Carlos Mella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Mella

Entrevista en Nos TV .
Biografia
Nacemento 13 de agosto de 1930 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
A Estrada, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Formacion profesional Dereito, Ciencias economicas
Educacion Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion escritor Editar o valor em Wikidata
Xenero artistico Ensaio narrativa
Lingua Lingua castela e lingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 164 Dialnet: 1076076

Xose Carlos Mella Villar , nado no Foxo [ 1 ] ( A Estrada ) o 13 de agosto de 1930 , e un economista, politico e escritor galego.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Estudou a carreira de dereito na Universidade Complutense de Madrid e ciencias economicas na Sorbona de Paris . Foi director xeral de politica financeira do Goberno espanol, e profesor de Economia Politica na Universidade Complutense.

Elixido deputado por UCD nas primeiras eleccions ao Parlamento de Galicia (1981), tras a desfeita de UCD nas eleccions xerais de 1982 liderou un grupo de oito deputados de UCD que pactaron con Alianza Popular entrar no goberno galego, convertendose Mella en vicepresidente para asuntos economicos o 7 de marzo de 1983 do goberno presidido por Xerardo Fernandez Albor .

A decision da Casa Real de designar a Domingo Garcia Sabell para facer a ofrenda do Apostolo do ano 1984 provocou o malestar do goberno galego ao considerar que o elixido debera ser o Presidente da Xunta . Carlos Mella, nunha rolda de prensa, manifestou que a Casa Real cometera un grave erro politico e ofendera a Galicia; duramente criticado desde os medios politicos e de comunicacion de Madrid, recibiu non obstante o apoio de Manuel Fraga e da prensa galega; o rei de xira en Suramerica decidiu volver antes de tempo e facer el mesmo a ofrenda ponendo fin a polemica.

Dimitiu por discrepancias con Xose Luis Barreiro Rivas , o vicepresidente para asuntos politicos, en abril de 1984 . Mella integrou o proxecto de partido nacionalista de centro, Coalicion Galega co que consegue acta de deputado nas eleccions de 1986, posteriormente secundou a escision que deu orixe ao Partido Nacionalista Galego , partido que abandonou xunto a Luis Cordeiro logo dunha serie de enfrontamentos que culminaron coa votacion contraria do seu partido a unha emenda sua no que se creaba o Instituto de Credito Galego. Quedou como independente na Camara o resto da lexislatura. En 1994 encabezou a candidatura do BNG ao Parlamento Europeo, sen sair elixido.

Carlos Mella foi presidente da Asociacion de Escritores en Lingua Galega , poren so ocupou o cargo durante vinte dias en xullo de 2001 . En febreiro de 2013 foi nomeado presidente da Fundacion Castelao en substitucion de Avelino Pousa Antelo .

Obras publicadas [ editar | editar a fonte ]

Ensaio [ editar | editar a fonte ]

  • Non somos inocentes , 1990 , Xerais .
  • A Galicia posible , 1992 , Xerais.
  • Coa palleta distraida , 1994 , Espiral Maior .
  • A falacia do economicismo , 1994, Espiral Maior.
  • Memorias dun ninguen , 2009 , Galaxia .
  • El pensamiento salvaje. A vueltas con el economicismo 2012 Editorial Edizer.

Narrativa [ editar | editar a fonte ]

Obras colectivas [ editar | editar a fonte ]

Reconecementos [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Jose Carlos Mella: ≪Co rei fixen unha chuleria necesaria≫" . La Voz de Galicia (en castelan ) . 2019-04-11 . Consultado o 2019-04-11 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]


Predecesor:
Carlos Otero Diaz
 
Conselleiro de Economia, Facenda e Comercio
 
1983-1984
Sucesor:
Xaime Trebolle