한국   대만   중국   일본 
Cleopatra VII - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Cleopatra VII

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCleopatra VII

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (grc) Κλεοπ?τρα Φιλοπ?τωρ Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento c.   13 de xaneiro de 69 a. C. Editar o valor em Wikidata
Alexandria (Periodo helenistico de Exipto) Editar o valor em Wikidata
Morte 10 de agosto de 30 a. C. ↔ 12 de agosto de 30 a. C. Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Alexandria (Periodo helenistico de Exipto) Editar o valor em Wikidata
Causa da morte suicidio , envelenamento Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Alexandria Editar o valor em Wikidata
Faraon
29 de agosto de 51 a. C. ? 12 de agosto de 30 a. C.
←  Ptolemeu XII Neos Dionisos (pt) Traducir ? Ptolemeu XV (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Periodo helenistico de Exipto Editar o valor em Wikidata
Grupo etnico Gregos do Egito (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion raina , monarca Editar o valor em Wikidata
Periodo de tempo Greco-Roman Egypt (en) Traducir, Periodo helenistico , Dinastia Tolemaica e History of Ptolemaic Egypt (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Koine , Lingua exipcia , Lingua aramea , meroitico (pt) Traducir, lingua latina , Lingua siriaca , Arabe antigo (pt) Traducir, Lingua meda (pt) Traducir e Lingua parta Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Conflito Batalha de Accio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
banquet of Antony and Cleopatra (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
Titulo Faraon Editar o valor em Wikidata
Familia Dinastia Tolemaica Editar o valor em Wikidata
Conxuxe Ptolemeu XIII (51 a. C.?47 a. C.) , morte do conxuxe
Ptolemeu XIV (47 a. C.?44 a. C.) , valor desconecido
Marco Antonio (32 a. C.?30 a. C.) , morte do conxuxe
Parella Cneo Pompeio o Mozo (49 a. C.?48 a. C.)
Xulio Cesar (48 a. C.?44 a. C.) Editar o valor em Wikidata
Fillos Ptolemeu XV (pt) Traducir
  ( ) Xulio Cesar
Alexandre Helio (pt) Traducir
  ( ) Marco Antonio
Cleopatra Selene II (pt) Traducir
  ( ) Marco Antonio
Ptolemeu Filadelfo (pt) Traducir
  ( ) Marco Antonio Editar o valor em Wikidata
Pais Ptolemeu XII Neos Dionisos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e valor desconecido e Cleopatra V (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Cleopatra Trifena (pt) Traducir, Berenice IV (pt) Traducir, Arsinoe IV (pt) Traducir, Ptolemeu XIII (pt) Traducir e Ptolemeu XIV (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

BNE: XX889851 Find a Grave: 8384583 Editar o valor em Wikidata

Cleopatra Filopator Nea Thea, Cleopatra VII , nada contra o ano 69 a.C. e finada o 12 de agosto do 30 a.C. , foi a ultima raina de Exipto , da dinastia helenica dos Tolomeo, aquela que creou Tolomeo I Soter , xeneral de Alexandre Magno .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Era filla de Cleopatra V Trifea I e de Tolomeo XII Auletes, a quen herdou no trono a idade de 17 anos, xunto co seu irman Tolomeo XIII (que contaba tan so con 12 anos), que seria o seu esposo, segundo requirimento das leis de reinado e sucesion do momento. Cleopatra e un nome grego que significa ≪o orgullo do seu pai≫.

Comezos do reinado [ editar | editar a fonte ]

Cleopatra tina varios irmans: Berenice IV e Cleopatra VI como irmas mais vellas (ambas reinaron en vida do seu pai, ao cal expulsaran do reino), unha irma mais nova chamada Arsinoe IV e dous irmans mais novos chamados Tolomeo XIII e Tolomeo XIV. A educacion de todos eles foi puramente grega, segundo costume tolemaico. Cleopatra foi o primeiro membro desta dinastia que aprendeu a falar o idioma exipcio ; mais non so conecia este idioma senon tamen o grego , o hebreo , o siriaco e o arameo e talvez tamen o latin . Aprendeu asi mesmo literatura , musica , ciencias politicas, matematicas , astronomia e medicina . Ademais tina fama de ser unha muller moi bela e de modos doces e educados.

