한국   대만   중국   일본 
Carlos IV de Espana - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Carlos IV de Espana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos IV de Espana

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (es) Carlos IV Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 11 de novembro de 1748 Editar o valor em Wikidata
Portici Editar o valor em Wikidata
Morte 20 de xaneiro de 1819 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Cripta Real do Mosteiro do Escorial Editar o valor em Wikidata
Monarca de Espana
14 de decembro de 1788 ? 19 de marzo de 1808  ( Q111719947 Traducir)
←  Carlos III de Espana ? Fernando VII  →
Xefe de Estado de Espana
14 de decembro de 1788 ? 19 de marzo de 1808  ( Q111719947 Traducir)
←  Carlos III de Espana ? Fernando VII  →
Principe de Asturias
1759 ? 1788
←  Carlos III de Espana ? Fernando VII  → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Relixion Igrexa catolica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion monarca Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Outro
Titulo Rei de Espana
Rei de Navarra
Rei de Galicia
Rei de Granada
Rei de Leon
Rei de Aragon
Rei de Castela
Rei de Xerusalen Editar o valor em Wikidata
Familia Casa de Borbon-Anjou Editar o valor em Wikidata
Conxuxe Maria Luisa de Parma (1765?)
Fillos Carlota Xoaquina de Borbon , Maria Luisa Carlota Juliana Teresa de Borbon y Borbon , Carlos Clemente Antonio de Padua de Borbon y Borbon , Carlos Domingo Eusebio Rafael de Borbon y Borbon , Felipe Francisco de Paula de Borbon y Borbon , Carlos Francisco de Paula de Borbon y Borbon , Maria Teresa Felipina de Borbon y Borbon , Maria Amalia de Espanha (pt) Traducir, Maria Isabel de Bourbon (pt) Traducir, Maria Luisa, Duquesa de Lucca (pt) Traducir, Francisco de Paula de Borbon , Fernando VII , Carlos Maria Isidro de Borbon , Felipe de Borbon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais Carlos III de Espana Editar o valor em Wikidata  e  Maria Amalia de Saxonia Editar o valor em Wikidata
Irmans Maria Ludovica de Borbon y Sajonia , Maria Josefa de Espanha (pt) Traducir, Infante Felipe, Duque de Calabria (pt) Traducir, Gabriel de Borbon , Antonio Pascual de Borbon , Fernando I das Duas Sicilias e Francisco Xavier de Espanha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Parentes Filipe V de Espana ( avo paterno ) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1725384 WikiTree: Bourbon-71 Find a Grave: 3967 Editar o valor em Wikidata

Carlos IV de Borbon , nado no Palacio Real de Portici ( Reino de Napoles ) o 11 de novembro de 1748 e finado en Roma ( Estados Pontificios ) o 20 de xaneiro de 1819 , foi rei de Espana desde o 14 de decembro de 1788 ate o 19 de marzo de 1808 cando, como consecuencia do golpe de Estado que pasou a historia como o motin de Aranjuez , abdicou en favor do seu fillo Fernando , principe de Asturias .

Era fillo e sucesor de Carlos III e da sua esposa Maria Amalia de Saxonia .

Primeiros anos [ editar | editar a fonte ]

Cando naceu, seu pai era o rei das Duas Sicilias . Foi bautizado co nome de Carlos Antonio Pascual Francisco Javier Juan Nepomuceno Jose Januario Serafin Diego .

No veran de 1765 foi chamado polo seu pai, sendo xa rei de Espana, para informalo do noivado que lle fora decidido, como Principe de Asturias , coa sua prima irma a princesa Maria Luisa de Parma .

Acceso ao trono [ editar | editar a fonte ]

Sucedeu ao seu pai, Carlos III , ao morrer este o 14 de decembro de 1788 .

