한국   대만   중국   일본 
Campionato do Mundo de Motociclismo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Campionato do Mundo de Motociclismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo do Mundial

O Campionato do Mundo de Motociclismo (oficialmente, FIM Road Racing World Championship Grand Prix ) e a maxima competicion mundial de motociclismo de velocidade . Este certame, conecido as veces como Campionato do Mundo de Velocidade, esta rexido pola Federacion Internacional de Motociclismo e dividese en tres categorias: MotoGP , Moto2 e Moto3 . As motocicletas do campionato son construidas exclusivamente para esta competicion, non para a comercializacion ao publico; isto diferenciase doutros campionatos que usan motos derivadas das de serie, como as Superbikes , as Supersport e as Superstock .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Antecedentes [ editar | editar a fonte ]

A primeira vez que se puxo en xogo o titulo mundial da motocicleta foi en 1905 , cando Alessandro Anzani converteuse no primeiro campion do mundo da modalidade o 19 de xullo dese mesmo ano. Nunha carreira celebrada no Velodromo Zurenborg de Antuerpen ( Belxica ), Anzani fixo valer o seu motor Alcyon Buchet de 1/3 litros para ganar a final tras a caida do belga Olieslagers (Minerva), e acabando por diante do frances Andre Pernette (Kingfisher). [ 1 ]

Alessandro Anzani, inventor e inmigrante italiano , era un empregado de Edmond Gentil (a sua vez, neto do inmigrante italiano Bernardo Gentile). Traballaba na fabrica Buchet, o grupo foi disolto e xunto ao enxeneiro Jean Gentil-Ambroise Farcot tivo que abandonar a sociedade para continuar o traballo do seu padrasto falecido e que se converteria na potente factoria Albaret Farcot-Albaret. Continuou a investigacion continuada dos motores para aeronaves de Anzani Farcot, fortemente inspirada nos de 3 cilindros gama Farcot o que permitiu a Louis Bleriot cruzar o Canle da Mancha en 1909 .

Era dos Grandes Premios [ editar | editar a fonte ]

O primeiro mundial GP que organizou a Federacion Internacional de Motociclismo (FIM) data de 1949 , e o seu evidente potencial economico non pasou desapercibido desde enton. Os dereitos comerciais do campionato pertencen actualmente a Dorna Sports .

Tradicionalmente celebraronse varias carreiras en cada Gran Premio, segundo os distintos tipos de motocicletas e baseandose na cilindrada do motor. existiron categorias de 50 cc , 80cc, 125cc, 250cc, 350cc, 500cc e 750cc, e para sidecars categorias de 350cc e 500cc. Durante os anos 1950 e a maioria dos 1960, os motores de catro tempos dominaron o todas as categorias. Nos anos 1960 , os motores de dous tempos comezaron a establecerse nas categorias mais pequenas. Nos anos 1970 , os dous tempos eclipsaron completamente aos motores de catro tempos.

En 1979, Honda intentou volver aos motores de catro tempos na categoria raina (500cc) coa Honda NR500, pero este proxecto fracasou e, en 1983, Fonda estaba ganando cunha dous tempos de 500cc. A categoria de mais cilindrada ( 750cc ) apareceu en 1977 e desapareceu en 1979, cunha duracion de tan so tres anos. A categoria de 50 cc foi substituida pola de 80cc, finalmente esta categoria foi suprimida nos 1990, logo de ter estado dominada por marcas ( Bultaco , Derbi ) e pilotos ( Nieto , Aspar ) espanois. A categoria de 350 cc desapareceu nos 1980. Os sidecars foron apartados dos Grandes Premios nos 1990, quedando o campionato reducido as categorias de moto3 (250cc), moto2 (600cc) e motogp (1.000cc).

Categorias [ editar | editar a fonte ]

MotoGP [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : MotoGP .
Un modelo de Yamaha participante en MotoGP.

Tratase da "categoria raina" do campionato, pois nela compiten as motos de maior cilindrada. Desde mediados dos 70 ata o ano 2002 , a categoria permitia unha cilindrada de 500cc sen ter en conta se o motor era de dous ou catro tempos. Debido a isto, todos os motores eran de dous tempos grazas a sua maior entrega de potencia a igual cilindrada. En 2002 cambiou a regulamentacion para facilitar o salto aos catro tempos, probablemente influenciado pola baixa cota de mercado das motos de rua de dous tempos. As novas regras permitiron aos construtores elixir entre motos de dous tempos (500cc ou menos) e motos de catro tempos ( 990cc ou menos).

