한국   대만   중국   일본 
Ceo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ceo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O ceo visto de dia

O ceo e a parte do espazo que aparece sobre a terra como unha boveda que limita co horizonte . O cenit e o punto do ceo que se corresponde coa vertical do lugar, e o seu oposto denominase nadir .

En astronomia , ceo e sinonimo de esfera celeste : unha boveda imaxinaria sobre a cal se distribuen o Sol , as estrelas , os planetas e a lua . A esfera celestial dividese en rexions denominadas constelacions .

En meteoroloxia o termo ceo fai referencia a zona gasosa mais densa da atmosfera dun planeta .

Tamen aparecen fenomenos naturais como son as nubes , os arco da vella , aurora boreal e relampos (que se poden ver durante tormentas electricas). Como resultado das actividades humanas , a neboa vese a miudo sobre cidades durante as primeiras horas do dia .

Vision e cores do ceo [ editar | editar a fonte ]

A cor do ceo e fundamentalmente o resultado da radiacion difusa , unha interaccion da luz solar coa atmosfera . Nun dia claro, o ceo do noso planeta vese azul celeste , e podese divisar o sol e as nubes que poden chegar a tapar a estrela . Durante o amencer e ao solpor , o horizonte varia entre a cor laranxa e a vermello . A chegada da noite o ceo e dun azul moi escuro, case negro , e podense ver as estrelas, a Lua e pode que ata algun planeta vecino.

A cor azul do ceo [ editar | editar a fonte ]

Ao ollarmos cara ao ceo, no canto de ver o negro do espazo , vemolo normalmente, de dia, dunha cor azul . Isto e debido a dispersion de Rayleigh no ar . Sendo a dispersion de Rayleigh inversamente proporcional a cuarta potencia da lonxitude de onda , isto significa que potencia a dispersion da luz de lonxitude de onda mais curta, que corresponde no espectro visible co azul. Do mesmo xeito pero con efecto contrario, ao ollarmos cara ao Sol ao solpor, a luz que nos chega leva percorrido unha porcion de atmosfera moito maior, co cal a parte do espectro visible de lonxitude mais curta xa se dispersou quedando os laranxa e vermellos , para ficar case ao fin do solpor soamente os tons vermellos.

Ceos escuros [ editar | editar a fonte ]

Ceos escuros e o nome habitual dado a campana para reducir e finalmente eliminar tanta contaminacion luminica do planeta como sexa posible. A campana esta liderada pola International Dark Sky Association (IDA) e apoiada por organizacions de moitos paises.

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

Ceo ao solpor

A palabra ceo procede do latin cælum que implica unha forma circular e conten unha connotacion de pureza e de perfeccion harmoniosa .

Concepcions relixiosas do ceo [ editar | editar a fonte ]

Pola sua grandiosidade, o ceo esta presente en multiples relixions e mitoloxias .

Ceo biblico [ editar | editar a fonte ]

Hai varios ceos espacificos mencionados na Biblia : o ceo onde se atopa o trono de Deus ao cal Xesus ascenderia, visto por Santo Estevo . Ese seria o ceo onde os anxos e Satanas estan. Na Biblia falase incluso dos "ceos dos ceos" na Epistola aos romanos ) e que habera "novos ceos".

Ceo na mitoloxia romana e grega [ editar | editar a fonte ]

Ceo ( Caelus ) era un deus romano equivalente na mitoloxia grega a Urano . Fillo e marido de Tellus, a Terra nai, equivalente na mitoloxia grega a deusa Gaia . Pai de Saturno (grego Crono ) e doutros titans : Oceano , Crios , Hiperion , Xapeto , Tea , Rea , Temis , Mnemosine , Febe , Tetis ; dos Hecatonquiros : Coto , Briareu e Xixes ; dos Ciclopes : Brontes , Esteropes e Arxes ; das Erinias ; dos Xigantes ; das Ninfas Melianas e de Venus (grego Afrodita ).

A funcion de Urano na mitoloxia grega e a de derrotado deus dun tempo pasado, antes de que o tempo real comezase. Tras a sua castracion, o Ceo non volveu a acudir a cubrir a terra pola noite, senon que ocupou o seu lugar.