한국   대만   중국   일본 
Bula - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Bula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Bula pontificia ≫)
Bula do papa Urbano VIII co selo (bula) de chumbo.

Unha bula e un documento selado con chumbo sobre asuntos politicos ou relixiosos . No segundo caso, se esta autentificada co selo papal, recibe o nome de bula papal ou bula pontificia . O nome bula procede do latin bulla , termo que fai referencia a calquera obxecto redondo artificial, e nun principio utilizabase para referirse a medalla que portaban o pescozo, na Roma Antiga , os fillos das familias nobres ate o momento en que vestian a toga .

Xeralmente chamase bulas os documentos pontificios que son expedidos pola Chanceleria Apostolica papal sobre determinados asuntos de importancia dentro da administracion clerical e mesmo civil, constituindose nun dos instrumentos mais estendidos nos que se fundamenta e expande a autoridade do pontifice.

Desde un punto de vista formal, a bula e solemne e moi caracteristica. Levaba un selo de chumbo cunha cruz no centro e unha representacion de San Pedro e San Pablo, mentres que no reverso incluiase o nome do Papa do momento da sua publicacion e o ano do pontificado. Normalmente enviase o arcebispo da diocese, quen a sua vez a fara chegar a parroquia. Esta escrita en latin e se aparece en castelan e pola traducion feita desde o arcebispado; nese caso considerase unha copia.

En canto o seu contido, as bulas expresan diversos mandatos en materia de ordenanzas e constitucions, condenacions doutrinais, concesion de beneficios, xuizos da Igrexa, decretos de indulxencias, de senorios eclesiasticos etcetera.

Cando a bula e de extension e/ou importancia menor denominase breve .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]