Pese ao importante aumento de custos que significou este cambio, debido ao aumento de cilindrada puideron rapidamente dominar aos rivais que ainda usaban motores de dous tempos. O resultado foi que a partir de 2003 non quedaban xa motocicletas de dous tempos na categoria raina, conecida desde enton como MotoGP . Mais tarde, en 2007 , a Federacion Internacional reduciu a 800cc a cilindrada maxima; con todo, a partir de 2012 volveuse aos 1000cc . [ 2 ]

Moto2 [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Moto2 .

E o nivel intermedio do Mundial e caracterizase pola utilizacion de motos de 600cc , con motor de catro tempos. Estes motores entraron en liza para a tempada 2010 , data na que desapareceron desta categoria as motocicletas de 250cc con motor de dous tempos.

Ainda que durante o 2010 podia usarse o motor de dous tempos, todos os equipos pediron participar coas novas Moto2 e correr con motores de catro tempos, menos contaminantes e acordes ao cambio iniciado no concerto internacional do motociclismo de velocidade.

Moto3 [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Moto3 .

Do mesmo xeito que nas categorias superiores, os motores de dous tempos deixaron paso aos de catro. A partir de 2012 as motos de 125cc foron substituidas por motos de catro tempos monocilindricas de ata 250cc . Esta nova categoria, conecida como Moto3 , esta aberta a todas as marcas construtoras e o custo do propulsor esta limitado a 10.000€.

Circuitos [ editar | editar a fonte ]

O calendario actual de grandes premios consiste en 19 premios en 15 paises distintos dos 5 continentes: Espana (con 4 grandes premios), Italia (2 grandes premios), Estados Unidos , Qatar , Xapon , Francia , Gran Bretana , Paises Baixos , Alemana , Republica Checa , Malaisia , Australia , Portugal , Austria e Tailandia .

Regulamento [ editar | editar a fonte ]

Puntuacion [ editar | editar a fonte ]

O campion de cada categoria determinase cun sistema de puntos que se basea nos resultados do conxunto dos Grandes Premios da tempada. O mesmo sistema de puntos determina o piloto ganador e o construtor ganador do Campionato Mundial.

Sistema de puntos actual
Posicion 1 (ganador GP) 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15
Puntos 25 20 16 13 11 10 9 8 7 6 5 4 3 2 1

Disposicion [ editar | editar a fonte ]

A saida de cada carreira esta conformada por 3 columnas en todas as categorias, tanto MotoGP como Moto2 e Moto3 (isto ocorre a partir da tempada 2011, posto que ata este momento foran de 4 columnas nas duas categorias inferiores) e un numero de filas dependente do numero de pilotos (uns 20 en MotoGP ). As posicions de saida decidense na quenda de clasificacion. Cada carreira dura aproximadamente 45 minutos, sen paradas en boxes para encher combustible nin cambiar pneumaticos.

Pneumaticos [ editar | editar a fonte ]

A eleccion dos pneumaticos de carreira e fundamental e extremadamente importante, xeralmente e o piloto o que toma esta decision baseandose nas probas realizadas durante as sesions de practicas, de cualificacion e as quendas de arrequecemento antes das carreiras. A eleccion de pneumaticos tamen esta suxeita as predicions meteoroloxicas. O normal e atopar unha combinacion entre agarre e durabilidade. Canto mais brando e o composto do pneumatico maior agarre tera, pero pola contra sufrira un maior desgaste que un pneumatico duro. Na categoria de MotoGP habia un pneumatico especial denominado 'Q' ou "pneumatico de cualificacion" que era usado na sesion de cualificacion para intentar lograr a pole. Este pneumatico 'Q' caracterizabase polo seu gran agarre, ainda que debido a isto so duraba unha volta ou como maximo duas. O pneumatico de cualificacion foi eliminado debido aos altos custos. Para carreiras con choiva ou o asfalto mollado utilizanse pneumaticos especiais, que no caso de que se seque a pista sofren un elevado desgaste.

No 2005 , outra regra foi incluida. Anteriormente, se unha carreira empezaba en condicions secas e empezaba a chover, os pilotos e os comisarios de carreira podian parar a carreira (mediante unha bandeira vermella), cambiar os pneumaticos a carreira e volver dar a saida disputandose o numero de voltas restantes. Agora con esta nova regra, cando a carreira empece en seco e comece a chover os comisarios sacaran unha bandeira branca, que autoriza aos pilotos a entrar en boxes (cando eles desexen) e cambiar os pneumaticos de seco a humido. En ningunha outra condicion os pilotos poderan parar en boxes para cambiar os pneumaticos.