Accedeu ao trono cunha ampla experiencia nos asuntos de Estado, ainda que o seu reinado foi desastroso, porque se viu superado pola repercusion dos sucesos acaecidos en Francia en 1789 e tamen pola sua falta de enerxia persoal, que fixo que deixara o goberno en mans da sua esposa Maria Luisa de Parma e do seu valido , Manuel Godoy , de quen se dicia que era amante da raina. Poren, hoxe en dia esas afirmacions foron desmentidas por varios historiadores. [ 1 ] [ 2 ]

Carlos IV, mozo.

Estes acontecementos frustraron as expectativas coas que iniciou o seu reinado. A morte de Carlos III, o empeoramento da economia e a desorde da administracion revelaban os limites do reformismo, mentres que a Revolucion francesa ponoa enriba da mesa unha alternativa ao Antigo Rexime .

Pode dicirse, por tanto, que coa morte de Carlos III rematou a historia do reformismo ilustrado en Espana, pois o estalido case inmediato da Revolucion francesa ao ano seguinte provocou unha reaccion de terror que converteu o reinado do seu fillo e sucesor, Carlos IV, nun periodo moito mais conservador.

Ao final do reinado deste ultimo, a invasion francesa arrastraria ao pais a un ciclo de revolucion e reaccion que marcaria todo o seculo XIX , sen deixar espazo para continuar un reformismo sereno como o que desenvolvera Carlos III. [ 3 ]

Reinado [ editar | editar a fonte ]

Goberno do conde de Floridablanca [ editar | editar a fonte ]

Retrato do Conde de Floridablanca por Pompeo Batoni .
Retrato do Conde de Aranda por Francisco Jover y Casanova.

As primeiras decisions de Carlos IV mostraron uns propositos reformistas. Confirmou no seu posto (por consello do seu pai) como primeiro Secretario de Estado e de Despacho a Xose Monino e Redondo, conde de Floridablanca , un ilustrado que iniciou a sua xestion con medidas como a condonacion do atraso das contribucions, a limitacion do prezo do pan, a restricion da acumulacion de bens das mans mortas , a supresion de vinculeiros e morgados e o impulso do desenvlvemento economico. O propio monarca tomou a iniciativa de derrogar a lei salica imposta polo seu antecesor Filipe V , medida ratificada polas Cortes de 1789 , pero que non se chegou a promulgar (esta falta da promulgacion foi un dos motivos alegados polos tradicionalistas que emprenderon, a morte de Fernando VII , as Guerras carlistas ).

O estalido da Revolucion francesa en 1789 cambiou radicalmente a politica espanola. Conforme ian chegando as noticias de Francia, o nerviosismo da Corona crece e acaba por pechar as Cortes que, controladas por Floridablanca, se reuniran para reconecer ao principe de Asturias.

O illamento parece ser a receita para evitar a propagacion das ideas revolucionarias a Espana. Floridablanca, ante a gravidade dos feitos deixou en suspenso os Pactos de Familia , establecieu controus na fronteira para impedir a expansion revolucionaria e efectuo unha forte presion diplomatica en apoio a Lois XVI .

Tamen puxo fin aos proxectos reformistas do reinado anterior e substituinos polo conservadorismo e a represion (fundamentalmente a cargo da Inquisicion , que detivo a Cabarrus , desterrou a Jovellanos e despoxou dos seus cargos a Campomanes ).

Goberno do conde de Aranda [ editar | editar a fonte ]

En 1792 , Floridablanca foi substituido polo conde de Aranda , amigo de Voltaire e doutros revolucionarios franceses. O Rei encomendoulle a tarefa de salvarlle-la vida ao rei Lois XVI tralo fracaso da fuga de Varennes e a aceptacion da Constitucion francesa de 1791 .

Poren, a radicalizacion revolucionaria a partir de 1792 e a saida do trono de Lois XVI coa proclamacion da Primeira Republica Francesa provocou a caida do conde de Aranda e a chegada ao poder de Manuel Godoy o 15 de novembro de 1792.

Primeiro goberno de Manuel Godoy [ editar | editar a fonte ]

Godoy en 1792 . Retratado por Francisco Bayeu . Academia de San Fernando , Madrid .
Manuel Godoy como "Principe da Paz" . Francisco de Goya , 1801 .
Real Academia de San Fernando , Madrid .

