Cesar Cui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCesar Cui

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (fr) Cesar Cui
(ru) Це?зарь Анто?нович Кюи? Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 18 de xaneiro de 1835 Editar o valor em Wikidata
Vilnius Editar o valor em Wikidata
Morte 24 de marzo de 1918 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Causa da morte Ictus Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Cemiterio Tikhvin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Imperio Ruso Editar o valor em Wikidata
Educacion Nikolay engineering school (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Musica , Composicion musical , musicoloxia e peza musical Editar o valor em Wikidata
Ocupacion compositor , critico musical , militar , enxeneiro , critico , pianista , escritor , oficial , enxeneiro militar , musicologo Editar o valor em Wikidata
Empregador Mikhailovskaya Military Artillery Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xenero artistico Opera Editar o valor em Wikidata
Profesores Stanisław Moniuszko (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Lealdade Imperio Ruso Editar o valor em Wikidata
Rama militar Exercito Imperial Ruso Editar o valor em Wikidata
Rango militar Xeneral
enxeneiro xeral Editar o valor em Wikidata
Instrumento Piano Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Conxuxe valor desconecido (1858?)
Irmans Aleksandr Kyui (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX1130904 Spotify: 0GcJLYsQ88AK13SRdZPIHY Musicbrainz: b83ea81a-bf4e-413d-b3ae-e557f09ea8b7 Discogs: 1044198 IMSLP: Category:Cui,_César Allmusic: mn0001205582 Find a Grave: 4353 Editar o valor em Wikidata

Cesar Antonovich Cui ( ruso : Це?зарь Анто?нович Кюи? ), nado en Vilnius o 6 de xaneiro xul. / 18 de xaneiro de 1835 greg. e finado en San Petersburgo o 13 de marzo de 1918 , [ 1 ] foi un compositor e critico musical ruso de orixe frances , polaco e lituano . [ 2 ] A sua profesion era a de oficial das forzas armadas e profesor de teoria da fortificacion , e a sua vida non profesional tivo importancia na historia da musica . E conecido como membro do Grupo dos Cinco , grupo de compositores rusos baixo o liderado de Milii Balakirev dedicado a producion de musica especificamente de tipo ruso.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Educacion e carreira [ editar | editar a fonte ]

Cesarius-Benjaminus (Цезарий-Вениамин) Cui naceu Vilnius , Imperio Ruso , nunha familia catolica , sendo o mais novo de cinco irmans. O seu pai frances, Antoine (que logo rusificou o seu nome como Anton Leonardovich), entrara en Rusia como membro do exercito de Napoleon en 1812, establecendose en Vilnius despois da derrota, e ali casou cunha muller da poboacion chamada Julia Gucewicz. [ 3 ] Cesar creceu aprendendo frances , ruso , polaco e lituano . [ 4 ] Antes de acabar o gymnasium , en 1850 Cui foi enviado a San Petersburgo para preparar a entrada na escola de xefes de enxeneiros, que fixo o ano seguinte aos 16 anos. [ 5 ] En 1855 graduouse da Academia, e tras facer estudos avanzados na Academia de Enxenaria Nikolaevsky, comezou a sua carreira militar en 1857 como instrutor en fortificacions. [ 6 ] Os seus alumnos durante decadas incluiron varios membros da familia imperial , especialmente Nicolao II . [ 7 ] Cui chegou a dar clase en tres das academias militares de San Petersburgo. [ 8 ] O estudo de Cui sobre fortificacions ganou importancia durante a guerra ruso-turca (1877-1878) e foi fundamental n asua carreira. Como experto na materia, logro o status academico de profesor en 1880 e o rango de xeneral en 1906. [ 9 ] Os seus escritos incluen libros de textos amplamente empregados con sucesivas edicions.

Vida musical non profesional [ editar | editar a fonte ]

A pesar dos seus logros como academico militar profesional, Cui e mais conecido en occidente pola sua "outra" vida musical. De neno en Vilnius recibira clases de piano , estudara a obra de Chopin e comezara a componer pequenas pezas aos catorce anos. Nos poucos meses antes de que fose enviado a San Petersburgo, conseguiu recibir leccions de teoria musical co compositor polaco Stanisław Moniuszko , que estaba residindo en Vilnius nesa epoca. [ 10 ] [ 11 ] A direccion musical de Cui cambiou en 1856, cando coneceu a Mily Balakirev e comezou a involucrarse na musica mais seriamente. [ 12 ]

