한국   대만   중국   일본 
Bonifacio IX, papa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Bonifacio IX, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Bonifacio IX ≫)
Infotaula de personaBonifacio IX, papa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (la) Bonifacius PP. IX Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 1356 Editar o valor em Wikidata
Napoles Editar o valor em Wikidata
Morte 1 de outubro de 1404 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Causa da morte Ictus Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Basilica de San Pedro Editar o valor em Wikidata
203º Papa
10 de novembro de 1389 ? 1 de outubro de 1404 (Gregoriano)
←  Urbano VI ? Inocencio VII  → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Relixion Igrexa catolica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Ocupacion sacerdote catolico Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua latina Editar o valor em Wikidata
Consagracion Francesco Moricotti (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
25 de outubro de 1389 Conclave de 1389 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
Pai NN Tomacelli (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Tomacelli-2 Find a Grave: 76787029 Editar o valor em Wikidata

Bonifacio IX , nado co nome de Pietro Tomacelli en Napoles cara a 1356 e finado en Roma o 1 de outubro de 1404 , foi un nobre napolitano e Papa nº 203 da Igrexa catolica , entre 1389 e o seu falecemento. Foi o segundo Papa do Cisma de Occidente .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Naceu no seo dunha familia nobre pero empobrecida.

Un dos seus primeiros actos como Papa foi a excomunon de Clemente VII , que exercia tamen o pontificado desde Avignon . O antipapa Clemente respondeu coa excomunon de Bonifacio.

O enfrontamento eclesiastico entre Bonifacio IX e Clemente VII estendeuse ao terreo politico, e o recentemente elixido Papa coroou en 1390 a Ladislau como rei de Napoles, para enfrontalo a Lois de Anjou , a quen Clemente coroara en 1389 .

Bonifacio tamen logrou acabar coas ultimos brasas do movemento comunal romano, recuperando o castelo de San Angelo e fortificandoo xunto con outros puntos estratexicos de Roma.

Trala morte de Clemente en 1394 a se de Avignon elixiu Papa ao cardeal Pedro Martinez de Luna, que adoptou o nome de Bieito XIII . As potencias europeas viron unha oportunidade de acabar co Cisma, e recorreron a un informe que a Universidade de Paris publicara en xaneiro de 1394, propondo tres vias non violentas para acabar co cisma:

  • A via cessionis propugnaba a abdicacion voluntaria e simultanea dos dous papas seguida dunha nova eleccion.
  • A via compromissi supuna estudar os dereitos de ambos os dous Papas por unha comision arbitral que decidiria quen era o Papa lexitimo.
  • A via concilii defendia a convocatoria dun concilio ecumenico que decretase quen seria Papa.

Bonifacio IX rexeitou as tres solucions, mentres Bieito XIII so se opuxo totalmente a via conciliar. A falta de acordo provocou a ameaza das potencias europeas aos pontifices de retirarlles os respectivos apoios, ameaza que so cumpriron os monarcas que apoiaban a Bieito, pero que non supuxo a fin do Cisma, xa que o Papa, malia non contar con apoios, seguiu sen someterse.

Noutra orde de aspectos, destacou durante o pontificado de Bonifacio IX a celebracion de dous xubileos , en 1396 , convocado por Urbano VI, e en 1400 , no que fixeron aparicion en Roma os "Bianchi" ou "Albati", grupos de penitentes flaxelantes que procesionaban encarapuchados, con habitos brancos e cunha cruz vermella debuxada nas costas. Esta orde provocou tal numero de disturbios e sucesos sanguentos que Bonifacio condenou a fogueira ao seu lider e disolveu aos adeptos.

Un ano antes Bonifacio fixera un chamamento a cristiandade occidental para socorrer ao emperador bizantino Manuel II , ameazado polo sultan otoman Beyazid . Tal chamamento non espertou entusiasmo algun, ainda que o Imperio Bizantino se salvaria pouco despois, prolongando a sua existencia algunhas decadas mais, pola fulminante irrupcion de Tamerlan , que obrigou a Beyazid a retirarse.

As profecias de San Malaquias refirense a este papa como Cubus de mixtione (Cubo de mestura), facendo referencia a que no escudo de armas da familia figuran uns cubos entrelazados.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre Papas e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.