Banc Sabadell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede do Banc Sabadell

O Banc Sabadell e unha entidade bancaria espanola, con sede na cidade de Alacant . Fundado en 1881 , actualmente [ cando? ] esta considerado o cuarto grupo bancario de Espana . Cotiza na Bolsa de Madrid (SAB) e forma parte do indice IBEX 35 .

Marcas comerciais [ editar | editar a fonte ]

A sua rede comercial alcanzou en outubro de 2007 as 1 196 oficinas pertencentes a diversas marcas baixo as que opera a entidade:

  • Sabadell Atlantico , marca principal do grupo con implantacion en gran parte de Espana.
  • Solbank , marca especializada no negocio de estranxeiros residentes en Espana.
  • Banco Herrero , implantada en Asturias e Leon .
  • Banco Urquijo , orientada a banca privada.
  • Activobank , marca multicanal especializada na xestion de activos e investimentos.

SabadellGallego [ editar | editar a fonte ]

SabadellGallego e a marca coa que opera Banco Sabadell en Galiza trala adquisicion do Banco Gallego por parte do Banco Sabadell. O SabadellGallego adicase a banca comercial para particulares e empresas.

O 17 de abril do 2013 , Banco Sabadell adquiriu o Banco Gallego o FROB . [ 1 ]

O 28 de outubro do 2013 , culminou o proceso de compra, [ 2 ] e ese mesmo dia puxose en marcha a marca comercial SabadellGallego.

O 21 de novembro do 2013 , o consello de administracion do Banco Sabadell aprobou a fusion por absorcion do Banco Gallego. [ 3 ]

Entre o 14 e o 16 de marzo do 2014 , produciuse a plena integracion do Banco Gallego no Banco Sabadell coa unificacion dos sistemas operativos e tecnoloxicos e o cambio da marca. As oficinas do Banco Gallego en Galiza, que foron renomeadas coa marca SabadellGallego, integraronse a plataforma tecnoloxica do grupo Banco Sabadell. Por outra banda, as 28 oficinas do banco que ainda operaban coa marca de SabadellAtlantico na comunidade galega pasaron a denominarse SabadellGallego. A rede do Banco Gallego localizada fora de Galiza integrouse coa marca SabadellAtlantico , [ 4 ] agas nas provincias onde operaba coas marcas SabadellHerrero ou SabadellGuipuzcoano , onde adquiriron devanditas denominacions.

En xullo do 2015 , anunciouse que Banco Sabadell decidira unificar as suas marcas territoriais baixo o nome 'Sabadell'. En agosto, comezarian a desenvolverse as modificacions de rotulacion nas oficinas coas marcas SabadellAtlantico e SabadellCAM . SabadellHerrero , SabadellGuipuzcoano e SabadellGallego pasaran a adoptar tamen a nova denominacion no futuro. SabadellUrquijo e SabadellSolbank mantenranse. [ 5 ] Desta modificacion non se sabe ainda nada a dia de hoxe [ cando? ] , xa que a marca SabadellGallego segue a operar con normalidade.

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]