한국   대만   중국   일본 
Calisto III, papa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Calisto III, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCalisto III, papa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (la) Callistus PP. III Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (ca) Alfons de Borja i Llancol Editar o valor em Wikidata
8 de xaneiro de 1379 Editar o valor em Wikidata
Torreta de Canals (Coroa de Aragon) Editar o valor em Wikidata
Morte 15 de agosto de 1458 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Roma (Estados Pontificios) Editar o valor em Wikidata
Causa da morte Ictus Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Sant'Andrea della Valle
Santa Maria in Monserrato degli Spagnoli (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
209º Papa
17 de abril de 1455 ? 6 de agosto de 1458
←  Nicolao V ? Pio II  →
Cardeal presbitero Santos Quatro Martires Coroados (pt) Traducir
12 de xullo de 1444 ? 8 de abril de 1455
←  Louis de Luxembourg (pt) Traducir ? Luis Juan del Mila y Borja (pt) Traducir →
Cardeal
2 de maio de 1444 ?
Bispo de Valencia
20 de agosto de 1429 ? 8 de abril de 1455
←  Hug de Llupia i Bages (pt) Traducir ? Alexandre VI  →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Coroa de Aragon Editar o valor em Wikidata
Relixion Catolicismo Editar o valor em Wikidata
Conecido por papa n.º 209 da Igrexa catolica
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Ocupacion sacerdote catolico Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade entre 1455 a 1458
Consagracion Pierre de Foix (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
4 de abril de 1455 conclave de 1455
4 de marzo de 1447 conclave de 1447 Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Familia Borgia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais Domingo de Borja (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Francisca (Marti) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Isabel de Borja y Cavanilles (en) Traducir e Catalina de Borja y Cavanilles (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

BNE: XX872665 WikiTree: De_Borja-2 Find a Grave: 6983821 Editar o valor em Wikidata

Calisto III , [ 1 ] nado co nome de Alonso de Borja i Llanco en Torreta de Canals (actual barrio de Canals ), no Reino de Valencia , o 31 de decembro de 1378 e finado en Roma o 6 de agosto de 1458 , foi o papa n.º 209 da Igrexa catolica, desde 1455 a 1458 .

Escudo do papa Calisto III

As profecias de San Malaquias refirense a este papa como Bos pascens ('o boi que pace'), facendo referencia ao escudo de armas da sua familia, os Borgia, no que aparece un boi dourado pacendo.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Procedia da nobre familia dos Borja, procedentes da vila aragonesa de Borja , instalados no reino de Valencia tras participar na sua conquista xunto a Xaime I .

Logo de estudar leis en Zaragoza foi profesor de dereito na universidade de Lleida , onde chamou a atencion do antipapa Bieito XIII , que o atraeu a sua causa no enfrontamento que o Cisma de Occidente provocara na Igrexa. O seu apoio ao antipapa converteuno tamen en protexido do valenciano San Vicente Ferrer , e valeulle ser nomeado coengo da catedral de Lleida e entrar ao servizo de Afonso V de Aragon como xurista e diplomatico.

Trala morte de Bieito XIII en 1423 , tres dos seus cardeais reunironse en conclave e elixiron como sucesor a Clemente VIII que instalou a sua se en Peniscola .

En 1429 Afonso V, que apoiara a Bieito XIII, desexoso dun achegamento a Roma , enviou a Alonso de Borja como legado a Peniscola coa mision de lograr que o antipapa Clemente VIII renunciase e se sometese ao papa Martino V . O exito da sua negociacion, que supuxo a fin do cisma que dividira a Igrexa desde 1378, supuxolle a Alonso o nomeamento como bispo de Valencia . Nesta cidade permaneceu tres anos, marchando en 1432 para acompanar a Afonso V como vicechanceler e conselleiro real na campana que remataria en 1442 coa conquista do reino de Napoles .

O 2 de maio de 1444 foi nomeado cardeal por Uxio IV e comezou cunha practica que definiria o seu pontificado: o nepotismo , ofrecendo aos seus dous sobrinos dos que era titor, Luis Juan de Borja e Rodrigo de Borja , importantes cargos e beneficios eclesiasticos.

Papado [ editar | editar a fonte ]

Conselleiro do papa Nicolao V , trala sua morte en 1455 foi elixido pontifice, adoptando o nome de Calisto III. A sua eleccion estivo influenciada polo rei Afonso V.

Tras ocupar o seu posto, chamou aos seus dous sobrinos, dandolles categoria de principes e nomeando notario apostolico a Rodrigo e outorgando o goberno de Bologna a Luis Juan. Ao ano seguinte nomeounos cardeais.

A sua atencion como pontifice centrouse na reconquista de Constantinopla que caera en mans do Imperio Otoman en 1453 . Intentou organizar unha cruzada enviando delegacions a Inglaterra , Francia , Alemana , Hungria , Portugal e Aragon . Ainda que nun principio recibiu o apoio de hungaros, portugueses e xenoveses, so a frota hungara partiu cara a Belgrado , que se encontraba sitiada polo exercito do sultan turco, Mahomet II . A vitoria conseguida o 14 de xullo de 1456 non evitou que a cruzada fose un fracaso.

Tamen en 1456 estableceu unha comision que anulou o xuizo que, en 1431 , condenara a Xoana de Arco , declarandoa inocente dos cargos de bruxeria polos que fora queimada na fogueira. Ese mesmo ano promulgou a bula Inter Caetera , pola que garantia ao reino de Portugal a exclusividade da navegacion ao longo da costa africana. Un ano antes, en 1455, canonizou a San Vicente Ferrer.

En 1458 , xa cara ao final do seu pontificado, enemizouse coa coroa de Aragon, pois trala morte do que fora o seu grande aliado, Afonso V, negouse a reconecer ao seu fillo, Ferrante I , como rei de Napoles ao considerar que dito reino pertencia a Igrexa.

Segundo unha version conecida por vez primeira nunha biografia postuma, embelecida e popularizada no seculo XVIII polo matematico frances Pierre Simon Laplace , Calisto III excomulgou ao cometa Halley en 1456 , con ocasion da sua aparicion sobre Europa, debido a tradicional crenza nos cometas como simbolo de mal agoiro, en particular naquela epoca contra os defensores cristians da cidade de Belgrado , sitiada polos otomans. Con todo, esta version carece de sustento historico firme. A bula de Calisto III do 29 de xuno de 1456 , onde solicita as oracions dos fieis para o triunfo da cruzada, nin sequera menciona o cometa. O 6 de agosto de 1456 , cando o sitio da cidade foi roto polos defensores, facia varias semanas que o cometa deixara de ser visible.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Guia de nomes galegos" . Real Academia Galega . Consultado o 2023-09-18 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre Papas e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.