Ainda que compuna musica e escribia criticas musicais no seu tempo de lecer, Cui converteuse nun compositor prolifico e autor de folletins . O seu debut en publico como compositor tivo lugar en 1859 coa interpretacion do seu Scherzo, Op. 1, baixo a batuta de Anton Rubinstein e os auspicios da Sociedade Musical Rusa. [ 13 ] En 1869 levouse a cabo a primeira estrea publica dunha opera de Cui, William Ratcliff (baseada na traxedia de Heinrich Heine ), mais non tivo un grande exito, en parte pola dureza dos seus propios escritos na prensa musical. [ 14 ] [ 15 ] Todas as suas operas agas unha foron compostas con libretos en ruso; a excepcion foi Le flibustier (baseada nunha obra de Jean Richepin ), estreada na Opera-Comique de Paris in 1894, pero que tampouco triunfou. [ 16 ] As obras de maior exito de Cui durante a sua vida foron a opera comica nun acto The Mandarin's Son (1878), a de tres actos Prisoner of the Caucasus (1883), baseada nunha obra de Pushkin , e a dun acto Mademoiselle Fifi (1903), baseada en Guy de Maupassant . [ 17 ] Ademais de Flibustier , as unicas operas de Cui estreadas durante a sua vida fora do Imperio Ruso foron Prisoner of the Caucasus (en Liege , 1886) e a opera infantil Puss in Boots (en Roma, 1915). [ 18 ]

Cui entre os artistas do Teatro Bolshoi de Moscova, 1902

As actividades de Cui na vida musical incluian tamen a pertenza ao comite de seleccion de opera no teatro Mariinsky ; este periodo rematou en 1833, cando tanto el como Rimskii-Korsakov abandonaron o comite como protesta ao rexeitamento de Khovanshchina , de Musorgskii . [ 19 ] Entre 1896 e 1904 foi director da rama de San Petersburgo da Sociedade Musical Rusa . [ 20 ]

Entre os moitos musicos que Cui coneceu na sua vida, Franz Liszt foi dos mais achegados. Liszt estimaba a musica dos compositores rusos; para a opera de Cui William Ratcliff expresou alguns dos maiores eloxios. [ 21 ] O libro de Cui La musique en Russie e a Suite pour piano , Op. 21, estan dedicados a Liszt. Ademais, a Tarantelle para orquestra, Op. 12 constituiu a base dos ultimos arranxos de piano de Liszt.

Duas personalidades de importancia directa para Cui foron mulleres especialmente dedicadas a sua musica. En Belxica , a condesa de Mercy-Argenteau (1837?1890) foi moi influente facendo posible que se estrease ali Prisoner of the Caucasus en 1885. [ 22 ] En Moscova , Mariya Kerzina, co seu home Arkadiy Kerzin, formou en 1896 o Circulo de Amantes da Musica Rusa, sociedade de interpretacion, que comezou en 1898 para dar un lugar especial a obra de Cui, entre outros compositores rusos, nos seus concertos. [ 23 ]

Ao longo da sua vida musical activa, Cui recibiu moitos reconecementos. A finais da decada de 1880 e principios da de 1890, varias sociedades musicais estranxeiras honraron a Cui facendoo membro das mesmas. Pouco despois da estrea de Le flibustier en Paris, Cui foi elixido como membro correspondente da Academia Francesa e premiado coa cruz da Legion d'honneur . En 1896 a Real Academia Belga de Literatura e Arte tamen o fixo membro. [ 24 ] En 1909 e 1910 realizaronse actos para honrar a Cui polos seus cincuenta anos como compositor. [ 25 ]

Familia [ editar | editar a fonte ]

Tumba de Mal'vina e Cesar Cui no cemiterio Tikhvin de San Petersburgo

Cui casou con Mal'vina Rafailovna Bamberg (Мальвина Рафаиловна Бамберг) en 1858. Coneceraa na casa de Alexander Dargomyzhsky , de quen ela recibia clases de canto. [ 26 ] Entre as obras musicais de Cui dedicadas a ela estan o Scherzo, Op. 1 (1857), que emprega temas baseados no nome de solteira da sua esposa (BAmBErG) e as suas propias iniciais (C. C.), e a opera comica The Mandarin's Son . Cesar e Mal'vina tiveron dous fillos, Lidiya e Aleksandr. Lidiya, cantante afeccionada, casou e tivo un fillo chamado Yuri Borisovich Amoretti; no periodo anterior a revolucion de outubro Aleksandr foi membro do senado ruso. [ 27 ]

Ultimos anos e morte [ editar | editar a fonte ]

