한국   대만   중국   일본 
Baltimore Orioles - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Baltimore Orioles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baltimore Orioles
Fundado en 1901
En Baltimore desde 1954
Logo
Afiliacions de Grandes Ligas
Uniforme actual
Dorsais retirados 4, 5, 8, 20, 22, 33, 42
Cores
  • Laranxa, negro, gris, branco                    
Nome
  • Baltimore Orioles (1954?presente)
  • St. Louis Browns (1902?1953)
  • Milwaukee Brewers (1901)
Alcumes
  • The O's, The Birds, Birdland
Estadio
Titulos das Grandes Ligas
Series Mundiais (3) 1966, 1970, 1983
American League (7) 1944, 1966, 1969, 1970, 1971, 1979, 1983
Division Leste (9) 1969, 1970, 1971, 1973, 1974, 1979, 1983, 1997, 2014
Wild card (3) 1996, 2012, 2016
Administracion
Dono(s) Peter Angelos
Adestrador Brandon Hyde
Director xeral Mike Elias

Os Baltimore Orioles son un equipo profesional estadounidense de beisbol con sede na cidade de Baltimore , Maryland . O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divison Leste da American League (AL). Os Orioles foron en 1901 unha das oito franquias fundadoras da American League co nome de Milwaukee Brewers, para trasladarse posteriormente a St. Louis onde recibiron o nome de St. Louis Browns. Tras cincuenta e dous anos en Missouri , a franquia foi comprada en 1953 un grupo de homes de negocios de Baltimore liderados por Clarence Miles. O equipo moveuse oficialmente a Baltimore en 1954 e adopaou o nome historico nome de "Orioles" na honra do paxaro oficial do estado de Maryland: o ouriolo ou vichelocrego . [ 1 ]

Os maiores exitos do equipo sucederon entre 1966 e 1983, epoca na que conseguiron disputar seis Series Mundiais , ganando tres delas (1966, 1970 e 1983). Nesta era pasaron polo club moitos xogadores que posteriormente conseguiron entrar no Salon da Fama do beisbol como membros do equipo, destacando o terceira base Brooks Robinson, o exterior Frank Robinson, o pitcher Jim Palmer, o primeira base Eddie Murray, o shortstop Cal Ripken Jr. e o adestrador Earl Weaver. En toda a sua historia os Orioles conseguiron ganar, alen das tres Series Mundiais, nove titulos de division (1969?1971, 1973?1974, 1979, 1983, 1997, 2014) e seis titulos da Liga Americana (1966, 1969?1971, 1979, 1983). Os Orioles tamen son conecidos polo seu influente parque de beisbol, o Oriole Park at Camden Yards , o cal sentou en 1992 un precedente dun novo estilo arquitectonico nos estadios das Grandes Ligas. [ 2 ] [ 3 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

Primeiros anos [ editar | editar a fonte ]

A franquia dos Orioles pode remontar as suas raices aos Milwaukee Brewers orixinais da Western League das ligas menores . No ano 1900 esta competicion retirouse do Acordo Nacional de beisbol (o entendemento formal entre a Liga Nacional e as ligas menores), adoptou o nome o de Liga Americana e, Dous meses despois, autoproclamouse liga maior. Isto produciu unha gran serie de mudanzas na competicion e nos seus equipos, sendo os Brewers, xunto cos Detroit Tigers , unha das unicas duas franquias que non se trasladaron ou foron expulsadas da mesma. No seu primeiro partido na Liga Americana, o equipo perdeu ante os Tigers por 14-13 despois de desperdiciar unha vantaxe de nove carreiras na novena entrada. [ 4 ] Neste primeiro ano, o equipo disputou os seus xogos no Lloyd Street Grounds.

Apos un ano en Milwaukee , o club trasladouse a St. Louis , Missouri , onde adoptaron o nome de St. Louis Browns. Durante a decada de 1920 o equipo gozou de relativo exito da man primeira base George Sisler. Poren, a partir de enton o club declinou, perdendo popularidade ante o outro equipo da cidade, os St. Louis Cardinals , equipo co que compartian estadio, o Sportsman's Park. O maior exito da franquia en St. Luois chegou en 1944 cando conseguiron ganar o seu unico titulo da Liga Americana. Poren, nunha temporada na que houbo falta de xogadores por mor da segunda guerra mundial , perderon nas Series Mundiais ante os propios Cardinals. Este serie foi a terceira e ultima da historia en terse xogado enteira no mesmo estadio. En 1953 o equipo non podia permitirse nin o mantemento do estadio, polo que o dono Bill Veeck vendeullo aos Cardinals e tentou levar de volta o equipo a Milwaukee. Con todo, o resto de propietarios de equipos da liga negaronse, facendo que Veeck vendese o equipo a asociacion de empresarios Miles-Krieger-Hoffberger de Baltimore , Maryland .

