한국   대만   중국   일본 
Bieito IX, papa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Bieito IX, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBieito IX, papa

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento Teofilatto
Roma Editar o valor em Wikidata
Morte c.   1055 Editar o valor em Wikidata
Grottaferrata (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Cathedral of Grottaferrata (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
150º Papa
novembro de 1047 (Gregoriano)  ? xullo de 1048 (Gregoriano)
←  Clemente II ? Damaso II  →
147º Papa
abril de 1045 (Gregoriano)  ? maio de 1045 (Gregoriano)
←  Silvestre III ? Gregorio VI  →
145º Papa
outubro de 1032 (Gregoriano)  ? setembro de 1044 (Gregoriano)
←  Xoan XIX ? Silvestre III  → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Relixion Igrexa catolica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Ocupacion sacerdote catolico , escritor Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua latina Editar o valor em Wikidata
Outro
Titulo Conde Editar o valor em Wikidata
Pais Alberico III de Tusculo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Emmelina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Peter, Duke of the Romans (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1304920 WikiTree: Tusculum-2 Find a Grave: 9604626 Editar o valor em Wikidata

Bieito IX (de nome Teofilacto , nome orixinal Teofilatto ; Theophylactus en latin), nado en Roma en 1012 ou 1021 e finado en Grottaferrata , Estados Pontificios (Italia), en 1055 , foi o papa nº 145, 147 e 150 da Igrexa catolica de 1032 a 1044 nun primeiro periodo; de abril a maio de 1045 nun segundo periodo e de 1047 a 1048 nun terceiro periodo.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Da dinastia dos Teofilactos que lle deu seis papas a cristiandade, foi sobrino dos papas Xoan XIX e Bieito VIII e descendente de Xoan XI , Xoan XII e Xoan XIII . Elixido sumo pontifice con pouca idade, ainda que parece unha lenda ou un erro historico supor que tina 12 anos ao empezar a ser papa, cando quizais contaba xa con 20 ou 25 anos. [ 1 ]

Primeiro periodo (1032-1044) [ editar | editar a fonte ]

O 21 de outubro de 1032 foi elixido sumo pontifice. Segundo Rodolfus Glaber , seria papa con 12 anos, [ 2 ] un dato que hoxe se consideraria un erro que non corresponderia a realidade. [ 3 ] Chega a cadeira pontificia grazas a que o seu pai, o Conde Alberico III , que era o verdadeiro dono de Roma, suborna a Curia e consegue para o seu fillo tan prezado posto. En 1037 viaxou para atoparse co Emperador Conrado II e excomungou a Heriberto Arcebispo de Milan , con quen Conrado II tina unha antiga inimizade. A morte do Emperador Conrado II, privara ao Papa Bieito IX do seu principal apoio. Finalmente un capitan romano, Gerardo dei Sasso expulsouno de Roma e puxo no seu lugar ao Bispo de Sabinia .

Segundo periodo (abril a maio de 1045) [ editar | editar a fonte ]

Expulsou a forza a Silvestre III e foi reelecto o 10 de abril de 1045 , pero en maio, abdicou ao vender, co proposito de casar, o seu cargo pontificio por 1500 libras de ouro ao Arcipreste Xoan de Graciano, futuro papa papa|Gregorio VI . Bieito IX abandona Roma.

En 1046 xunto a Silvestre III quixo derrocar ao papa Gregorio VI , pero o rei aleman Henrique III viaxou ate ali e organizou o Concilio de Sutri que o 20 de decembro o expulsou de Roma.

Terceiro periodo (novembro de 1047 a xullo de 1048) [ editar | editar a fonte ]

Bieito atacou Roma e foi aceptado polo clero e o pobo para evitar tumultos e derramamentos de sangue para ser elixido por terceira vez o 8 de novembro de 1047 . Con todo non o aceptaron os Crescencios, inimigos historicos dos Condes. Entre as duas familias estalou unha guerra desapiadada. Bieito convocou varios Sinodos, en Spello , en Roma e en Marsella . Expulsado e excomungado o 17 de xullo de 1048, despois de oito meses polos Consellos de San Bartolomeu. Nunca cesou de loitar por reconquistar o Papado. Mais adiante fixose monxe de San Basilio en Grottaferrata onde morreu o 18 de setembro de 1055.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Cf. Benedetto IX na Enciclopedia dei Papi (en italiano)
  2. Cf. Hist., IV, 5, n. 17; V, 5, n. 26.
  3. Segundo a Enciclopedia Catolica , Bieito IX tina ao redor de 20 anos de idade ao empezar a ser papa [1] .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre Papas e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.