한국   대만   중국   일본 
Bandeira de Dinamarca - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Bandeira de Dinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Dinamarca
Bandeira de Dinamarca
Caracteristicas
Uso
Proporcion 28:37
Adopcion seculo XIV
Cores        Vermello        Branco

A Dannebrog ou bandeira de Dinamarca consiste dun pano de cor vermella cunha cruz nordica branca. As bandeiras de Suecia , Noruega , Finlandia e Islandia estan baseadas nela. Consideraselle a bandeira nacional oficial mais antiga do mundo.

Historia [ editar | editar a fonte ]

A Dannebrog no ar

A bandeira dinamarquesa e chamada Dannebrog ≪a bandeira dos dinamarqueses≫ ou ≪bandeira vermella≫. Aparece documentada nun texto dinamarques do ano 1478 e nunha obra holandesa datada cen anos antes. Neste libro, un tratado de heraldica holandes, (Gelre), de 1370-1386, aparece a representacion dunha bandeira vermella cunha cruz branca entre as armas reais do rei Valdemar IV Atterdag .

Segundo unha lenda relatada na cronica danesa de Christiern Pedersen cara ao ano 1520 , segundo o franciscano Peder Olsen, no ano 1527 , Dannebrog baixou do ceo durante unha batalla en Estonia . O franciscano Peder Olsen relaciona o feito cunha batalla que tivo lugar o ano 1219 .

A tradicion sosten que a bandeira apareceu na area de Lyndanisse o 15 de xuno de 1219 . Probablemente, esta lenda xurdiu ao redor do ano 1500 a partir do episodio no que que o rei Hans perdeu a bandeira nunha derrota en Ditmarsken, no norte de Alemana . Seguramente a perda desta bandeira deu lugar a este relato mitico no que a Dannebrog recuperariase ao caeres do ceo. O que si esta constatado foi que o rei Frederico II de Dinamarca ordenou empregar esta bandeira en 1559 e fixoa colgar na catedral de Schleswig , na actual Alemana .

Nunha cantiga do ano 1500 a bandeira vencellase a bandeira en forma de cruz co sono sobre a cruz que tivo o emperador romano Constantino no ano 312 , antes da batalla pola que se converteu no unico emperador romano e, segundo conta a tradicion, converteuse ao cristianismo . Esta vision da cruz coa que se relacionan as palabras "in hoc signo vinces" (≪baixo este signo venceras≫), signo vencellado cos milagres nos que supostamente aparece unha cruz no ceo, que, especialmente na Peninsula Iberica , estiveron vencellados coas batallas mantidas entre cristians e infieis.

A Orde portuguesa de Cristo, que se constituiu durante unha cruzada contra os musulmans no ano 1318 , empregou unha cruz branca pate , provista dunha orla vermella.

Dende o ano 1591 , Cristian IV acunou unha moeda na que figuraba unha cruz, baseandose nunha usada naquel momento en Portugal . A cruz que aparecia nesta moeda pronto foi considerada como a cruz de Dannebrog. En 1603 engadiuse o aforismo constantiniano, que aparece citado nunha cronica obra de Arild Huitfeldt na que, de novo, se relaciona coa suposta aparicion de Constantino e a lenda da caida do ceo da propia Dannebrog .

Bandeiras relacionadas [ editar | editar a fonte ]

Splitflag - Bandeira do Estado. Proporcion: 56:107
Orlogsflag - Bandeira da Armada . Proporcion: 56:107

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]