한국   대만   중국   일본 
Baia de Guantanamo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Baia de Guantanamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da Baia de Guantanamo amosando os limites aproximados da base naval estadounidense.

A Baia de Guantanamo e un enclave na illa de Cuba controlado polos Estados Unidos de America . Localizase o extremo sueste de Cuba, na provincia de Guantanamo nas coordenadas 19.54.42.95 N 75.09.11.75 O e conten unha base naval estadounidense de aproximadamente 116 km² , ben conecida na actualidade polo seu campo de detencion militar para prisioneiros supostamente vencellados o grupo terrorismo Al Qaida .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Base Naval da Baia de Guantanamo .

A Estacion Naval na Baia de Guantanamo estableceuse en 1898 , cando Estados Unidos obtivo o control de Cuba por parte de Espana o final da guerra hispano-estadounidense , seguindo coa invasion da Baia de Guantanamo en 1898 . O goberno dos Estados Unidos obtivo unha concesion perpetua que comezou o 23 de febreiro de 1903 , outorgada por Tomas Estrada Palma , primeiro presidente da Republica de Cuba.

O recentemente formado protectorado estadounidense incorporou a emenda Platt na Constitucion cubana. O tratado cubano-estadounidense establecia, entre outras cousas, que Estados Unidos teria completo control e xurisdicion sobre a baia de Guantanamo, con propositos de operar estacions navais e de embarque, mentres que reconecia que a Republica de Cuba mantina a sua soberania.

En 1905 houbo un requirimento de ocupacion de Cuba durante 3 anos debido en parte a emenda Platt . Un tratado de 1934 reafirmou o dereito de paso a Cuba e os seus socios comerciais a traves da baia, modificando o pago anual dunha renda de 2000 dolares en moedas de ouro , o valor equivalente en 1934 de 4085 dolares estadounidenses do Tesouro (U.S. Treasury Dollars) , e agregou o requirimento de que a terminacion desta renda requiriria o consentimento de ambos gobernos, ou o abandono da propiedade polos Estados Unidos. En 1961 , remata a relacion entre os Estados Unidos e Cuba, tras a Revolucion Cubana .

Na actualidade a base Gitmo en Guantanamo e a unica base estadounidense en operacion nun pais socialista. Desde a chegada o poder de Fidel Castro soamente cobrou unha renda de alugueiro, mentres que firmemente rexeita cobrar a calquera outro goberno, xa que ve esta base como ilexitima. Ainda que non existen relacions diplomaticas entre os Estados Unidos e Cuba, [ Compre referencia ] Estados Unidos accedeu a mandar de regreso a fuxitivos da lei cubana a autoridades de Cuba, e Cuba pola sua parte accedeu a regresar aos Estados Unidos a fuxitivos da lei estadounidense que cometesen delitos en Guantanamo.

O control deste territorio cubano nunca foi popular entre os cubanos. O goberno de Cuba denunciou constantemente que o artigo 52 da Convencion de Viena de 1969 , declara unha abolicion dun tratado se se conclue que se empregara a forza ou intervencion, neste caso a inclusion da Emenda Platt na constitucion cubana. Estados Unidos advertiu a Convencion Constitucional de Cuba sobre non modificar a emenda, e ordenou as tropas estadounidenses non abandonar Cuba ata que os termos sexan adoptados como unha condicion para garantir independencia aos Estados Unidos

O goberno cubano deixou de prover o abastecemento de auga para a base, causando que os Estados Unidos importase a auga desde Xamaica e a construcion de plantas de desalinizacion . Na actualidade a base e autosuficiente e produce a sua propia auga de consumo e electricidade . So dous cubanos, ambos os dous de idade avanzada, cruzan ainda a Porta Nordeste diariamente para traballaren dentro da base; pero o goberno cubano prohibe mais recrutamento de persoal. Conta ademais con centro comercial, 8 bares, restaurantes, estacion de bombeiros, gasolineira, unha capela, piscina, dous cines o aire libre, un hospital, unha casa de cambios, unha estacion de radio e dous colexios. [ Compre referencia ]

Detencion de prisioneiros [ editar | editar a fonte ]

No ultimo cuarto do seculo XX, a base foi empregada como centro de reclusion para refuxiados cubanos e haitianos interceptados en mar aberto. Poren, comezando en 2002 , unha pequena porcion da base foi empregada para acoller dentro dos campos X-Ray, Delta e Echo (Eco), a prisioneiros sospeitosos de nexos con Al-Qaeda e o exercito taliban que foron capturados en Afganistan . A publicidade mais recente divulgou a transferencia de prisioneiros o 22 de setembro de 2004 , cando 10 prisioneiros foron traidos dende Afganistan. Finalmente, foron encarcerados na base sen ningun cargo.