Manuel Godoy era un garda de corps que ascendeu rapidamente na Corte grazas a amizade e confianza que lle outorgaron os reis. En poucos anos pasou de ser un fidalgo a converterse en duque de Alcudia e de Sueca, capitan xeneral e, desde finais de 1792 , en ≪ministro universal≫ de Carlos IV, cun enorme poder.

De pensamento ilustrado impulsou medidas reformistas como as disposicions para favorecer a ensinanza das ciencias aplicadas , a proteccion das Sociedades Economicas de Amigos do Pais e a chamada desamortizacion de Godoy de bens pertencentes a hospitais, casas de misericordia e hospicios rexentados por comunidades relixiosas.

Pero a Revolucion francesa condicionou a sua actuacion na politica espanola. As sias primeiras medidas encaminaronse a salvar a vida de Lois XVI , procesado e condenado a morte. Pese aos esforzos de todas as Cortes europeas, o monarca frances foi guillotinado en xaneiro de 1793 , o que xeneralizou unha guerra das potencias europeas contra a Francia revolucionaria conecida como a guerra da Convencion , na que Espana participou e foi derrotada pola Francia republicana, froito do desastroso abastecemento, a pesima preparacion do exercito e a escasa moral da tropa fronte aos enardecidos sans culottes franceses.

Un exercito de 25.000 homes [ Compre referencia ] dirixido polo xeneral Ricardos entrou no Rosellon e logrou alguns exitos (como a toma de Perpinan ). Pero a partir de 1794 as tropas espanolas vironse forzadas a retirada. Os franceses, pola sua parte, ocuparon Figueres , Irun , San Sebastian , Bilbao , Vitoria e Miranda de Ebro .

Godoy subscribiu enton con Francia a Paz de Basilea , en 1795 . A Republica francesa devolveu a Espana as prazas ocupadas, a cambio do territorio espanol da illa A Espanola ?colonia de Santo Domingo ?. En agradecemento, o rei Carlos IV concedeulle a Godoy o titulo de principe da Paz .

En 1796 , concluida a fase mais radical da Revolucion, Godoy asinou o Tratado de San Ildefonso , polo que Espana se converteu en aliada de Francia. Este cambio de postura buscaba o enfrontamento con Gran Bretana , principal adversario da Francia revolucionaria e tradicional inimiga de Espana, coa que disputaba a hexemonia maritima e, concretamente, o comercio con America .

La escuadra espanola sufriu unha severa derrota fronte ao cabo de San Vicente en 1797 , pero Cadiz e Santa Cruz de Tenerife resistiron os ataques do almirante Nelson . En America, os britanicos ocuparon a illa Trinidad , e sufriron unha derrota en Porto Rico . Isto provocou a caida de Godoy, en maio de 1798 .

Gobernos de Saavedra e Urquijo [ editar | editar a fonte ]

Tras isto, dous ilustrados, Francisco de Saavedra e Mariano Luis de Urquijo , sucederonse a fronte do goberno entre 1798 e 1800 .

Segundo goberno de Manuel Godoy [ editar | editar a fonte ]

Estatua de Carlos IV en Cidade de Mexico . [ 4 ]
A Batalla de Trafalgar, por Turner .

A chegada ao poder de Napoleon en 1799 e a sua proclamacion como emperador en 1804 alterou as relacions internacionais, e Espana renovou a alianza con Francia. Napoleon necesitaba, na sua loita contra os britanicos, contar coa colaboracion de Espana, sobre todo da sua escuadra. Por iso, premeu a Carlos IV para que restablecera a sua confianza en Godoy . Este asumiu de novo o poder en 1800 asinou o Convenio de Aranjuez de 1801 polo que ponia a disposicion de Napoleon a escuadra espanola, o que implicaba de novo a guerra contra Gran Bretana .

