espanola . No entanto, estableceronse moitas colonias novas dende ese tempo, incluidos o imperio colonial aleman e o imperio belga . O Imperio Ruso , o Imperio Otoman e o Imperio Austriaco existian ao mesmo tempo, mais non se expandiron sobre os oceanos, senon polos territorios vecinos (agas a colonizacion rusa de America a traves do estreito de Bering ). O Imperio do Xapon modelouse nos imperios coloniais europeos.

No uso estrito do termo, o colonialismo a grande escala comezou contra o seculo XIX cando Europa comezou un proceso de expansion e colonizacion economica (denominado expansion capitalista ) de case todo o mundo.

Descolonizacion [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Descolonizacion .

A Independencia dos Estados Unidos no 1776 deu orixe a un amplo proceso de descolonizacion e creacion de nacions independentes. Durante o curso do seculo XIX independizaronse Haiti e as principais colonias espanolas. Trala primeira guerra mundial , os vitoriosos aliados dividiron imperio colonial aleman e gran parte do Imperio Otoman entre eles como mandato da Sociedade das Nacions . Estes territorios foron divididos en tres clases de acordo coa rapidez con que eran consideradas que estarian preparadas para a independencia. [ 15 ] No entanto, a descolonizacion fora de America demorouse para ocorrer despois da segunda guerra mundial . En 1962, as Nacions Unidas crearon un Comite Especial de Descolonizacion .

Neocolonialismo [ editar | editar a fonte ]

A expresion neocolonialismo foi moi popular nas antigas colonias a finais do seculo XX, [ 16 ] referido a diferentes contextos. En xeral, non se refire a un tipo directo de colonizacion, senon a colonizacion por outros medios. Especificamente refirese a teoria das antigas ou existentes relacions economicas, como o General Agreement on Tariffs and Trade e o Central American Free Trade Agreement , ou mediante companias (como Royal Dutch Shell en Nixeria e Brunei ) creadas por antigas potencias coloniais empregadas para manter o control das suas antigas dependencias tralos movementos de independencia.

Grandes imperios coloniais [ editar | editar a fonte ]

Imperio Portugues [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Imperio Portugues .

O Imperio colonial portugues foi o primeiro que fixo asentamentos estables en Africa ( Cabo Verde en 1462, Illa de Fernando Poo en 1471, Cabo de Boa Esperanza en 1488) e o segundo en America ( Brasil , por Pedro Alvares Cabral en 1500). As suas posesions consistian sobre todo no Brasil , Angola e Mozambique , ainda que durante os seus primeiros seculos, mantivo factorias nas costas da India ( Vasco da Gama , 1498), gran parte das costas africanas, Indias Orientais e Timor Leste .

Un dos comercios mais notables na historia de Portugal foi o comercio de escravos africanos mediante o metodo do comercio triangular (a metropole enviaba manufacturas as colonias africanas, dende ai enviaba mais manufacturas e escravos ata America e as riquezas deste ultimo ian parar a metropole).

Portugal continuou a expandirse no Brasil ata que se independizou no ano 1822. A pear diso, Portugal mantivo e expandiu as suas colonias africanas ata a independencia en 1974 (Angola) e 1975 (Mozambique).

Imperio Espanol [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Imperio Espanol .

Coa conquista das illas Canarias e a chegada de Cristovo Colon a America no 1492 e a primeira volta ao mundo comezada por Fernao de Magalhaes e culminada polo segundo de abordo, Juan Sebastian Elcano , entre 1520 e 1522 , Espana iniciou un enorme proceso de colonizacion do mundo que culminou coa constitucion do Imperio Espanol , onde nunca se puna o sol como lle gustaba dicir ao rei Filipe II de Espana . Os territorios espanois estendianse por case toda America do Sur e America Central, gran parte do Caribe ( Cuba , Republica Dominicana , Porto Rico ), parte de America do Norte ( Florida , Texas , California ), Africa (parte de Marrocos , o Sahara Espanol , as illas Canarias , Guinea Espanola , Cabo Juby , Rio de Oro , Ifni e Saguia el Hamra ), Asia ( Filipinas ), Oceania ( Guam , Micronesia , Palau , as Illas Marianas do Norte ).

Os territorios de Espana, acostumaban contar con vicerreis ao mando directo do territorio. Os territorios espanois en America foron organizados en vicerreinados e capitanias. Ademais, contaron cun proceso constitutivo de seu no senso da creacion de cidades en territorio americano (citado en Imperio Romano).

Imperio Britanico [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Imperio Britanico .

