Cancro colorrectal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cancro colorrectal
Clasificacion e recursos externos
Diagrama do tracto gastrointestinal baixo.
OMIM 114500
DiseasesDB 2975
MedlinePlus 000262
eMedicine med/1994 ped/3037
Aviso médico.
Aviso medico.
Advertencia: A Wikipedia non da consellos medicos .
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consultello ao medico.

O cancro colorrectal , tamen chamado cancro de colon , inclue calquera tipo de neoplasias do colon , recto e apendice . [ 1 ] Pensase que moitos dos casos de cancro colorrectal nacen dun polipo adenomatoso no colon. [ 2 ] Estes crecementos celulares en forma de fungo son usualmente benignos, pero de cando en vez volvense cancerosos co tempo. Na maioria dos casos, o diagnostico do cancro localizado e por colonoscopia. O tratamento e polo xeral cirurxico , e en moitos casos e seguido por quimioterapia . Os sinais e sintomas poden incluir sangue nas feces, alteracions nos movementos intestinais, perda de peso e sensacion permanente de cansazo . [ 3 ]

Epidemioloxia [ editar | editar a fonte ]

E a terceira forma mais comun de cancro e a segunda causa mais importante de mortalidade asociada a cancro en America . O cancro colorrectal causa 694 000 mortes a nivel mundial cada ano. [ 4 ]

Factores de risco [ editar | editar a fonte ]

O risco de contraer cancro de colon nos Estados Unidos e de o redor do 7%. Certos factores aumentan o risco de que unha persoa desenvolva esta enfermidade, entre eles:

  • Idade. O risco de contraer cancro colorrectal incrementase o aumentar a idade. A maioria dos casos ocorren entre os 60 e 70 anos, mentres que antes dos 50 anos e pouco comun, a menos que haxa unha historia familiar de aparicion tempera de cancro colorrectal.
  • en particular polipos adenomatosos. A eliminacion de polipos do colon durante a colonoscopia diminue o risco subsecuente de cancro de colon.
  • Historia de cancro. Os individuos que previamente sexan diagnosticados e tratados por ter cancro tenen un maior risco que a poboacion xeral de contraer cancro colorrectal no futuro. As mulleres que tenan cancro de ovario , utero ou do seo tenen un risco aumentado da aparicion de cancro de colon.
  • Herdanza:
    • Historia na familia de cancro colorrectal, en especial dun familiar achegado menor de 55 anos ou multiples familiares.
    • Polipose adenomatosa familiar, leva preto dun 100% de risco de contraer cancro colorrectal para a idade de 40 anos, se non foi tratado.
    • Sindrome de Lynch ou cancro colorrectal hereditario non asociado a polipose.
  • Colite ulcerosa cronica ou enfermidade de Crohn , aproximadamente 30% a partir dos 25 anos se o colon enteiro esta afectado.
  • Fumar . E mais probable que unha persoa que fuma morra de cancro colorrectal que unha persoa non fumadora. A Sociedade Americana de Cancro fixo un estudo onde se atopou que era un 40% mais probable que as mulleres que fuman morresen de cancro colorrectal que unha muller que nunca fume. Os fumadores masculinos tenen un risco 30% maior de morrer desta enfermidade que os seus homologos non fumadores.
  • Dieta. Os estudos demostran que unha dieta rica en carne e baixa en froitas , vexetais , aves de curral  e peixes aumenta o risco de cancro colorrectal (o cal e discutible, pois outros estudos mostraron maior incidencia en vexetarianos). [ 5 ] En xuno de 2005, unha investigacion polo Estudo Prospectivo Europeo Sobre Cancro e Nutricion suxeriu que as dietas altas en carnes vermellas, do mesmo xeito que aquelas baixas en fibra , estan asociadas a un risco de cancro colorrectal. Aqueles que frecuentemente comen peixe mostraron un risco diminuido. [ 6 ] Poren, outros estudos ponen en dubida a aseveracion de que unha dieta rica en fibra diminua o risco de cancro colorrectal, mais ben, as dietas baixas en fibra estan asociadas a outros factores de risco que e o que causou a confusion de asociala con cancro, [ 7 ] de maneira que a relacion entre a fibra dietetica e o risco de cancro colorrectal permanece ainda en controversia.
  • Actividade fisica. Aqueles que son activos fisicamente tenen un menor risco de desenvolver cancro colorrectal.
  • Colanxite esclerosante primaria, ofrece un risco independente a colite ulcerativa.
  • Baixo contido corporal de selenio .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Colon Cancer Treatment (PDQ®)" . NCI . 12 de maio de 2014 . Consultado o 29 de xuno de 2014 .  
  2. "Defining Cancer" . National Cancer Institute . Consultado o 10 de xuno de 2014 .  
  3. "General Information About Colon Cancer" . NCI . 12 de maio de 2014 . Consultado o 29 de xuno de 2014 .  
  4. "Cancer" . World Health Organization. febreiro de 2006 . Consultado o 24 de maio de 2007 .  
  5. Vexase http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/19279082
  6. Vexase reporte del BBC news (ingles)
  7. Park Y, Hunter DJ, Spiegelman D, Bergkvist L, Berrino F et al . Dietary fiber intake and risk of colorectal cancer: a pooled analysis of prospective cohort studies . JAMA 2005;294:2849-57. PMID 16352792 .