한국   대만   중국   일본 
Cebada - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Cebada

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cebada, Orxo

Debuxo da cebada
Clasificacion cientifica
Reino : Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Monocots
(sen clasif.): Commelinids
Orde : Poales
Familia : Poaceae
Subfamilia: Pooideae
Tribo : Triticeae
Xenero : Hordeum
Especie : H. vulgare [ 1 ]
Nome binomial
' Hordeum vulgare'
L.
Hordeum vulgare

A cebada [ 2 ] ou orxo [ 3 ] ( Hordeum vulgare ) e unha graminea cerealifera de grande importancia tanto para humanos como para animais, e representa a quinta maior colleita do mundo. Pertence a familia das gramineas e a area cultivada no mundo chega a 530.000 km². O seu periodo de xerminacion e de 1 a 3 dias. As suas flores disponense en espigas , na extremidade do colmo , e os froitos , amarelados e ovoides , fornecen unha farina alimenticia. A xerminacion dos grans (malte) da especie ( Hordeum distichum ) utilizase na fabricacion da cervexa , e os grans torrados e moidos son usados na fabricacion dunha bebida sen cafeina de aspecto semellante ao cafe.

En 2017, a cebada foi o cuarte cereal por cantidade producida (149 millons de tonelada), tralo millo , o arroz e o trigo . [ 4 ]

Descricion [ editar | editar a fonte ]

A cebada e un cereal de invierno, que se recolle en veran (xuno ou xullo no hemisferio norte) e xeralmente a sua distribucion e semellante a do trigo . A cebada crece ben en solos drenados, que non precisan seren tan fertiles como os dedicados ao trigo.

A raiz da planta e fasciculada e nela podense identificar raices primarias e secundarias. As raices primarias formanse polo crecemento da radicula e desparecen na planta adulta, momento no que se desenvolven as raices secundarias dende a base do talo , con diversas ramificacions. O talo da cebada e unha cana oca que presenta de sete a oito entrenos, separados por diafragmas nodosos. Os entrenos son mais longos segundo o talo medra dende a rexion basal. O numero de talos en cada planta e variable, e cada un deles presenta unha espiga.

As follas estan conformadas pola vaina basal e a lamina , que estan unidas pola ligula e presentan duas prolongacions membranosas denominadas auriculas . As follas atopanse inseridas nos nos do talo por un colar ou pulvinus , que e un avultamento na base da folla.

A sua espiga e a inflorescencia da planta, que se considera unha prolongacion do talo, e que e semellante a das demais gramineas .

O gran ten forma de fuso, mais groso no centro e diminuindo cara aos apices . A casca (nos tipos vestidos) protexe o gran contra os depredadores e e de utilidade nos procesos de malteado e cervexeria; representa un 13 % do peso do gran, oscilando segundo o tipo ou a variedade.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Analise xenetica da expansion da cebada entre o 9000 e o 2000 a.C. [ 5 ]

A cebada cultivada ( Hordeum vulgare ) desciende da cebada silvestre ( Hordeum spontaneum ), que crece en Oriente Medio . Ambas as especies son diploides (2n=14 cromosomas).

A cebada foi un dos primeiros cereais domesticados no Crecente Fertil , unha area con auga relativamente abundante en Asia occidental e preto do rio Nilo do nordeste de Africa. [ 6 ] O gran apareceu ao mesmo tempo que o trigo einkorn e o trigo picado . [ 7 ] A cebada salvaxe ( H. vulgare ssp. Spontaneum ) vai desde o norte de Africa e Creta no oeste ata o Tibet no leste. [ 8 ] Segundo alguns estudosos, as primeiras evidencias de cebada salvaxe nun contexto arqueoloxico proceden do epipaleolitico de Ohalo II no extremo sur do mar de Galilea . Os restos dataronse ao redor do 8500 a.C. [ 8 ] Outros eruditos escribiron que as primeiras probas proceden de Mesopotamia , concretamente da rexion de Jarmo do actual Iraq. No libro do Exodo citase en relacion coas pragas de Exipto .

