한국   대만   중국   일본 
British Midland International - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

British Midland International

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
British Midland International
IATA
BD
OACI
BMA
Indicativo
MIDLAND
Fundacion 1938 (como Air Schools Limited)
Fin das operacions 27 de outubro do 2012 (fusionada con British Airways )
Aeroporto principal Aeroporto de Londres-Heathrow
Alianza Star Alliance (2000-2012)
Subsidiarias Bmibaby , BMI Regional
Frota 27 (antes de pasar a BA)
Destinos 35
Eslogan da compania Better for business
Sede

British Midland Airways Limited (comercializada ao longo da sua historia con varios nomes como British Midland , BMI British Midland , BMI ou British Midland International ) foi unha aerolina britanica coa sua sede en Donington Hall, preto do aeroporto de East Midlands. A compania realizaba voos a destinos en Europa , Oriente Medio , Africa e Asia central dende a sua base operacional no Aeroporto de Londres-Heathrow , onde no seu momento de maxima actividade ocupaba o 11% dos slots de aterraxes e engalaxes e operaba ao redor de 2.000 voos por semana. BMI foi membro de Star Alliance dende o 1 de xullo de 2000 ata o 20 de abril de 2012 .

Foi mercada a Lufthansa polo International Airlines Group (IAG) o 20 de abril do ano 2012 e fusionouse con British Airways o 27 de outubro dese ano. As suas subsidiarias Bmibaby e BMI Regional tamen foron mercadas, ainda que IAG non desexaba conservalas. [ 1 ] BMI Regional foi vendida a Sector Aviation Holdings en maio de 2012 e contina operando, mentres que Bmibaby desapareceu en setembro dese ano.

British Midland Airways Limited tina unha licenza operacional da Civil Aviation Authority (CAA) de tipo A, que lle permitia transportar pasaxeiros, carga e correo en avions con 20 ou mais asentos. [ 2 ]

Frota [ editar | editar a fonte ]

Despois da venda de BMI a IAG, a frota da aerolina comezou a ser transferida a British Airways. Todos os avions foron transferidos e repintados coa librea de British Airways a excepcion de dous Airbus A330 que volveron ao seus arrendadores. No seu apoxeo antes do inicio das transferencias de licenzas, a frota estaba formada polos seguintes avions rexistrados na Civil Aviation Authority:

British Midland International Fleet
Avion En servizo Pedidos Pasaxeiros
C Y Total
Airbus A319-100 11 ? 138
144
138
144
Airbus A320-200 7 22
20
102
108
162
124
128
162
Airbus A321-200 7 31 118 149
Airbus A330-200 2 42
36
156
196
198
232
Total 27

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Lufthansa (ed.). "Lufthansa and IAG sign purchase agreement for the sale of British Midland Ltd." . Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016 . Consultado o 2 de decembro de 2016 .  
  2. Civil Aviation Authority (ed.). "Operating Licence Holders" . Consultado o 2 de decembro de 2016 .