Baia de Guantanamo.

O status legal tan peculiar da Baia de Guantanamo foi un factor para elixila como centro de detencion. Debido a que a soberania da Baia de Guantanamo reside con Cuba , o goberno estadounidense argumentou que a xente detida en Guantanamo se atopaba legalmente fora do seu pais e non tinan os dereitos constitucionais que terian se estivesen detidos nel. Durante 2004 , a corte suprema rexeitou este argumento no caso Rasul contra Bush coa decision maioritaria, e estableceuse que os prisioneiros en Guantanamo tenan acceso a cortes estadounidenses, citando o feito de que os Estados Unidos ten o control exclusivo sobre a Baia de Guantanamo.

Estados Unidos clasifica os prisioneiros encarcerados nos campos Delta e Echo como combatentes inimigos ilegais , pero non contempla o artigo 5 do tribunal que se require pola Lei Internacional para avalalos. Isto outorga os prisioneiros os dereitos da Cuarta Convencion de Xenebra (GCIV), en oposicion a Terceira Convencion de Xenebra (GCIII) que trata exclusivamente sobre prisioneiros de guerra. O 9 de novembro de 2004 o xuiz James Robertson da Corte de Distrito dos Estados Unidos estableceu que a administracion de George W. Bush superou a sua autoridade o tratar os devanditos prisioneiros como combatentes inimigos nun tribunal militar e negarlles o acceso as probas usadas contra eles.

Unha soldado observa un grupo de presos na Base de Guantanamo.

O 30 de novembro de 2004 , o xornal New York Times publicou extractos dun memorando interno da administracion de Bush, 2 , no que se refire a un informe do Comite Internacional da Cruz Vermella (CICR). O informe indica varias actividades nas que, se di, eran "equivalentes a tortura ": exposicion de ruidos ou musica molesta, temperaturas extremas por tempo prolongado ou malleiras. Tamen se informou da existencia dun equipo cientifico de comportamento (BSCT), tamen chamado Biscuit, e a comunicacion de informacion medica confidencial os equipos de interrogacion por parte dos medicos da base (debilidades, fobias etc.), dando por resultado a perda da confianza os medicos por parte dos presos na base.

O acceso do CICR a base foi condicionado, dado que e normal para as operacions humanitarias do CICR que os informes sexan confidenciais, algunhas fontes informaron sobre discusions que tiveron lugar nos cuarteis xerais do CICR, xa que alguns dos involucrados querian facer publico o informe, ou enfrontarse coa administracion dos Estados Unidos. Os xornais publicaron que a administracion e o Pentagono viron o informe do CICR en xullo de 2004 pero rexeitaron as suas conclusions [ 1 ] . A historia apareceu orixinalmente en varios periodicos, incluindo The Guardian , do Reino Unido [ 2 ] , e o CICR reaccionou sobre o artigo cando este se filtrou en maio [ 3 ] .

O 31 de maio de 2005, o presidente dos Estados Unidos, George W. Bush denunciou un novo informe sobre dereitos humanos que reflectian a situacion sobre as acusacions de abuso de prisioneiros en Gitmo e outras prisions militares, etiquetando o informe de "absurdo", segundo un informe de Associated Press [ 4 ] . No mesmo dia dos comentarios de Bush, apareceron novas alegacions de prisioneiros en Guantanamo, nunha reportaxe alen das mesmas axencias, onde se afirmaba que membros de tribos afgas tinan motivos ocultos para testemunaren contra presuntos terroristas .

O 14 de febreiro de 2006 un borrador do informe de cinco expertos [ 5 ] da ONU solicita o peche das instalacions de detidos tras concluir que as practicas de alimentacion forzada e diversas tecnicas de interrogatorios equivalian a actos de tortura. Mentres que en Washington , o portavoz do Departamento de Estado, Sean McCormack , criticou o borrador do informe da ONU catalogandoo de rumores.

En decembro de 2007 EEUU mantina 290 detidos en Guantanamo.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2004 . Consultado o 06 de decembro de 2004 .  
  2. [1]
  3. [2]
  4. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2006 . Consultado o 12 de novembro de 2008 .  
  5. "Borrador do informe de cinco expertos" . Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2006 . Consultado o 12 de novembro de 2008 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]