En 1916, o compositor volveuse cego, ainda que puido componer pequenas pezas ao ditado. [ 28 ] Cui faleceu o 13 de marzo de 1918 dunha apoplexia cerebral e foi enterrado xunto a sua dona Mal'vina (que morrera en 1899) no cemiterio luterano Smolensk de San Petersburgo. En 1939 foi enterrado en cemiterio Tikhvin no mosteiro Alexander Nevsky, para que xacese xunto os outros membros do Grupo dos Cinco . [ 29 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Назаров, А.ф. Цезарь Антонович Кюи (Moscova: Muzyka, 1989), pax. 221.
  2. Como Cui escribiu a Felipe Pedrell en 1897: "Bien que russe, je suis d’origine mi-francaise, mi-lithuanienne". Vexase Norris, Geoffrey; Neff, Lyle. Cui, Cesar . Grove Music Online. Oxford Music Online. Oxford University Press . Consultado o 29 de outubro de 2012 .  
  3. Назаров, pax. 7-8.
  4. Назаров, pax. 14-15.
  5. Назаров, pax. 15-16.
  6. Назаров, pax. 22, 35.
  7. Ильинский, А.А.; Пахулский, Г. Биографии композиторов с IV-XX век с портретами (Москва: Изд. К.А. Дурново, 1904), pax. 518.
  8. Neef, Sigrid. Die Russischen Funf: Balakirev, Borodin, Cui, Mussorgsky, Rimsky-Korsakov (Berlin: E. Kuhn, 1992), pax. 136.
  9. Назаров, pax. 106-110, 194.
  10. Кюи, Ц. А., "Первые композиторские шаги Ц. А. Кюи (письмо к редактору)", Избранные статьи , составитель И. Л. Гусин (Ленинград: Гос. муз. изд-во, 1952), notas do editor, pax. 542?543.
  11. Назаров, pax. 12?14.
  12. Назаров, pax. 25?27.
  13. Назаров, pax. 46.
  14. Гозенпуд, А. А., Русский оперный театр XIX века, 1857?1872 [ Russian Operatic Theater of the 19th Century, 1857?1872 ] (Ленинград, Музыка, 1971), 228?235.
  15. Назаров, pax. 58?61.
  16. Назаров, pax. 132?135.
  17. Бернандт, Г. Б. Словарь опер впервые поставленных или изданных в дореволюционной России и в СССР, 1836?1959. [ Dictionary of Operas First Performed or Published in Pre-Revolutionary Russia and in the USSR, 1836?1959 ] (Москва: Советский композитор, 1962). pax. 125?126, 288, 170.
  18. Бернандт, Г. Б. Словарь опер , pax. 125, 148.
  19. Кюи, Избранные письма [ Selected Letters ], pax. 112 (tamen notas do editor, pax. 571?572).
  20. Назаров, pax. 147, 184.
  21. Кюи, Избранные письма , pax. 506.
  22. Назаров, pax. 120.
  23. Назаров, pax. 150?157.
  24. Назаров, pax. 35?36.
  25. Назаров, pax. 201?205.
  26. Назаров, pax. 42.
  27. Кюи, Избранные письма , editor’s notes, pax. 635, 395, 703, 715?716.
  28. Кюи, Избранные письма , pax. 477.
  29. Назаров, pax. 155, 221-222.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Guglielmi, Edoardo. "Cesar Cui e l'Ottocento musicale russo," Chigiana , v. 25, no. 5 (1968), pax. 187-195.
  • Mercy-Argenteau, condesa de , Cesar Cui: esquisse critique . Paris: Fischbacher, 1888.
  • Муселак, Анри [Musielak Henri]. "Предки Кюи" ["Cui's Forbears"], Советская Музыка , 1979, no.10, pax. 141-142.
  • Назаров, Александр Федорович [Nazarov, Aleksandr Fedorovich]: Цезарь Антонович Кюи . Moscova, 1989. ≪Музыка≫. ISBN 5714001516 .
  • Neef, Sigrid. Handbuch der russischen und sowjetischen Oper . 1. Aufl. Kassel: Barenreiter, 1989, c1985.
  • _______. Die Russischen Funf: Balakirew, Borodin, Cui, Mussorgski, Rimski-Korsakow . Berlin: E. Kuhn, 1992.
  • Neff, Lyle Kevin. Story, style, and structure in the operas of Cesar Cui . Ph.D. dissertation, Indiana University, United States. Disponible en ProQuest Dissertations & Theses A&I. (Order No. 3054368). (305507197). Consultado en https://search-proquest-com.udel.idm.oclc.org/docview/305507197?accountid=10457 (requirese subscricion)
  • Norris, Geoffrey and Neff, Lyle. "Cui, Cesar [Kyui, Tsezar' Antonovich]," Grove Music Online . Ed. L. Macy. (consultado o 9 de marzo de 2008), http://www.grovemusic.com Arquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine . (requirese subscricion)
  • Stasov, V.V. "Цезарь Антонович Кюи: биографический очерк" [" Cesar Antonovich Cui: A Biographical Sketch ."] Артист [ Artist ] [Moscow], no. 34 (1894); reimpreso e editado en Избранные сочинение: живопись, скульптура, музыка . В трех томах. Т. 3. [ Selected Works: Painting, Sculpture, Music . In three vols. Vol. 3.] Москва: Искусство, 1952, pax. 387-408.