O Imperio colonial britanico foi o mais grande do mundo. A India era a colonia mais rica, polos seus produtos e a sua poboacion. Foi conquistada entre 1845 e 1848 por unha empresa privada inglesa, a Compania Britanica das Indias Orientais . En 1857 estalou unha revolta dos componentes indios das tropas inglesas ( cipayos ). Foi dificil contela, polo que ao conseguilo, a raina Vitoria transferiu o poder ao estado. Foi proclamada Emperatriz da India (1876) e mais adiante, os britanicos fixeron expedicions militares para reforzar as fronteiras indias.

O britanicos conquistaron Norteamerica (as trece colonias que deron orixe aos Estados Unidos e o Canada ), gran parte de Oceania (como Australia e Nova Zelandia ), Guiana e o Caribe ( Xamaica ), Birmania , Paquistan e Malaisia . En Africa realizaron conquistas dende Exipto ata o oceano Indico e Surafrica , onde tiveron que enfrontarse cos antigos colonos neerlandeses ( boers ).

Os territorios coloniais britanicos tiveron reximes de goberno moi diferentes. As colonias en America tinan un rexime de tipo republicano. Poren, a India era gobernada por un vicerrei.

Imperio Frances [ editar | editar a fonte ]

O Imperio colonial frances comezou baixo o reinado de Lois XIII . Nesa epoca, Francia creou o Vicerreinado de Nova Francia , con capital en Quebec . Mais tarde, durante Lois XIV , creou tamen Luisiana , un extenso territorio que abranguia o centro do continente. Tamen fundou a colonia da Guiana Francesa e recibiu Haiti de Espana. Trala guerra dos sete anos , perdida pola Francia de Lois XV , a Luisiana foi regalada a Espana e Nova Francia a Gran Bretana , co que o imperio frances quedaba reducido a Haiti e Guiana.

Despois de Napoleon, Francia comezou a colonizar Africa Occidental e o Sueste Asiatico . O resultado foi un gran e duradeiro imperio colonial que abranguia un terzo do continente africano, Madagascar e Indochina. Este imperio resistiu as duas guerras mundiais, fragmentandose trala segunda .

Francia ainda manten territorios de ultramar, coma as illas Reunion e Mayotte (no oceano Indico preto de Madagascar ), Martinica e Guadalupe (no mar Caribe ) e a Guiana Francesa (en America do Sur , ao norte do Brasil ).

Colonias neerlandesas [ editar | editar a fonte ]

Paises Baixos tamen vai posuir dominios coloniais en Norteamerica ( Nova Amsterdan ), ao norte de Suramerica ( Suriname ), Indonesia e alguns puntos de Africa.

Colonias alemas, belgas e italianas [ editar | editar a fonte ]

Tamen Belxica, Italia e Alemana conquistaron nacions e terriorios para sometelos ao dominio colonial. Como por exemplo o Congo Belga colonizado polo pais europeo e paradigma da explotacion occidental de Africa .

Contemporanea [ editar | editar a fonte ]

Engadirianse tamen os antes citados, pero tendo en conta so as posesions de cada un a partir deste seculo [ex.: Gran Bretana contabilizariase a India, Australia, Xibraltar etc... ou Francia o Imperio Africano (e non a Luisiana). Igual para os restantes.

Consecuencias [ editar | editar a fonte ]

O colonialismo tivo consecuencias historicas moi importantes tanto dende os puntos de vista economico, demografico, linguistico, cultural, relixioso e politico. No plano economico, a revolucion industrial europea requiriu as materias primas procedentes das suas colonias e a forza de traballo, asi como algunhas materias primas basicas.

A consecuencias foron enormes en America, onde a poboacion autoctona moi vulnerable as epidemias de orixe euroasiatica quedou decimada. En Africa as consecuencias demograficas foron menores; Surafrica e un dos paises con maior impacto demografico europeo. En Asia, agas polas fames negras da India de finais do seculo XIX, provocadas polo sistema de producion impuesto cos britanicos as consecuencias tiveron so un impacto transitorio. Dende o punto de vista linguistico, o colonialismo preparou o terreo para o emprego das linguas europeas como linguas diplomaticas e comerciais.

Entre as consecuencias mais negativas podense mencionar a destrucion da sociedade indixena, a explotacion economica total, o cambio dos valores propios dos indixenas e o intento de creacion do imperio continuo, unindo territorios dispares e ademais xerando conflitos para conseguilo, mesmo tendo que evitar outras metropoles.

Escravitude e servidume por contrato [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Comercio atlantico de escravos .

