한국   대만   중국   일본 
Ben de Interese Cultural - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ben de Interese Cultural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O castelo do Castro de Ouro e un BIC situado no concello de Alfoz .

A declaracion legal denominada Ben de Interese Cultural ( BIC ) e unha figura de proteccion dos bens culturais en Espana , establecida na Lei 16/1985, de 25 de xuno, do Patrimonio Historico Espanol .

Historia e caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Posteriormente esta figura de maximo rango foi asumida paulatinamente pola lexislacion das Comunidades Autonomas , entidades que participan na incoacion de expedientes e estudos, coa supervision do Ministerio de Cultura para a declaracion definitiva.

A competencia para declarar BIC tenena as comunidades autonomas desde 1991 . Nalgunhas como en Cataluna ou o Pais Vasco o nome varia ( Ben Cultural de Interese Nacional en Cataluna e Bens Cualificados no Pais Vasco), pero o proceso de declaracion ven ser o mesmo.

En Galicia os bens mobles poden selo de forma individual ou ben como coleccion. A declaracion dos bens inmobles atende as seguintes clases: monumento, conxunto historico, xardin historico, sitio ou territorio historico, zona arqueoloxica, lugar de interese etnografico e zona paleontoloxica. [ 1 ]

Categorias [ editar | editar a fonte ]

A Lei preve as seguintes categorias para a declaracion dun Ben de Interese Cultural:

Bens inmobles [ editar | editar a fonte ]

Son considerados bens inmobles:

os que recolle o artigo 334 do Codigo Civil, [ 2 ] e cantos elementos poidan considerarse consustanciais cos edificios e formen parte dos mesmos ou da sua contorna ou o formaron, ainda que no caso de poder ser separados constituan un todo perfecto de facil aplicacion a outras construcions ou a usos distintos do seu orixinal
(Lei 16/1985, art. 14.1).

Monumento historico [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Monumento historico .

Son aqueles bens inmobles que constituen realizacions arquitectonicas ou de enxenaria , ou obras de escultura colosal, sempre que tenan interese historico, artistico, cientifico ou social.

Xardin historico [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Xardin historico .

E o espazo delimitado, produto da ordenacion polo home de elementos naturais, as veces complementado con estruturas de fabrica, e estimado de interese en funcion da sua orixe ou pasado historico, ou dos seus valores esteticos, sensoriais ou botanicos.

Conxunto historico [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Conxunto historico .

E a agrupacion de inmobles que forman unha unidade de asentamento , continua ou dispersa, condicionada por unha estrutura fisica representativa da evolucion dunha comunidade humana por ser testemuno da sua cultura ou constituir un valor de uso e goce para a colectividade . Asi mesmo e Conxunto Historico calquera nucleo individualizado de inmobles comprendidos nunha unidade superior de poboacion que reuna esas mesmas caracteristicas e poida ser claramente delimitado.

Sitio historico [ editar | editar a fonte ]

Denominase sitio historico ao lugar ou paraxe natural, vinculado a acontecementos ou recordos do pasado, a tradicions populares , creacions culturais ou da natureza, e a obras do home, que posuen valor historico, etnoloxico, paleontoloxico ou antropoloxico.

Zona arqueoloxica [ editar | editar a fonte ]

E o lugar ou paraxe natural onde existen bens mobles ou inmobles susceptibles de ser estudados con metodoloxia arqueoloxica, fosen ou non extraidos e tanto se se atopan na superficie, no subsolo ou baixo as augas espanolas.

Lugares de interese etnoloxico [ editar | editar a fonte ]

Denominase lugar de interese etnoloxico aos bens inmobles, as paraxes, conxuntos arquitectonicos, construcions ou instalacions, e espazos que alberguen ou constituan, alberguen ou constituan, exponentes de formas de vida, actividades, modos de producion, vivenda, sociabilidade e outras manifestacions da cultura do pobo.

Bens mobles [ editar | editar a fonte ]

Consideranse bens mobles: [ 3 ]

os susceptibles de apropiacion que non sexan considerados inmobles, e en xeral todos os que se poidan transportar dun punto a outro sen menoscabo da cousa inmoble a que estean unidos.
(Codigo Civil, artigo 335)

Patrimonio etnografico [ editar | editar a fonte ]

Forman parte do Patrimonio etnografico aqueles bens mobles e inmobles e os conecementos e actividades que son ou foron expresion relevante da cultura tradicional do pobo espanol nos seus aspectos materiais, sociais ou espirituais.

Patrimonio documental e bibliografico [ editar | editar a fonte ]

Integrano os documentos reunidos ou non en arquivos e bibliotecas, asi como estes arquivos e bibliotecas, que cumpran cos requisitos que determina a lei 16/1985 no seu titulo VII.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Relacion de Bens de Interese Cultural de Galicia" Xunta de Galicia, 1/10/2012.
  2. Son bens inmobles:
    1. As terras, edificios, caminos e construcions de todo xenero adheridas ao chan.
    2. As arbores e plantas e os froitos pendentes, mentres estiveren unidos a terra ou formaren parte integrante dun inmoble.
    3. Todo o que estea unido a un inmoble dunha maneira fixa, de xeito que non poida separarse del sen quebrantamento da materia ou deterioracion do obxecto.
    4. As estatuas, relevos, pinturas ou outros obxectos de uso ou ornamentacion, colocados en edificios ou herdades polo dono do inmoble en tal forma que revele o proposito de unilos dun modo permanente ao fundo.
    5. As maquinas, vasos, instrumentos ou utensilios destinados polo propietario da leira a industria ou explotacion que se realice nun edificio ou herdade, e que directamente concorran a satisfacer as necesidades da explotacion mesma.
    6. Os viveiros de animais, pombais, colmeas, estanques de peces ou criadeiros analogos, cando o propietario os colocou ou os conserve co proposito de mantelos unidos a leira, e formando parte dela dun modo permanente.
    7. Os abonos destinados ao cultivo dunha herdade, que estean nas terras onde haxan de utilizarse.
    8. As minas, canteiras e escoriais, mentres a sua materia permanece unida ao xacemento e as augas vivas ou estancadas.
    9. Os diques e construcions que, ainda cando sexan flotantes, estean destinados polo seu obxecto e condicions a permanecer nun punto fixo dun rio, lago ou costa.
    10. As concesions administrativas de obras publicas e as servidumes e demais dereitos reais sobre bens inmobles.
  3. "REAL DECRETO 111/1986, de 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da Lei 16/1985, de 25 de xuno, do Patrimonio Historico Espanol" (PDF) . Boletin Oficial do Estado (24): 12534. 28 de xaneiro de 1986. ISSN   0212-033X .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]