Bronx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBronx
The Bronx (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia a Jonas Bronck (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  40°50′48″N 73°52′24″O  /  40.84676, -73.873207 Coordenadas : 40°50′48″N 73°52′24″O  /  40.84676, -73.873207
Estado Estados Unidos de America
Estado federado Nova York
Cidade Nova York Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 1.472.654 (2020) Editar o valor em Wikidata (9.950,36 hab./km² )
Numero de fogares 510.135 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Superficie 148 km² Editar o valor em Wikidata
Banado por Rio Hudson , Long Island Sound , Rio Harlem (pt) Traducir e Eastchester Bay (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude 90 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creacion 1898 Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
• Xefe do goberno Ruben Diaz, Jr. (pt) Traducir (2009?) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal 10400?10499, 10400, 10404, 10406, 10407, 10409, 10411, 10412, 10418, 10415, 10422, 10424, 10427, 10428, 10431, 10433, 10437, 10439, 10442, 10445, 10447, 10448, 10452, 10456, 10457, 10463, 10460, 10464, 10469, 10471, 10473, 10477, 10481, 10484, 10487, 10491, 10495 e 10499 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Paxina web bronxboropres.nyc.gov Editar o valor em Wikidata

O Bronx e un condado do estado de Nova York , e un dos cinco distritos metropolitanos ( borough ) da cidade de Nova York . Condado e distrito tenen os mesmos limites xeograficos. E o distrito situado mais ao norte e e o unico dos cinco que non e unha illa (ou parte dunha, caso de Queens e Brooklyn ) e atopase en terra firme norteamericana.

Foi bautizada en honra de Jonas Bronck, un inmigrante sueco que foi o primeiro en instalarse na area. No ano 2002 , a poboacion era de 1.354.068 habitantes.

Historia [ editar | editar a fonte ]

O territorio que actualmente forma o condado do Bronx pertencia ao Condado de Westchester.

En 1874 , a parte occidental do que e o actual condado do Bronx foi transferido ao condado de Nova York e en 1895 transferiuse o resto oriental. En 1914 , aquelas partes transferidas separaronse do condado de Nova York e formaron o actual condado do Bronx.

Goberno [ editar | editar a fonte ]

Do mesmo xeito que os demais condados da cidade de Nova York, no Bronx non hai goberno condal, pero os tribunais de condado e outras autoridades como o fiscal si existen. Cada distrito metropolitano en Nova York elixe un Presidente pero este cargo non ten moito poder, de facto .

A oficina do Presidente de Distrito ( Borough President ) foi creada coa consolidacion dos cinco condados, para equilibrar a balanza destes, respecto do goberno municipal central. Cada presidente de distrito tina un rol poderoso, que se derivaba do feito de ter un voto no New York City Board of Estimate , o corpo responsable de crear e aprobar os orzamentos municipais e realizar as propostas para a ordenacion do territorio. En 1989 , o Tribunal Supremo dos Estados Unidos declarou esta Xunta inconstitucional, por darse o feito de que Brooklyn, o condado mais poboado do municipio, non tina mais voto sobre o terreo que Staten Island , o condado menos poboado da cidade. Isto consituia unha violacion da Clausula de Proteccion Igual da Decimo cuarta Emenda da Constitucion dos Estados Unidos de America , emitida en 1964 , baixo a premisa de un home, un voto .

As competencias do Board of Estimate foron transferidas a Xunta de Concelleiros ( City Council , con 51 membros, encargado do poder lexislativo na cidade), aumentando asi o poder centralizado no municipio neoiorquino.

Desde 1990, o Presidente de Distrito actua como defensor dos intereses do condado ante as axencias da alcaldia, as concellarias municipais, o goberno estatal de Nova York e as corporacions. O presidente do Distrito do Bronx e Adolfo Carrion, Jr., o duodecimo deles, desde que o Bronx pertence a cidade de Nova York.

O Fiscal do Distrito de Bronx ( District Attorney ou simplemente D.A. , no orixinal ingles) e Robert T. Johnson e ocupa o cargo desde o 1 de xaneiro de 1989 , convertendose no fiscal de distrito mais lonxevo na historia do Bronx, e o primeiro afroamericano Fiscal do Distrito do estado de Nova York.

Tamen ten 12 distritos administrativos, cada un deles servido por unha Xunta de Comunidade local ( Community Board ). Estas Xuntas son os corpos representativos que recollen as queixas cidadas e serven como defensores dos residentes da sua area, ante o Concello.

Anecdoticamente, o nome oficial do " borough " e The Bronx , mentres que o nome do condado e Bronx County (sen artigo).

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

O Bronx non ten outras subdivisions, esta situado nos 40°42'15" latitude norte e os 73°55'5" lonxitude oeste.

O borough ten unha area de 148,7 km² . 108,9 km² formados por terra e 39,9 km² de auga que constitue un 26,82% do total.

Moitas das ruas do Bronx estan numeradas, pero a diferenza da numeracion en Brooklyn e Queens , o sistema de numeracion do Bronx e unha continuacion do sistema de Manhattan , debido a que orixinalmente pertencia ao condado de Nova York. Debido a isto, a numeracion empeza na rua 132 Leste.

Lingua [ editar | editar a fonte ]

Segundo o censo de 2000 no Bronx hai falantes de 77 linguas diferentes. As maioritarias son o ingles , cun 47,3% de falantes, e o espanol , cun 43,7%, non chegando o resto de falantes doutras linguas ao 2%.

Atraccions [ editar | editar a fonte ]

As atraccions do Bronx incluen o Yankee Stadium, fogar dos New York Yankees, o zoo do Bronx, o Xardin Botanico de Nova York. Inclue tamen dous dos parques mais grandes de Nova York, o Pelham Bay e o Van Cortlandt .

O Bronx ten a distincion de ser o lugar de nacemento do hip hop .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]


Bandeira de Nova York Distritos (Boroughs) de Nova York

Bronx | Brooklyn | Manhattan | Queens | Staten Island