As evidencias arqueobotanicas mostran que a cebada se estendera por Eurasia no 2000 a.C. [ 5 ] Para dilucidar ainda mais as rutas polas que se estendeu o cultivo de cebada a traves de Eurasia, utilizouse a analise xenetica para determinar a diversidade xenetica e a estrutura da poboacion nos taxons de cebada existentes. [ 5 ] A analise xenetica mostra que a cebada cultivada se estendeu por Eurasia a traves de varias rutas diferentes, moi probablemente separadas tanto no tempo como no espazo. [ 5 ]

Os gregos e os romanos empregaban a cebada para elaborar pan, e era a base de alimentacion para os gladiadores romanos. En Suiza atoparonse restos calcinados de tortas elaboradas con grans de cebada toscamente moidos que datan da Idade da Pedra .

A cebada creceun na peninsula de Corea desde o principio do periodo da ceramica Mumun (1500-850 a.C.) xunto con outros cultivos como o millo miudo, o trigo e as legumes. [ 9 ] Mencionase moitas veces no Rigveda e noutros textos indios como un dos grans principais da antiga India . [ 10 ] Trazos do cultivo da cebada tamen se atoparon na civilizacion harappan hai 5700-3000 anos. [ 11 ]

Durante moitos seculos a distincion de clases tamen afectou ao tipo de cereal que estaba permitido consumir: en Inglaterra ata o seculo XVI os pobres so tinan permitido consumir pan de cebada mentres que o pan de trigo estaba destinado a clase alta.

Usos [ editar | editar a fonte ]

Nalguns paises de oriente proximo , do norte de Europa (como Finlandia ) e de Suramerica (como Colombia , o Peru e Ecuador ) ainda se emprega como alimento para consumo humano, mediante un proceso de torrado e moenda cun produto final chamado machica . Poren, e moito mais empregada no malteado e na obtencion de mostos para a elaboracion da cervexa e na fabricacion de whisky escoces e de xenebra neerlandesa. Existe pan que se elabora co cereal e ademais outra pequena proporcion destinase para a alimentacion animal, particularmente dos porcos . Elaboranse tamen bebidas non alcoholicas ou lixeiramente alcoholicas, como o kvas e a auga de cebada . Tamen se emprega a semente como medicinal. [ 12 ] [ 13 ]

A metade da producion de cebada dos Estados Unidos empregase para alimentar o gando. [ 14 ]

Os grans de orxo foron usados para medir en Inglaterra, con tres ou catro grans ( barleycorns ) en cada polgada e catro ou cinco sementes de papoula en cada barleycorn . [ 15 ] A definicion oficial de polgada era de tres grans, ainda que no seculo XIX foi substituida por medidas estandar. [ 16 ] Esta unidade ainda se conserva nos talles de calzado empregadas no Reino Unido e nos Estados Unidos. [ 17 ]

Contraindicacions [ editar | editar a fonte ]

O orxo, asi como o trigo , o malte , a avea e o centeo , posue glute na sua composicion, desta forma, non debe ser consumido por portadores da doenza celiaca , xa que a mesma trae como consecuencia ao organismo (caso consumido estes alimentos), unha atrofia nas mucosas do intestino delgado , prexudicando o organismo e a absorcion de diversos nutrientes.

Producion [ editar | editar a fonte ]

Segundo a FAO a producion mundial de cebada en 2010 alcanzou 123,5 millons de toneladas. Os 20 maiores produtores abranguen o 82% do total mundial.

Maiores paises produtores en (2010) [ 18 ]
 Posto  Pais  Cantidade 
(en t )
 Posto  Pais  Cantidade 
(en t)
   1 Alemaña Alemana     10 412 100    13 Arxentina     2 983 050
   2 Francia     10 102 000    14 Dinamarca Dinamarca     2 981 300
   3 Ucraína Ucraina     8 484 900    15 Marrocos Marrocos     2 566 450
   4 Rusia Rusia     8 350 020    16 China     2 520 000*
   5 España Espana     8 156 500    17 Belarús Belarus     1 966 460
   6 Canada     7 605 300    18 India India     1 600 000
   7 Australia Australia     7 294 000    19 República Checa Republica Checa     1 584 500
   8 Turquía Turquia     7 240 000    20 Alxeria     1 500 000*
   9 Reino Unido Reino Unido     5 252 000    …;        
   10 Estados Unidos de América Estados Unidos     3 924 870
   11 Polonia Polonia     3 533 000
   12 Iran     3 209 590     Mundo     123 479 202

