한국   대만   중국   일본 
Benigno Andrade Garcia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Benigno Andrade Garcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBenigno Andrade Garcia

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 22 de outubro de 1908 Editar o valor em Wikidata
As Foucellas, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 7 de agosto de 1952 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
A Coruna, Espana Editar o valor em Wikidata
Causa da morte pena de morte , garrote Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Ideoloxia politica Anarquismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion anarcosindicalista , mineiro , guerreiro , sindicalista , politico Editar o valor em Wikidata
Membro de
Lingua Lingua castela e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
Conxuxe Maria Perez Mellid
Fillos Pepina (1936) e Sergio (1939) [ 1 ]


Benigno Andrade Garcia , alcumado o Foucellas , nado o 22 de outubro do 1908 nas Foucellas ( Cabrui , Mesia ) e agarrotado o 7 de agosto de 1952 no carcere da Coruna , foi un militante da CNT [ 2 ] e guerrilleiro antifranquista .

Viviu 16 anos fuxido ata que foi detido no lugar da Costa ( Oza-Cesuras ) nun enfrontamento coa Garda Civil. Benigno Andrade e un dos nomes miticos do antifranquismo armado en Galicia . [ 3 ] Foi condenado en consello de guerra sumarisimo a tres penas de morte "como o maior criminal dos ultimos anos", segundo recolle a sentenza. Enviou unha carta pregando clemencia a filla de Franco , Carmen , quen respondeu dicindo non poder "meterse en asuntos politicos".

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

As Foucellas, Mesia

Nacido no lugar das Foucellas , do que tomou o alcume, na parroquia de Cabrui , Mesia . Fillo de Andres Andrade Lata e Francisca Garcia Paz, casada en segundas nupcias, quen xa tina un fillo. Foucellas tina dous irmans: Consuelo (falecida antes de 1952) e Jose Couceiro Garcia (residente dende 1952 na Arxentina).

Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou no campo de xornaleiro e nunha leiteria. [ 4 ] Trasladouse a Leon para traballar nas minas de carbon de Fabero, Ponferrada . En 1934 foi vivir a Curtis coa sua nai e traballar na madeireira Torres de Curtis en xullo de 1936 . Segundo descricion da Garda Civil, Foucellas media 1,67 metros de estatura, tina o pelo negro, ollos marrons, boca regular, barba pechada, cara alongada e nariz regular. Estaba casado con Maria Perez Mellid, de nacionalidade espanola e arxentina e nada no pais americano, con quen tivo catro fillos, Pepina, Sergio, Benigno e Carmen. Os dous ultimos foron criados por Maria Novo Garcia, curma del, en Ru , Vilasantar . [ 5 ]

A familia vivia en Bodeus , fronte a estacion de ferrocarril. A muller traballaba na casa do medico da localidade, Manuel Calvelo , quen xunto coa sua muller Isabel Rios en 1934 dirixian a celula comunista de Curtis , a Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis, coa que simpatizaba Foucellas. A sua irma Consuelo traballaba no cuartel da Garda Civil.

Posteriormente afiliado a CNT, ao estalar a Guerra civil espanola enrolouse nunha columna que se dirixia a Coruna . Atoparon a cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en Fisteus e noutra de dinamita na estacion de Teixeiro . Ao temer represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de difteria e pasouna escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado profugo.

Xa recuperado, ainda non buscado activamente pola Garda Civil , puxose a fronte, contra 1941 , dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de Sobrado dos Monxes e Arzua , formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallons de castigo disciplinario que existian daquela en Galicia . O 15 de marzo de 1945 foi asasinado o cabo da Garda Civil Manuel Lopez Bello en Curtis. Dias despois, Foucellas resultou ferido coa sua propia arma indo a cabalo. Os amigos levarono ao sanatorio de San Nicolas da Coruna, onde foi operado e resgardado. Contase que nesta altura ia a Riazor ver o Deportivo vestido de crego para evitar sospeitas.