As nacions europeas entraron nos seus proxectos imperiais co obxectivo de enriquecer as metropoles europeas. A explotacion dos non europeos e doutros europeos para apoiar os obxectivos imperiais era aceptable para os colonizadores. Dous froitos desta axenda imperial foron a extension da escravitude e a servidume por contrato. No seculo XVII, case dous terzos dos colonos ingleses chegaron a America do Norte como servos por contrato. [ 17 ]

Os comerciantes de escravos europeos trouxeron gran cantidade de escravos africanos as Americas por mar. Espana e Portugal levaron escravos africanos para traballar en colonias africanas como Cabo Verde e San Tome e Principe , e despois a America Latina, no seculo XVI. Os britanicos, franceses e holandeses unironse ao trafico de escravos nos seculos posteriores. O sistema colonial europeo levou aproximadamente 11  millons de africanos ao Caribe e a America do Norte e do Sur como escravos. [ 18 ]

Traficantes de escravos en Goree, no Senegal , seculo XVIII.
Imperio europeo Destino colonial Numero de escravos importados entre 1450 e 1870 [ 18 ]
Imperio Portugues Brasil 3.646.800
Imperio Britanico Caribe Britanico 1.665.000
Imperio Frances Caribe Frances 1.600.200
Imperio Espnol America Latina 1.552.100
Imperio Neerlandes Caribe Neerlandes 500.000
Imperio Britanico America do Norte britanica 399.000