Godoy declarou en 1801 a guerra a Portugal , principal aliado britanico no continente, antes de que o fixera Francia. Este conflito, conecido como a guerra das Laranxas , significou a ocupacion de Olivenza por Espana que, ademais obtivo o compromiso de Portugal de impedir o atraque de buques britanicos nos seus portos.

Pero en 1805 a derrota da escuadra franco-espanola na batalla de Trafalgar pola armada britanica modificou a situacion radicalmente. Fronte a hexemonia de Gran Bretana nos mares, Napoleon decretou o bloqueo continental , medida a que se sumou Espana. E en 1807 foi subscrito o Tratado de Fontainebleau que establecia a reparticion de Portugal entre Francia , Espana e o propio Godoy, ademais de conceder o dereito de paso por Espana das tropas francesas encargadas da ocupacion dese pais.

Crise final [ editar | editar a fonte ]

Con tal sucesion de guerras agravpise ate o extremo a crise da facenda , e os ministros de Carlos IV mostraronse incapaces de solucionala; entre outras cousas, porque o temor a revolucion lles impedia introducir as necesarias reformas, que lesionarian os intereses dos estamentos privilexiados, alterando a orde tradicional. [ 5 ]

A presenza de soldados franceses en territorio espanol (moitos mais dos permitidos polo tratado de Fontainebleau, e que, ademais, no canto de ir cara a Portugal ocuparan numerosas prazas) aumentou a oposicion cara a Godoy , enfrontado cos sectores mais tradicionais pola sua politica reformista e entreguista cara a Bonaparte.

A finais de 1807 produciuse a conxura de El Escorial , conspiracion encabezada por Fernando , principe de Asturias , que pretendia a substitucion de Godoy e o destronamento do rei. Pero, frustrado o intento, o propio Fernando, no chamado proceso de El Escorial , delatou aos seus colaboradores.

Fernando , principe de Asturias .

En marzo de 1808 , ante a evidencia da ocupacion francesa, Godoy aconsellou aos reis que, imitando a Familia Real portuguesa, abadoaran Espana. Pero produciuse o Motin de Aranjuez , levantamento popular (instigado, unha vez mais, polo principe Fernando e a sua camarilla ) en contra dos reis, aproveitando a sua presenza no Palacio Real de Aranjuez. Godoy foi apresado polos amotinados. Carlos IV, ante o cariz dos acontecementos, abdicou no seu fillo Fernando, que se convertia asi en Fernando VI .

Napoleon , receoso ante o cambio de monarca, e vendo o comportamento e debilidade da Famlia Real, convocou a toos os seus membros a un encontro na localidade francesa de Baiona .

Fernando VII , baixo a presion do emperador e dos seus pais, devolveu a Coroa a Carlos IV o dia 6 de maio , sen saber que a vespera Carlos IV pactara a cesion dos seus dereitos en favor de Napoleon quen, finalmente, designou como novo rei de Espana ao seu irman Xose .

Final [ editar | editar a fonte ]

Carlos permaneceu prisioneiro de Napoleon, residindo en Marsella , ate a derrota final do emperador en 1814 . Nese mesmo ano Fernando VII foi reposto no trono espanol pola Xunta Central . Pero Fenando mantivo ao seu pai desterrado por temor a que lle disputara o poder. Carlos e a sua esposa continuaron o exilio na Corte papal , residindo no palazzo Borghese. [ 5 ]

Carlos IV morreu en Roma o 20 de xaneiro de 1819 , poucos dias despois de que falecera a sua esposa Maria Luisa. Posteriormente os restos mortais da parella foron trasladados a Cripta Real do mosteiro do Escorial .

Mecenado [ editar | editar a fonte ]

Un dos violins do Quinteto palatino .

Carlos interesouse desde a sua xuventude pola arte .

Violinista afeccionado, en 1775 comprou para a Corte o quinteto de instrumentos Stradivarius conservado no Palacio Real de Madrid (os chamados Stradivarius Palatinos ) rodeandose dun grupo de notabeis musicos dirixido polo violinista e compositor Gaetano Brunetti .