Benigno Andrade participou do Exercito Guerrilleiro de Galicia . En 1947 partiu a Pontevedra para organizar a V Agrupacion, [ 2 ] da que foi o principal combatente. Procesado na causa 262/48 por agresion a forza armada e homicidio, foi reclamado polo Xulgado Militar Eventual numero 2 de Santiago de Compostela xunto con Jose Remuinan Barreiro en xuno de 1948 . [ 6 ] En outubro de 1949 escapa a unha emboscada da Garda Civil tendida a Riqueche , xefe do Destacamento Arturo Cortizas .

A sua familia sufriu o acoso das autoridades. A sua muller e a sua tia foron encadeadas logo de atoparselles unha carta de Benigno. Cando morreu a sua muller, desterrada en Valladolid , a filla tina 12 anos e vivia soa en Curtis. Pepina viaxou soa no tren a Coruna e foi ver a Fernando Hierro, o gobernador civil, para suplicarlle que a Garda Civil deixase de acosala. [ 7 ] Con 16 anos, trala morte da sua avoa, exiliouse en Paris.

Mauser do Foucellas modelo 1910 e calibre 7, no Museo Militar da Coruna

Nos anos 1950 e 51 , xa moi minguados os destacamentos guerrilleiros , trasladouse a zona de Betanzos , con Manuel Vilar Arnoso , Manolito , quen lle servia de unico enlace. O 9 de marzo de 1952 foi detido no lugar da Costa , en Oza dos Rios . Manolito e outro guerrilleiro, e o garda civil Cesareo Diez resultaron mortos. Benigno ficou ferido nunha perna.

Foi levado ao cuartel da Garda Civil en Betanzos. Baixo tortura confesou a axuda que lle prestaran moitos alcaldes dereitistas da zona. Foi xulgado en consello de guerra o 26 de xuno de 1952 e condenado a morte. A sentenza executouse o 7 de agosto na prision da Coruna mediante garrote vil . Foi soterrado nunha fosa comun do cemiterio de Santo Amaro da Coruna .

As ultimas palabras aos seus fillos foron:

Morro polas minas ideas e por defender a liberdade e un goberno lexitimamente elixido.
O Foucellas [ 8 ]

A muller do Foucellas foi separada dos seus fillos, morreu nun hospital de Valladolid . A sua filla quedou a cargo dunha avoa pobre que non se podia facer cargo do fillo o cal tivo que ir vivir con outro familiar. Pepina con 12 anos facia traballos de costura polas casas cobrando 10 pesetas e a comida. Trala morte da sua avoa en 1957 marchou a Francia con 6.000 pesetas deixadas por un tio seu. Non volveria a Galiza ata 32 anos despois. [ 9 ] Esta casada e vive en Alacant .

A vida de Benigno Andrade esta escurecida pola lenda forxada polo pobo, que lle atribuiu toda clase de actos, ate o extremo de que os guerrilleiros galegos foron chamados "Foucellas" en xeral. Atribuironselle multitude de actuacions, ainda que e certo que moitos bandoleiros e delincuentes comuns culpaban ao Foucellas dos seus propios crimes, debido a sua gran fama.

Non foi oficialmente reconecido como loitador ou guerrilleiro ata 1992 coa inauguracion do Museo Militar Rexional da Coruna , onde se expon o seu fusil.

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Lui Costas (25 de outubro de 2008). "Memoria viva de Foucellas" . La Opinion de A Coruna .  
  2. 2,0 2,1 Maiz 1988 , p. 166.
  3. Redondo 2006 .
  4. "O Foucellas, guerrilleiro e mito popular" . Vieiros . 14 de agosto de 2002.  
  5. "Memorial democratico [ANDRADE]" . La Historia en la memoria (en castelan ) . 28 de abril de 2014.  
  6. El Correo Gallego , 17-6-1948, p. 2.
  7. "Homenaje al mito guerrillero" . El Pais (en castelan ) . 23 de outubro de 2008.  
  8. Rivera Rey, Alberto. "Foucellas, o mito que se apagou hai 60 anos" . Consultado o 29 de xullo de 2013 .  
  9. "Acto en Ordes recordando a Ponte y a Foucellas" . Franquismo (en castelan ) . 30 de outubro de 2008.  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]