Campionato do mundo de piraguismo 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O XXXVI Campionato do mundo de piraguismo en augas tranquilas celebrouse do 8 ao 12 de agosto de 2007 na vila alema de Duisburgo .

Celebraronse dezaoito probas masculinas e nove femininas. As masculinas foron en canoa canadense e en caiac , mentres que as femininas so son en caiac . As distancias cubertas, tanto para homes como para mulleres son 200 m, 500 m e 1.000 m, en categoria individual, por parellas e de a catro.

Nestes campionatos David Cal obtivo unha medalla de ouro (C1 500m) e unha de bronce (C1 1000m). Os grandes triunfadores foron a seleccion anfitrioa (Alemana) e mais a hungara, con nove ouros cada unha delas.

Participantes [ editar | editar a fonte ]

Neles participaron uns 1.400 piraguistas, representando a 89 federacions internacionais distintas, na sua maior parte (37) europeas. Entre as federacions participantes correspondian a paises que non forman estado independente tres ( Guam , Porto Rico e Hong Kong ), ademais de Taiwan que so e reconecido parcialmente.

Iran , que anunciara a sua participacion e acudira ao mundial, non puido competir pola debeda que tina contraida coa federacion internacional.

Participantes galegos [ editar | editar a fonte ]

Galicia non competia con seleccion de seu, senon integrada dentro da federacion espanola . Os piraguistas galegos participantes foron 9, duas deles mulleres: David Cal , Alfredo Bea , David Mascato , Borxa Prieto , Xaime Acuna , Carlos Perez Rial , Xose Luis Bouza , Sonia Molanes e Tareixa Portela .

  • En K4 500 m Sonia Molanes e Tareixa Portela compartian equipo coas espanolas Jana Smidakova e Isabel Garcia Suarez . Despois dunhas series de tramite, ganaron a sua semifinal, cun tempo de 1'37"871, so superado polo crono da embarcacion chinesa. Poren, na final so puideron ser setimas cun tempo de 1'39"791, que non lles permitiu a clasificacion directa para os Xogos de Beixin .
  • En C1 1000 m David Cal ganou comodamente a sua serie e mais a semifinal, cun tempo de 4'10"762, co terceiro mellor tempo logo do aleman Andreas Dittmer e do canadense Mark Oldershaw . Na final obtivo a medalla de bronce cun tempo de 4'11"057, por detras do hungaro Attila Vajda que foi ouro e do eslovaco Marian Ostr?il . En C1 500 m Cal ganou a sua serie, pero nas semifinais so puido ser terceiro, clasificandose para a final co peor dos tempos (1'56"567). Poren, na final dominou a proba de principio a fin e proclamouse campion do mundo cun rexistro de 1'47"187, por diante de Dittmer.
  • En C2 1000 m Alfredo Bea e David Mascato conseguiron pasar a semifinais nunha serie de tramite, pero ai non foron quen de clasificarse para a final, ao quedaren sextos. Disputaron a final B, onde se impuxeron cun tempo de 3'52"091. Quedaron pois decimos do mundo.
  • En K4 1000 m Borxa Prieto e Xaime Acuna facian equipo co catalan Saul Craviotto e co andaluz Manuel Munoz Arestoy . Quedaron de cuartos na sua serie, clasificandose para a semifinal, onde foron segundos cun tempo de 3'02"427, que a sua vez foi a segunda mellor marca por detras da embarcacion polaca . Na final foron novenos e ultimos, cun tempo de 3'11"357, fora dos postos que daban o pase directo a Beixin.
  • En K1 500 m Carlos Perez Rial pasou a semifinais, mais nesta proba non se puido clasificar mais que para a final B, e moi axustadamente, ao pasar co peor dos tempos (1'45"923). Na final B foi setimo (16º en xeral), cun crono de 1'38"975
  • En C2 500 m Xose Luis Bouza fixo equipo co asturiano Rafael Menendez Gonzalez e clasificaronse para as semifinais axustadamente, conseguindo unha setima praza na serie. Na sua semifinal foron oitavos e non se meteron nin na final A nin na B, cun tempo de 1'53"111.

Medalleiro [ editar | editar a fonte ]

Posto Pais Medalla de ouro Medalla de prata Medalla de bronce Total
1 Alemaña Alemana 9 6 3 18
2 Hungría Hungria 9 3 6 18
3 Belarús Belarus 1 2 1 4
Rusia Rusia 1 2 1 4
Eslovaquia Eslovaquia 1 2 1 4
6 Romanía Romania 1 1 1 3
7 Canada 1 1 2
Reino Unido Reino Unido 1 1 2
9 España Espana 1 1 2
Francia 1 1 2
11 Ucraína Ucraina 1 1
12 Polonia Polonia 3 4 7
13 Finlandia Finlandia 2 2
14 Lituania Lituania 1 2 3
Serbia Serbia 1 2 3
16 China 1 1 2
17 Cuba 1 1
18 Eslovenia Eslovenia 1 1
Noruega Noruega 1 1
Suecia Suecia 1 1
Total 27 27 27 81


Campions [ editar | editar a fonte ]

Proba Campion masculino Campion feminino
K1 200m Alemaña Jonas Ems Hungría Natasa Janics
K2 200m Belarús Belarus Alemaña Alemana
K4 200m Hungría Hungria Alemaña Alemana
C1 200m Ucraína Iuri Cheban
C2 200m Rusia Rusia
C4 200m Hungría Hungria
K1 500m Adam van Koeverden Hungría Katalin Kovacs
K2 500m Alemaña Alemana Alemaña Alemana
K4 500m Eslovaquia Eslovaquia Alemaña Alemana
C1 200m Galicia David Cal
C2 200m Hungría Hungria
C4 200m Hungría Hungria
K1 1000m Tim Brabants Hungría Katalin Kovacs
K2 1000m Francia Alemaña Alemana
K4 1000m Alemaña Alemana Hungría Hungria
C1 200m Hungría Attila Vajda
C2 200m Alemaña Alemana
C4 200m Romanía Romania

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]