한국   대만   중국   일본 
Certificacion de vendas discograficas - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Certificacion de vendas discograficas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A certificacion de vendas discograficas e un sistema de reconecemento aos artistas cuxas producions discograficas alcanzan as mais altas cifras de vendas. [ n. 1 ] Nos paises do noso controno, os reconecementos mais comuns son o Disco de Ouro e o Disco de Platino , pero tamen se entregan o Disco de Prata , o Disco de Diamante e o Disco de Uranio (este ultimo so se entregou en contadas ocasions). Nos paises de influencia inglesa e moi conecido o "Golden Record".

O numero de vendas requirido para alcanzar estes premios varia de acordo coa poboacion do pais no que se lance a producion discografica e co volume habitual de vendas. Pode tamen variar o baremo nun mesmo pais por evolucion das vendas (aumento ou baixa). Xa que logo, por exemplo, en Alemana a cifra para conseguir o platino en sinxelos e albums variou desde os anos 80 ata a actualidade, pasando primeiro de 800.000 copias a 500.000, logo a 300.000 e actualmente as 200.000, debido a caida das vendas e a dificultade consecuente de premiar discos. Pola sua banda, o Reino Unido mantivo constantes as suas 300.000 copias necesarias para conseguir o Disco de Platino no pais, debido a que ali as vendas de discos non sufriron cambios tan significativos. En Espana , as cantidades necesarias para o Disco de Ouro e de Disco de Platino eran orixinalmente de 50.000 e 100.000 copias, respectivamente; o 1 de novembro de 2005 rebaixaronse a 40.000 e 80.000, e a mediados de setembro de 2009 volveronse a rebaixar a 30.000 e 60.000, respectivamente. [ 1 ] [ 2 ] Actualmente estan en 20.000 e 40.000. [ 3 ]

Normalmente entreganse estes reconecementos de acordo coas copias distribuidas e non segundo as vendidas, xa que non en todos os paises se contabilizan ao 100 % as copias vendidas, senon unha porcentaxe que rolda o 80 %, e o resto estimase. Pero as copias fabricadas si que estan contabilizadas ao 100 %.

As copias requiridas para lograr un reconecemento tamen varian segundo o formato da producion discografica: album , sinxelo, DVD ou descarga. Nalguns paises tamen se distingue entre artistas nacionais ou estranxeiros, ou segundo o idioma. Asi, nos Estados Unidos o platino para albums esta establecido en 1.000.000 de exemplares, entanto que se o disco conten polo menos un 51 % de temas en castelan (denominado latino) opta tamen aos premios de ouro e platino, que se entregan ao superar as 200.000 copias vendidas.

A inicios do seculo XXI, as certificacions concedense xeralmente de xeito acumulativo e e posible que un so album sexa premiado con prata, ouro e platino consecutivamente. Un album que obten duas veces disco de platino e conecido habitualmente como un “dobre platino”.

Historia [ editar | editar a fonte ]

O premio "Disco de Ouro" orixinal (en realidade "Gold Record"), era entregado aos artistas polas suas propias companias discograficas , para celebraren o logro de 1.000.000 de discos de vinilo vendidos nos Estados Unidos de America. O primeiro destes premios foi entregado pola RCA ao musico Glenn Miller , en febreiro de 1942, celebrando as 1.200.000 unidades vendidas do seu sinxelo "Chattanooga Choo Choo". Outro exemplo das primeiras entregas deste premio por parte dunha compania discografica e o concedido a Elvis Presley en 1956, por 1.000.000 de vendas do seu single "Hound Dog".

Estes exemplos provocaron controversia con respecto as posteriores entregas do mesmo reconecemento, por vendas moito menores (500.000 en 2007), o cal non faria xustiza con estes artistas.

Certificacion da RIAA [ editar | editar a fonte ]

Aplicaronse diversos criterios para determinar se unha producion discografica logra ou non algun reconecemento especial polas suas vendas. Alguns destes criterios basearonse nas unidades vendidas e outros no valor das vendas. Con todo, o primeiro criterio oficialmente reconecido pola Recording Industry Association of America (Asociacion Industrial Discografica dos Estados Unidos), para obter “Gold Record” no seu pais foi para a venda de sinxelos en 1958; ao mesmo tempo, a RIAA inscribiu "Gold Record" como unha marca rexistrada nos Estados Unidos. O 14 de marzo de 1958, Perry Como obtivo, co sinxelo "Catch a Falling Star", o seu primeiro "Gold Record". Mais adiante, ese mesmo ano, Elvis Presley , co seu exito "Hard Headed Woman", converteuse no primeiro interprete de Rock and roll en obter esta certificacion.

Do mesmo xeito que outros premios na industria discografica estadounidense, a medicion das vendas dunha producion non se fai sobre as vendas reais ao consumidor, senon sobre os despachos que os produtores fan aos distribuidores comerciantes, ou sobre as transaccions financeiras respectivas. Isto quere dicir que a obtencion tempera dalgun reconecemento para un novo lanzamento discografico posiblemente reflicta mais as expectativas dos distribuidores para o album e o seu potencial de mercadeo que as suas vendas reais ao consumidor final.

Certificacion da IFPI [ editar | editar a fonte ]

A Federacion Internacional de Produtores Fonograficos e Videograficos (IFPI, polas siglas en ingles de "International Federation of Phonogram and Videogram Producers") concede, desde 1996, o IFPI Platinum Europe Award [ 4 ] aos albums cuxas vendas superen o millon de unidades (1.000.000) en Europa. A continuacion, seguese concedendo a mesma certificacion cada vez que o mesmo produto supera outro millon adicional de vendas, o que moitas veces se denomina como Multi-platinum Europe Awards. Non se restrinxe a orixe xeografica do artista reconecido, nin o tempo que lle leve alcanzar o limiar de vendas requirido.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Vexase o papel do produtor discografico neste proceso de producion.

Referencias [ editar | editar a fonte ]

  1. "Noticias los40.com." . Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2012 . Consultado o 29 de marzo de 2016 .  
  2. 20minutos.es .
  3. ≪¿Quien vende todavia discos en Espana?
  4. IFPI Platinum Europe Award (en ingles)

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]