Nos tres anos do seu reinado, o seu irman Tolomeo, aconsellado polos seus asesores Pothinus e Achelas, expulsou a sua irma do trono e obrigouna a marchar para o exilio en Siria . Desde esta rexion Cleopatra pretendeu recuperar o trono, reunindo un bo exercito para este fin, mais realmente non conseguiu nada ate a chegada a Alexandria de Xulio Cesar no ano 48 a.C. . Un ano despois, no 47, Tolomeo XIII morreu en combate e Xulio Cesar proclamou a Cleopatra raina absoluta de Exipto e ademais obrigouna a casar de novo co seu outro irman mais novo, que tina 12 anos e que seria Tolomeo XIV.

Como consecuencia da loita no mar entre a armada romana e a grega declarouse un grande incendio que chegou a cidade de Alexandria e o resultado final foi a perda de moitos e importantes edificios, entre outros o famoso Museo coa sua biblioteca .

Xulio Cesar e Marco Antonio [ editar | editar a fonte ]

Xa vimos como a familia real de Cleopatra desencadeara unha guerra civil entre os seus membros. Xulio Cesar chegou a Exipto como xeneral romano para resolver esa cuestion e foi enton cando se deu a batalla no mar e o incendio de Alexandria. Despois de asegurar a Cleopatra no trono exipcio e casala co que foi Tolomeo XIV (o seu irman mais novo), Xulio Cesar regresou para Roma. Mais Cleopatra decidiu seguilo, para o cal se preocupou de deixar no reino un goberno seguro. En Roma viviu como concubina de Cesar e ali naceu o seu fillo (que se supon o era tamen de Xulio Cesar) ao que chamaron Cesarion . No ano 44 a.C. sucedeu o asasinato de Cesar, proxectado e executado por un grupo de familias senatoriais republicanas que vian nel a ambicion dun futuro rei, cousa que odiaban. Despois da sua morte, Cleopatra regresou co seu fillo a Exipto; dise que mandou envelenar o seu irman, o rei Tolomeo XIV, e que converteu a Cesarion en co-rexente.

Marco Antonio era un xeneral e politico romano, amigo de Xulio Cesar, que fora comandante xefe no seu exercito. Apos o asasinato deste, perseguiu os culpabeis, Marco Bruto e Caio Casio e ademais soubo enfrontar o pobo romano contra eles e soubo ganar o apoio e a inclinacion das xentes a favor del. Ao xurdir outros dous rivais, formaron un triunvirato. Desencadeouse desta maneira unha guerra civil entre os partidarios do triunvirato e os seguidores republicanos. Marco Antonio chamou na sua axuda a raina Cleopatra, para que acudira coas suas naves a Tarso na actual Turquia , mais a raina negouse a que Exipto entrase nunha guerra civil dos romanos. Marco Antonio decidiu enton viaxar a Exipto para falar directamente coa soberana e pedirlle explicacions. O resultado desta viaxe foi que ambos os personaxes se namoraron e que Marco Antonio decidiu quedar en Exipto ao lado de Cleopatra. Mais os asuntos de Roma reclamabano e no ano 40 a.C. tivo que regresar a capital do imperio. Ali cumpriu coa promesa de casar con Octavia, irma de Caio Cesar Octavio Augusto , o futuro primeiro emperador de Roma e sobrino neto de Xulio Cesar. Octavio (que asi se chamaba naquel tempo) era grande amigo de Marco Antonio, ainda que co tempo e os acontecementos, esta amizade viuse truncada.

Tras a marcha de Marco Antonio para Roma, Cleopatra deu a luz dous nenos xemelgos . No ano 36 a.C. , Marco Antonio viaxou cunha expedicion para Oriente para loitar contra os partos . Cleopatra reuniuse ali con el e ali tiveron o seu terceiro fillo. A campana tivo tal exito que decidiron celebralo en Alexandria onde quedaron a vivir, ate que no ano 32 a.C. , Octavio declarou a guerra a ambos, sublevou o pobo romano contra a ma conduta de Marco Antonio e este divorciouse oficialmente de Octavia. Deuse enton a batalla de Accio , no 31, que foi un desastre para Marco Antonio e a frota de Cleopatra. Despois desta derrota e enganado por un falso informe sobre a morte de Cleopatra, Marco Antonio suicidouse , deixandose caer sobre a sua propia espada.