Traslado a Baltimore [ editar | editar a fonte ]

Ao pouco tempo de facerse co control da franquia o grupo Miles-Krieger-Hoffberger rebautizou ao equipo como Baltimore Orioles . Este nome xa tina tradicion na cidade. Por un lado, fora empregado por un equipo da Liga Nacional na decada de 1890 . Por outro lado, en 1901 a cidade de Baltimore obtivera unha franquia de expansion na nova Liga Americana tamen co nome de Orioles. Asi, o equipo debutaria co seu novo novo nome en 1954 con dous xogos contra os Tigers en Detroit . O debut na casa chegou o 15 de abril , sendo recibidos cun desfile polas ruas do centro da cidade ante uns 350.000 espectadores durante todo o percorrido. Xa no Memorial Stadium, o equipo debutou cunha vitoria por 3?1 ante os Chicago White Sox diante de 46.354 espectadores. Poren, o resto da tempada non seria tan agradabel, perdendo o equipo 100 xogos, evitando o ultimo lugar por tan so tres.

Durante os seguintes anos o club foi creando o que se chamou posteriormente o "Oriole Way" (do ingles : Camino dos Orioles ), un sistema coordinado entre todos os equipos do ambito do club, favorecendo a incorporacion e adaptacion dos equipos de canteira das ligas menores ao primeiro equipo. O artifice deste xeito de xestionar o equipo foi o adestrador e director xeral Paul Richards. E ncanto ao rendemento en grandes ligas, durante o restante da decada de 1950 , o mais destacabel foi o quinto posto obtido na Liga Americana en 1957 con 76 vitorias por 76 derrotas (76?76). Durante estes anos foron chegando ao equipo novos xogadores que ian ser fundamentais como Dave Nicholson, Pete Ward, Ron Hansen (mellor debutante da Liga Americana de 1960), Milt Pappas, Jerry Adair, Steve Barber (20 vitorias en 1963), Boog Powell, Dave McNally e Brooks Robinson.

Anos de gloria [ editar | editar a fonte ]

Na decada de 1960 o sistema de granxa (canteira) dos Orioles produciu un gran numero de xogadores e adestradores de alto nivel que levaron ao equipo a duas decadas de exito deportivo. Este periodo abarcou dezaoito tempordas consecutivas con mais vitorias que derrotas (1968?1985). Os anos de gloria comezaron o 9 de decembro de 1965 co traspaso do pitcher Milt Pappas aos Cincinnati Reds en troques do futuro membro do Salon da Fama Frank Robinson. Na sua primeira temporada como Oriole, Robinson consegue ser o lider da liga en media de bateo (.316), home runs (49) e carreiras impulsadas (122), ganando o MVP e a Tripla Crown. [ 5 ] Coa colaboracion de Robinson, os Orioles conseguen ganar as suas primeiras Series Mundiais apos vencer a Los Angeles Dodgers por 4?0. Despois dunha mediocre temporada de 1967, Hank Bauer seria substituido por Earl Weaver. En 1968 os Orioles acabarian segundos na Liga Americana, o que so seria un preludio de 1969, cando os Orioles ganaron 109 xogos e o recentemente creado titulo de division da Liga Americana. Esa temporada Mike Cuellar compartiu o Premio Cy Young con Denny McLain dos Tigers e o equipo conseguiu vencer facilmente aos Minnesota Twins na Serie de Campionato da Liga Americana (ALCS). Poren, o equipo non consegue ganar as Series Mundiais ao perder contra os " Miracle Mets " en cinco xogos (1?4). Na seguinte temporada Boog Powell ganou o MVP e os Orioles conseguen outra gran marca con 108 xogos ganados. Despois de ganar con facilidade de novo aos Twins unha vez mais na ALCS, os Orioles ganaron as suas segundas Series Mundiais ao derrotar aos Cincinnati Reds da "Big Red Machine" en cinco xogos (4?1).

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Baltimore Orioles" . Team Name Origin (en ingles) .  
  2. Kamin, Blair. "Camden Yards paved a retro revolution ? and influenced Wrigley Field's renovations" . Chicago Tribune .  
  3. Weigel, Brandon. "A More Complex Legacy: Oriole Park is known as "the ballpark that forever changed baseball," and its impact may well extend to local governing" . Baltimore City Paper . Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2019 . Consultado o 21 de marzo de 2020 .  
  4. "Events of Thursday, April 25, 1901" . Retrosheet .  
  5. "Frank Robinson" . Baseball Reference .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]