Estatisticas [ editar | editar a fonte ]

Pilotos [ editar | editar a fonte ]

(Actualizado: 20 de maio de 2012)

Giacomo Agostini no circuito de Nurburgring en 1976.
Mick Doohan disputando o GP do Xapon en 1990.
Rossi no Gran Premio de Holanda en Assen, 2007

Os Campions do Mundial de Motociclismo de Velocidade son galardoados como os pilotos mais exitoso de cada tempada en cada unha das categorias. Giacomo Agostini foi o campion mais galardoado na historia dos GP con 15 titulos (8 en 500cc e 7 en 350cc). O piloto mais dominante foi Mick Doohan , ganando 12 de 15 carreiras en 500cc o 1997 (o 80% das carreiras do ano), no mesmo ano Valentino Rossi ganou 11 de 15 carreiras en 125cc. Valentino Rossi e o corredor actualmente en activo con mellor palmares. Habendo ganado 9 titulos incluindo 6 en MotoGP , 1 en 500cc, 1 en 250cc e 1 en 125cc.

Mais de 300 pilotos ganaron algun gran premio do Campionato do Mundo de Motociclismo. En canto aos pilotos con mais vitorias destaca Giacomo Agostini que conseguiu ata 122 primeiros postos. O piloto en activo con mais vitorias e Valentino Rossi con 105 (ata o inicio do campionato de 2011).

Piloto Nacionalidade Vitorias GP Campionatos Mundiais
1. Giacomo Agostini Italia 122 15
2. Valentino Rossi Italia 105 9
3. Angel Nieto España 90 13
4. Mike Hailwood 76 9
5. Mick Doohan Australia 54 5
6. Phil Read 52 7
7. Jim Redman 45 6
8. Max Biaggi Italia 42 4
9. Anton Mang Alemaña 42 5
10. Casey Stoner Australia 42 2
11. Jorge Lorenzo España 40 3
12. Carlo Ubbiali Italia 39 9
13. Dani Pedrosa España 38 3
14. John Surtees 38 7
15. Jorge Martinez Aspar España 37 4

Na seguinte taboa presentanse as vitorias agregadas pola nacionalidade dos pilotos (paises con mais de 50 vitorias de gran premio).

Nacionalidade Vitorias GP Campionatos Mundiais
Italia Italia 735 75
España Espana 409 36
Reino Unido Reino Unido 365 44
Alemaña Alemana 182 17
Estados Unidos de América Estados Unidos 173 17
Xapon 172 8
Australia Australia 169 11
Rodesia 70 8
Francia 69 5
Suíza Suiza 67 8
Países Baixos Paises Baixos 57 3

Construtores [ editar | editar a fonte ]

(Actualizado: 2 de maio de 2011)

Honda RC212V pilotada por Dani Pedrosa
Construtor Vitorias GP Por categorias
1. Honda 636 61 ? MotoGP , 156 ?500cc, 35 ?350cc, 207 ?250cc, 164 ?125cc, 13 ? 50cc
2. Yamaha 462 63 ? MotoGP , 120 ?500cc, 67 ?350cc, 165 ?250cc, 47 ?125cc
3. Italia Aprilia 281 143 ?250cc, 138 ?125cc
4. Italia MV Agusta 275 139 ?500cc, 76 ?350cc, 26 ?250cc, 34 ?125cc
5. Suzuki 155 1 ? MotoGP , 89 ?500cc, 35 ?125cc, 30 ?50cc
6. España Derbi 106 1 ?250cc, 63 ?125cc, 25 ?80cc, 17 ?50cc
7. Kawasaki 85 2 ?500cc, 28 ?350cc, 45 ?250cc, 10 ?125cc
8. Alemaña Kreidler 71 71 ?50 cc
9. Italia Gilera 59 35 ? 500cc, 4 ?350cc, 12 ?250cc, 8 ?125cc
10. Italia Garelli 51 44 ?125cc, 7 ?50cc

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "O primeiro campion do mundo da historia" . Motocicleta Clasica. 11-12-2009. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012 . Consultado o 16 de marzo de 2012 .  
  2. "MotoGP changes for 2012" . MotoGP. 11-12-2009. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuno de 2013 . Consultado o 16 de marzo de 2011 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]