Morte de Cleopatra [ editar | editar a fonte ]

Octavio (o futuro emperador Augusto) acusara no ano 32 publicamente a Cleopatra de varios cargos moi graves: maxia, incesto, luxuria, adoracion de idolos animais… ponendo desta maneira na sua contra tanto o senado romano como toda a poboacion. Diciase que a mala conduta de Marco Antonio se debia aos embruxos desta raina.

Os planos de Octavio eran tomar a raina como prisioneira e levala a Roma para asi demostrar a sua superioridade e a sua vitoria, mais non foi posibel, xa que vendo o seu futuro como escrava talvez no seu propio pais onde fora soberana, Cleopatra elixiu morrer e tomou a decision de suicidarse. Pediu as suas criadas Iras e Charmion que lle trouxesen unha cesta con froitas e que metesen dentro unha naia exipcia, a famosa aspide , responsabel da sua morte. Antes de morrer escribiu unha misiva a Octavio en que lle comunicaba o seu desexo de ser enterrada xunto a Marco Antonio.

Os fillos de Cleopatra [ editar | editar a fonte ]

Despois da batalla de Accio e temendo o peor, Cleopatra quixo mandar o seu fillo Cesarion lonxe de Exipto cara ao sur, mais foi traizoado polo seu profesor particular, Rhodon, e foi asasinado por orde de Octavio.

Despois da morte de Cleopatra, os seus outros fillos foron levados para Roma e criados pola esposa de Octavio. Cleopatra Selene casou co rei Xuba II de Mauritania e tiveron un fillo, ao que chamaron Tolomeo e que herdou o reino do seu pai no ano 23 a.C. , ate que o emperador Caligula o mandou matar corenta anos despois. De Alexandre Helios e Tolomeo Filadelfo non se sabe ben o seu paradoiro, ainda que se cre que se foron vivir a Mauritania xunto coa sua irma.

O tema de Cleopatra [ editar | editar a fonte ]

A sua vida e a sua morte, asi como os seus amores cos dous personaxes romanos, Xulio Cesar e Marco Antonio, serviron de inspiracion a traves dos tempos a literatos e cineastas. As obras mais famosas son Cleopatra e Marco Antonio (1606), de William Shakespeare , Todo por amor (1678), do autor teatral ingles John Dryden e Cesar e Cleopatra (1901) de George Bernard Shaw . O cine deu a famosa pelicula Cleopatra , protagonizada pola actriz Elizabeth Taylor .

En total, entre os anos 1540 e 1905, escribironse: 200 obras de teatro, 5 operas, 5 ballets, incluso un dos comics do popular Asterix o galo estaba dedicado a ela e a sua historia Asterix e Cleopatra . Realizaronse pinturas e esculturas (Tepolo, Regnault etc.). Os cineastas Melies Mankiewicz e Cecil B. De Mille dedicaronlle boas producions. No 2001 o Museo Britanico dedicoulle unha exposicion e con ese marco houbo un interesante debate sobre a sua beleza. E ademais de todo isto, existe unha marca de cigarros que leva o seu nome.

Na Universidade de Beiging produciuse o sorprendente descubrimento dunha lousa coa figura de Cleopatra en relevo vestida de home. E a terceira imaxe da raina exipcia que aparece baixo esta roupaxe, o que fai pensar aos investigadores na sua razon de ser. Alguns afirman que as rainas exipcias vestian de home para aumentar o efecto do seu poder a traves da masculinidade. Segundo outros, Cleopatra aparece vestida de home pola simple preguiza dos artistas que realizaron os gravados.

No ano 2007 fixose publica a descuberta da posible tumba de Cleopatra e Marco Antonio en Tabusiris Magna , un templo afundido baixo o mar a 30 quilometros de Alexandria .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]