한국   대만   중국   일본 
Bibliotecario, bibliotecaria - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Bibliotecario, bibliotecaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O bibliotecario, cuadro de Arcimboldo ( c. 1557)

Un bibliotecario e unha persoa que desenvolve procedementos para organizar a informacion, asi como ofrecer servizos para axudar e instruir as persoas nas maneiras mais eficientes para identificar e acceder a informacion que necesiten, nos seus diferentes formatos ( artigo , libro , revista , disco compacto , videogravacion , arquivo dixital etc). O seu rol transformouse co tempo; pasaron de ser meros custodios das coleccions de libros a ser intermediarios entre os usuarios que requiren satisfacer algunha necesidade de informacion e as coleccions de informacion (en diversos formatos) que lles son confiadas.

Os bibliotecarios son profesionais que se forman a traves das carreiras universitarias: A diplomatura en Biblioteconomia e Documentacion e/o a Licenciatura en Documentacion . Hai que sinalar que este e o caso espanol, asi a todo cada pais posue os seus niveis formativos propios. En calquera caso, durante a sua formacion, os bibliotecarios aprenden a analizar as necesidades de informacion que poidan ter os usuarios deste tipo de centros, amais de usar unha gran variedade de recursos informativos para satisfacer estas necesidades.

As tarefas dos bibliotecarios son multiples: adquisicion de novos materiais, catalogacion e clasificacion dos mesmos, desenvolvemento das coleccions, descarte de materiais obsoletos, establecemento de politicas ou normas de funcionamento dos centros de informacion ou bibliotecas onde traballan, conducion de entrevistas de referencia, contratacion de servizos e subscricion a revistas impresas ou electronicas, investigacion.

Os bibliotecarios traballan en distintos ambitos: bibliotecas publicas comunitarias, bibliotecas de institucions educativas (publicas ou privadas), e bibliotecas especiais, entre as cales estan as bibliotecas exteriores das empresas, e as bibliotecas especializadas, por exemplo nun instituto de investigacion.

Por outra parte, o Bibliotecario e un dos personaxes do Mundodisco de Terry Pratchett . O Bibliotecario da Universidade Invisible e un xigantesco simio , que quedou asi por un feitizo . Non quere ser transformado de novo en humano , porque en forma de simio ten moi poucas preocupacions. O Bibliotecario ofendese se lle chaman " mono ".

Asociacions [ editar | editar a fonte ]