한국   대만   중국   일본 
Bloque do leste - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Bloque do leste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bloque do Leste

Durante a guerra fria , o Bloque do Leste , tamen chamado Bloque sovietico e campo socialista , comprendia os seguintes paises de Europa central e oriental : Bulgaria , Romania , Hungria , a Republica Democratica Alema , Polonia , Albania , a Union Sovietica e Checoslovaquia . O Bloque do Leste adoita considerarse identico ao Pacto de Varsovia . Outra das organizacions que reunian aos paises do bloque era o Consello de Axuda Mutua Economica .

Iugoslavia nunca formou parte do Bloque do Leste nin do Pacto de Varsovia. Malia ser un estado socialista , o seu lider Josip Broz Tito chegou ao poder grazas ao seu mando sobre a resistencia partisana durante a segunda guerra mundial e sempre mantivo unha politica de distanciamento e autonomia respecto da influente Union Sovietica. O goberno iugoslavo mantivose neutral durante a guerra fria e foi un dos fundadores do Movemento de Paises Non Alinados .

Pola sua banda, o goberno de Albania (tildado de estalinista ) tamen logrou o poder sen axuda sovietica como consecuencia da segunda guerra mundial. Albania rompeu a sua relacion coa Union Sovietica a comezos dos anos 1960 , alinandose coa Republica Popular Chinesa e a sua posicion antirrevisionista .

As nacions do Bloque do Leste foron, en ocasions, mantidas dentro da esfera de influencia sovietica mediante a forza militar. O Exercito Vermello invadiu Hungria en 1956 logo dunha revolta anticomunista . Tamen Checoslovaquia foi invadida, en 1968 e por tropas do Pacto de Varsovia, co obxecto de poner fin a un periodo de liberalizacion conecido como a Primavera de Praga . Esta politica foi denominada Doutrina Brezhnev e se convalidaba, segundo a argumentacion sovietica, na obrigacion que tinan os estados socialistas de sosterse uns a outros de acordo ao establecido no Pacto de Varsovia. A Primavera de Praga non era para os seus criticos outra cousa que un retorno progresivo ao capitalismo , o que xustificaba segundo este razoamento a intervencion militar. Os criticos da Union Sovietica falaban a sua vez de social - imperialismo .

O Bloque do Leste disolveuse polo colapso dos diferentes estados socialistas que o formaban, case todos os cales deixaron directamente de existir. O golpe definitivo foi a disolucion da Union de Republicas Socialistas Sovieticas mesma, bastion politico e militar do Bloque, a fins de 1991 .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]