한국   대만   중국   일본 
Camilo de Lelis - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Camilo de Lelis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCamilo de Lelis

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 25 de maio de 1550 Editar o valor em Wikidata
Bucchianico (Reino de Napoles) Editar o valor em Wikidata
Morte 14 de xullo de 1614 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Relixion Igrexa catolica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Pastoral Editar o valor em Wikidata
Ocupacion enfermeiro , sacerdote catolico , sacerdote Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosa Camilianos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Dia de festividade relixiosa 14 de xullo Editar o valor em Wikidata

BNE: XX873902 Find a Grave: 8512186 Editar o valor em Wikidata

Camilo de Lelis , nado en Bucchianico di Chieti o 25 de maio de 1550 e morto en Roma o 14 de xullo de 1614 , foi o fundador da chamada Orde dos Camilianos adicada ao coidado dos enfermos. Patron dos doentes, dos hospitais e do persoal hospitalario.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

De caracter pendencieiro, enrolouse como soldado no exercito de Venecia e enfermou dunha perna. Afeccion que lle duraria toda a vida. Ingresou no hospital de Santiago en Roma, pero foi expulsado por rebuldeiro. Volveu a milicia e levou unha vida disipada, escravo, segundo el xulgaba de si mesmo, da avaricia e outros pecados capitais. Perdeu todo nos xogos de azar, polo que, para subsistir, decidiu traballar na construcion dun convento de franciscanos capuchinos en Manfredonia . O exemplo e as predicas destes, moverono a conversion. Quixo ingresar na orde capuchina, pero a enfermidade na perna impediullo.

Volveu enton ao hospital de Santiago onde se consagrou ao coidado dos enfermos mais graves, repulsivos e abandonados, chegando a ser superintendente do centro sanitario. Vitima de acusacions e diversas calumnias, puxose baixo a direccion espiritual de Filipe Neri , dinamizador do hospital, quen o animou a ordenarse sacerdote.

Posteriormente, contra o criterio daquel, decidiu independizarse do hospital e asociarse a outros que quixeran compartir a tarefa de atender aos doentes mais graves e marxinais. Foise creando, deste xeito, a orde dos Servos dos Enfermeiros. Mediante a observacion e a atencion aprenderon como previr, aliviar e curar enfermidades, os efectos da dieta na saude e idearon un sistema de organizacion eficaz de coidado de enfermos en pavillons. Insistiron teimosamente na necesidade de asegurarse completamente da morte antes do enterramento.

En 1585 , prescribiu a sua xa numerosa congregacion o voto de atender aos enfermos infecciosos e os enfermos graves en casas particulares, asi como aos prisioneiros que malvivian en condicions infrahumanas na cadea. En 1588 , iniciaron a practica de acudir aos barcos con infecciosos que, por esa razon, tinan prohibido achegarse a porto. Ese mesmo ano morreron infectados na costa de Napoles varios membros da congregacion. En 1591 , Gregorio XIV elevou a congregacion a categoria de orde ( Ordo Clericorum Regularum Ministrantium Infirmis ). O 8 de decembro de 1591, fixeron profesion de fe engadindo un cuarto voto no que se comprometian a atencion dos enfermos incluso ponendo en risco a propia vida. En 1595 , enviou aos seus irmans a atender aos feridos nas frontes de guerra. Coincidiu con Xose de Calasanz no seu labor de coidado de doentes nos suburbios de Roma. En 1607 , renunciou a direccion da sua orde. Moi debilitado, sen apenas poder comer e con fortes dores, impedia enerxicamente ser atendido e mandaba aos seus irmans a que coidaran outros enfermos.

Foi canonizado en 1746 por Bieito XIV . A sua festividade e o 14 de xullo. Os camilianos estan presentes en 28 paises do mundo.