한국   대만   중국   일본 
Clase traballadora - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Clase traballadora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Clase obreira ≫)
Clase obreira , termo de grande importancia en socioloxia e politica .

A clase traballadora , clase obreira ou proletariado designa o conxunto de traballadores que, dende a Revolucion Industrial , achegan basicamente o factor traballo na producion e a cambio reciben un salario ou contraprestacion economica, sen ser propietarios individuais dos medios de producion . [ 1 ] [ 2 ] O termo contraponse asi a clase capitalista ou sector social que acapara o capital, asi como o  artesanato , sector onde polo xeral os traballadores son propietarios dos utiles de producion. [ 3 ]

Orixe do termo e usos [ editar | editar a fonte ]

Cocina da clase obreira en Bos Aires, nos anos 1940.

O termo clase traballadora  comezou a utilizarse en galego durante a segunda metade do seculo XIX como traducion da expresion inglesa " working class " ('clase traballadora'), termo que adquiriu importancia nos primeiros escritos socio-economicos de Karl Marx e Friedrich Engels . [ 4 ] Sociologos posteriores como Max Weber [ 5 ] redefiniron o termo usandoo con sentidos lixeiramente diferentes, e que permaneceu en uso ate os nosos dias, ainda que evolucionando nos seus matices e xeneralidade do uso.

Nun sentido socioloxico mais restrinxido, tamen se entende por clase traballadora , o grupo de traballadores industriais asalariados. Con este enfoque, diferenciase doutros grupos de traballadores como os campesinos, os escravos , os traballadores autonomos ou os empregados de servizos. Este significado do termo e equivalente o termo ingles de blue colar workers (traballadores de pescozo azul).

En galego, o termo deixou de ser puramente descritivo e e empregado con finalidades politicas. O seu uso e frecuente dentro do marxismo , o anarquismo , o socialismo , o comunismo e o sindicalismo .

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]