Tamen se interesou pola pintura , encargando obras a Luis Melendez , Claude Joseph Vernet e Luis Paret , e nomeando a Francisco de Goya pintor de camara en 1789 .

Matrimonio e fillos [ editar | editar a fonte ]

Carlos IV contraeu matrimonio en 1765 coa sua prima Maria Luisa de Borbon-Parma (era filla de Filipe I, duque de Parma , fillo de Filipe V ).

Tiveron 14 fillos das vinte e catro veces que Maria Luisa estivo embarazada, pero so sete chegaron a idade adulta:

A Familia de Carlos IV , por Francisco de Goya
Museo do Prado ( Madrid ).
O infante Francisco de Paula , fillo mais pequeno de Carlos IV. Retrato por Vicente Lopez .

Xenealoxia [ editar | editar a fonte ]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Lois XIV de Francia
 
 
 
 
 
 
 
8. Delfin Lois de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Maria Tareixa de Austria
 
 
 
 
 
 
 
4. Filipe V de Espana
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Fernando Maria de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
9. Maria Ana de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Henriqueta Adelaida de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
2. Carlos III de Espana
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Renato II Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
10. Eduardo II Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Isabel de Este
 
 
 
 
 
 
 
5. Isabel de Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Filipe Guillerme I, elector palatino
 
 
 
 
 
 
 
11. Dorotea Sofia de Neoburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Isabel Amalia de Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
1. Carlos IV de Espana
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Xoan Xurxo III de Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
12. Augusto II de Polonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Ana Sofia de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
6. Augusto III de Polonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Cristian Ernesto, nargrave de Brandeburgo-Bayreuth
 
 
 
 
 
 
 
13. Cristiana Eberardina de Brandeburgo-Bayreuth
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Sofia Luisa de Wurttemberg
 
 
 
 
 
 
 
3. Maria Amalia de Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Leopoldo I de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
14. Xose I de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Leonor Magdalena do Palatinado-Neoburgo
 
 
 
 
 
 
 
7. Maria Xosefa de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Xoan Federico, duque de Brunswick-Luneburgo
 
 
 
 
 
 
 
15. Guillermina Amalia de Brunswick-Luneburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Benedita Henriqueta de Simmern
 
 
 
 
 
 

Filmografia [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Parra (2002).
  2. Ruspoli (2004).
  3. Biografias y Vidas. "Carlos III de Espana" . Consultado o 24 de xuno de 2004 .  
  4. Conecida popularmente como El Caballito
  5. 5,0 5,1 Biografias y Vidas. "Carlos IV de Espana" . Consultado o 24 de xuno de 2014 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Libros de historia [ editar | editar a fonte ]

  • Anes, Gonzalo (1975): El Antiguo Regimen: los Borbones . Historia de Espana Alfaguara. IV. Madrid: Alienza Editorial / Alfaguara. ISBN 978-84-206-2044-0 .
  • Artola, Miguel (1973): La burguesia revolucionaria (1808-1869) . Historia de Espana Alfaguara. V. Madrid: Alianza Editorial / Alfaguara. ISBN 978-84-2062-046-7 .
  • Lynch, John (1999): La Espana del siglo XVIII . 2ª ed. Barcelona: Critica. ISBN 978-84-74-23-961-3 .
  • Parra Lopez, E. La (2002): Manuel Godoy: la aventura del poder . Barcelona: Tusquets. ISBN 978-84-8310-405-7 . Critica en "El Cultural" do diario El Mundo (Espana), 03/10/2002.
  • Ruspoli, E. (2004): Godoy: La lealtad de un gobernante ilustrado . ISBN 978-84-8460-387-0 . Barcelona: Temas de Hoy (Grupo Planeta). Critica [ Ligazon morta ] en Forum Libertas.com

Novelas historicas [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

Predecesor:
Rei Carlos VII das Duas Sicilias (Futuro Carlos III de Espana)

Principe de Asturias
1760 - 1788

Sucesor:
Fernando de Borbon
e de Borbon-Parma
Predecesor:
Carlos III

Rei de Espana

1788 - 1808
Sucesor:
Fernando VII