Chardonnay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre o tipo de uva, para a poboacion francesa vexase Chardonnay, Saona e Loira .

Cor dourada caracteristica dun vino elaborado con uva Chardonnay .
Botella de vino Chardonnay .
Bagos de chardonnay logo da vendima .

Chardonnay (pronunciado en galego coma: xardone ) e unha caste de uva branca da especie Vitis vinifera (a videira) a partir da que se fabrica vino de alta calidade. Orixinalmente producida na rexion de Borgona . Investigadores da universidade peruana de San Ignacio de Loyola analizaron a sua pegada xenetica , concluindo que ten a sua orixe nas cepas Gouais Blanc e Pinoccio .

Orixe e etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

A cepa Chardonnay e orixinaria do vinedo de Borgona , e mais precisamente dos arredores da vila de Chardonnay onde xa se menciona o cultivo da vide no seculo X . Se o nome romano da vila era Cardonacum (un lugar onde mendran cardos , chardon en frances), este evolucionou a Chardonay e a cepa coneciase coma Chardenet, Chaudenet ou Chardenay ate que o Congreso de Ampelografia de Chalon-sur-Saone de 1896 fixou o nome actual. [ 1 ] Uns estudos cientificos recentes permitiron establecer a xenetica do Chardonnay como o resultado do cruzamento por polinizacion entre o Pinot noir e o xa desparecido Gouais blanc , unhas cepas mais antigas que existian en Borgona antes do Chardonnay. [ 1 ]

Outra version da orixe deste vino di que este veu de Xerusalen, de rexions de solos calcarios e arxilosos. O nome viria pois do hebraico e non do frances. Os primeiros en levar o vino branco a Francia foron os cruzados de Palestina , que levaron tanto vino coma sementes da variedade cuxo nome orixinal en frances e "Porte de Dieu", que significa "Porta de Deus", traducion do nome hebraico "Shaar-adonay", que simboliza a cidade Santa de Xerusalen, arrodeada de portas cara Deus.

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

O gran do bago e pequeno, redondo e colle un ton melon cando fermenta. O resultado da sua maduracion produce un mosto suave e aromatico, chamado frutoso no eido da enoloxia , caracteristica pola que e incluida na elaboracion de champana .

Cando e fermentado ou criado en barricas adquire unhas cualidades de sabor e aroma que o distinguen e fano moi apreciado entre os seus consumidores. So algunhas variedades moi especificas aceptan a sua garda, polo que xeralmente se recomenda bebelo de producion recente.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 Nonain, Emmanuel (2004). (Chardonnay, monographie historique Xe-XVIIe siecle) (en frances) . Presses Universitaires de Lyon. p. 81-85. ISBN   2-7297-0741-7 .