(* Estimacion da FAO)

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Sistema Integrado de Informacion Taxonomica . "' Hordeum vulgare' (TSN 40874)" (en ingles ) .  
  2. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cebada .
  3. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para orxo .
  4. "Crops/Regions/World List/Production Quantity for Barley, 2017 (pick list)" . UN Food and Agriculture Organization Corporate Statistical Database (FAOSTAT). 2018 . Consultado o 8 de setembro de 2018 .  
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Jones, Martin K.; Kovaleva, Olga (18 de xullo de 2018). "Barley heads east: Genetic analyses reveal routes of spread through diverse Eurasian landscapes" . PLOS ONE (en ingles ) 13 (7): e0196652. Bibcode : 2018PLoSO..1396652L . ISSN   1932-6203 . PMC   6051582 . PMID   30020920 . doi : 10.1371/journal.pone.0196652 .  
  6. Badr A, Muller K, Schafer-Pregl R, El Rabey H, Effgen S, Ibrahim HH, Pozzi C, Rohde W, Salamini F (abril de 2000). "On the origin and domestication history of Barley (Hordeum vulgare)" . Molecular Biology and Evolution 17 (4): 499?510. PMID   10742042 . doi : 10.1093/oxfordjournals.molbev.a026330 .  
  7. -Saltini Antonio, I semi della civilta. Grano, riso e mais nella storia delle societa umane, , prefazione di Luigi Bernabo Brea Avenue Media, Bologna 1996
  8. 8,0 8,1 Zohary, Daniel; Hopf, Maria (2000). Domestication of Plants in the Old World: The Origin and Spread of Cultivated Plants in West Asia, Europe, and the Nile Valley (3rd ed.). Oxford University Press. pp. 59?69. ISBN   978-0-19-850357-6 .  
  9. Crawford, Gary W.; Gyoung-Ah Lee (2003). "Agricultural Origins in the Korean Peninsula" . Antiquity 77 (295): 87?95. doi : 10.1017/s0003598x00061378 .  
  10. Witzel, Michael E.J. "The Linguistic History of Some Indian Domestic Plants" (PDF) . dash.harvard.edu . Harvard University . Consultado o 25 de agosto de 2016 .  
  11. "Indus Valley civilization" . iitkgp.org . IIT Kharagpur. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2016 . Consultado o 25 de agosto de 2016 .  
  12. PASSE, 2008. pax. 123 a 127
  13. CACERES, 1996. pax. 127 e 128.
  14. "Barley" . Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2008 . Consultado o 2008-02-02 .  
  15. "Oxford English Dictionary" . Oxford University Press. 2009. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuno de 2006 . Consultado o 29 de maio de 2021 .  
  16. Long, George (1842). "The Penny Cyclopædia of the Society for the Diffusion of Useful Knowledge" . C. Knight: 436 .  
  17. Cairns, Warwick (2007). About the Size of It . Macmillan. ISBN   978-0-230-01628-6 .  
  18. FAO, Faostat Statistik der FAO 2010, aufgerufen am 21  Marz 2012 [ Ligazon morta ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Cendrero, Orestes [1938] Nociones de historia natural . 7.ª Edicion, Paris.
  • Forero, Daniel Gonzalo [2000] Almacenamiento de Granos . UNAD, Facultad de Ciencias Agrarias, Bogota.
  • Kent, Norman Leslie [1983] Technology of cereals: An introduction for students of food science and agriculture . Pergamon Press Ltd, Oxford.
  • Ruiz Camacho, Ruben [1981] Cultivo del Trigo y la Cebada . Temas de Orientacion Agropecuaria, Bogota.

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]