Abolicionistas en Europa e America protestaron polo trato inhumano que recibian os escravos africanos, o que levou a eliminacion do comercio de escravos (e mais tarde, da maioria das formas de escravitude) a finais do seculo XIX. Unha escola de pensamento (discutida) apunta ao papel do abolicionismo na Revolucion Americana : mentres a metropole colonial britanica comezou a avanzar cara a ilegalizar a escravitude, as elites escravistas das Trece Colonias viron isto como un dos motivos para loitar pola sua independencia poscolonial e polo dereito a desenvolver e continuar unha economia baseada en gran parte na escravitude. [ 19 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para colonialismo .
  2. Tignor, Roger (2005). Preface to Colonialism: a theoretical overview . Markus Weiner Publishers. p. x. ISBN   978-1-55876-340-1 . Consultado o 5 de abril de 2010 .  
  3. Rodney, Walter (2018). How Europe underdeveloped Africa . ISBN   978-1-78873-119-5 . OCLC   1048081465 .  
  4. Margaret Kohn (29 de agosto de 2017). "Colonialism" . Stanford Encyclopedia of Philosophy . Stanford University . Consultado o 5 de maio de 2018 .  
  5. "Colonialism" . Collins English Dictionary . HarperCollins . 2011 . Consultado o 8 de xaneiro de 2012 .  
  6. Webster's Encyclopedic Unabridged Dictionary of the English Language , 1989, p. 291.
  7. 7,0 7,1 Horvath, Ronald J. (1972). "A Definition of Colonialism" . Current Anthropology 13 : 45?57. doi : 10.1086/201248 .  
  8. Veracini, Lorenzo (2010). Settler Colonialism: A Theoretical Overview . New York: Palgrave Macmillan. pp.  5 . ISBN   978-0-230-22097-3 .  
  9. Bosma, U.; Raben, R. (2008). Being "Dutch" in the Indies: A History of Creolisation and Empire, 1500?1920 . Singapore: NUS Press. p. 223. ISBN   978-9971-69-373-2 .  
  10. Gouda, Frances (2008). "Gender, Race, and Sexuality" . Dutch Culture Overseas: Colonial Practice in the Netherlands Indies 1900?1942 . Equinox. p. 163. ISBN   978-979-3780-62-7 .  
  11. Peter N. Stearns, ed., An Encyclopedia of World History (2001) pp 21?238
  12. The Le Dynasty and Southward Expansion
  13. Charles R. Boxer, The Portuguese Seaborne Empire, 1415?1825 (1969)
  14. Thomas Benjamin, ed. Encyclopedia of Western Colonialism Since 1450 (3 vol 2006)
  15. Advameg, ed. (2010). "The Trusteeship Council - The mandate system of the league of nations" . Encyclopedia of the Nations . Consultado o 8 de agosto de 2010 .  
  16. Uzoigw, Godfrey N. (2019). "Neocolonialism Is Dead: Long Live Neocolonialism". Journal of Global South Studies 36 (1): 59?87. doi : 10.1353/gss.2019.0004 .  
  17. " White Servitude Arquivado 2014-10-09 en Wayback Machine .", por Richard Hofstadter, Montgomery College
  18. 18,0 18,1 King, Russell (2010). People on the Move: An Atlas of Migration . Berkeley, Los Angeles: University of California Press. p.  24 . ISBN   978-0-520-26124-2 .  
  19. Hannah-Jones, Nikole (14 de agosto de 2019). "Our democracy's founding ideals were false when they were written. Black Americans have fought to make them true" . The New York Times Magazine . The wealth and prominence that allowed Jefferson, at just 33, and the other founding fathers to believe they could successfully break off from one of the mightiest empires in the world came from the dizzying profits generated by chattel slavery. In other words, we may never have revolted against Britain if the founders had not understood that slavery empowered them to do so; nor if they had not believed that independence was required in order to ensure that slavery would continue. It is not incidental that 10 of this nation's first 12 presidents were enslavers, and some might argue that this nation was founded not as a democracy but as a slavocracy.  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Albertini, Rudolf von. European Colonial Rule, 1880?1940: The Impact of the West on India, Southeast Asia, and Africa (1982) 581 pp
  • Benjamin, Thomas, ed. Encyclopedia of Western Colonialism Since 1450 (2006)
  • Cooper, Frederick. Colonialism in Question: Theory, Knowledge, History (2005)
  • Cotterell, Arthur. Western Power in Asia: Its Slow Rise and Swift Fall, 1415 ? 1999 (2009) popular history; excerpt
  • Getz, Trevor R. and Heather Streets-Salter, eds.: Modern Imperialism and Colonialism: A Global Perspective (2010)
  • Jensen, Niklas Thode; Simonsen, Gunvor (2016). "Introduction: The historiography of slavery in the Danish-Norwegian West Indies, c. 1950?2016". Scandinavian Journal of History 41 (4?5): 475?494. doi : 10.1080/03468755.2016.1210880 .  
  • LeCour Grandmaison, Olivier: Coloniser, Exterminer ? Sur la guerre et l'Etat colonial , Fayard, 2005, ISBN 2-213-62316-3
  • Lindqvist, Sven: Exterminate All The Brutes , 1992, New Press; Reprint edition (xuno de 1997), ISBN 978-1-56584-359-2
  • Morris, Richard B. and Graham W. Irwin, eds. Harper Encyclopedia of the Modern World: A Concise Reference History from 1760 to the Present (1970) online
  • Ness, Immanuel and Zak Cope, eds. The Palgrave Encyclopedia of Imperialism and Anti-Imperialism (2 vol 2015), 1456 pp
  • Nuzzo, Luigi: Colonial Law , European History Online , Mainz: Institute of European History , 2010, consultado: 17 de decembro de 2012.
  • Osterhammel, Jurgen: Colonialism: A Theoretical Overview , Princeton, NJ: M. Wiener, 1997.
  • Page, Melvin E. et al. eds. Colonialism: An International Social, Cultural, and Political Encyclopedia (3 vol 2003)
  • Petringa, Maria, Brazza, A Life for Africa (2006), ISBN 978-1-4259-1198-0 .
  • Prashad, Vijay : The Darker Nations: A People's History of the Third World , The New Press, 2007. ISBN 978-1-56584-785-9
  • Resendez , Andres (2016). The Other Slavery: The Uncovered Story of Indian Enslavement in America . Houghton Mifflin Harcourt. p. 448. ISBN   978-0544602670 .  
  • Ronnback, K. & Broberg, O. (2019) Capital and Colonialism. The Return on British Investments in Africa 1869?1969 (Palgrave Studies in Economic History)
  • Schill, Pierre : Reveiller l'archive d'une guerre coloniale. Photographies et ecrits de Gaston Cherau, correspondant de guerre lors du conflit italo-turc pour la Libye (1911?1912) , Creaphis, 480 p., 2018 ( ISBN 978-2-35428-141-0 ). Awaken the archive of a colonial war. Photographs and writings of a French war correspondent during the Italo-Turkish war in Libya (1911?1912) . With contributions from art historian Caroline Recher, critic Smaranda Olcese, writer Mathieu Larnaudie and historian Quentin Deluermoz.
  • Stuchtey, Benedikt: Colonialism and Imperialism, 1450?1950 , European History Online , Mainz: Institute of European History , 2011, consultado: 13 de xullo de 2011.
  • Townsend, Mary Evelyn. European colonial expansion since 1871 (1941).
  • U.S. Tariff Commission. Colonial tariff policies (1922), worldwide; 922pp survey online
  • Velychenko, Stephen (2002). "The Issue of Russian Colonialism in Ukrainian Thought. Dependency Identity and Development". Ab Imperio 2002 (1): 323?367. doi : 10.1353/imp.2002.0070 .   Ab Imperio E
  • Wendt, Reinhard: European Overseas Rule , European History Online , Mainz: Institute of European History , 2011, consultado: 13 de xuno de 2012.

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]