Baia, Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBaia, Brasil
Bahia (pt) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Himno Hino da Bahia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema Per ardua surgo Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia a Baia de Todos-os-Santos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  13°S 42°O  /  -13, -42 Coordenadas : 13°S 42°O  /  -13, -42
Estado Brasil Editar o valor em Wikidata
Capital Salvador Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Abare (pt) Traducir
Abaira (pt) Traducir
Acajutiba (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 417+
Poboacion
Poboacion 15.344.447 (2017) Editar o valor em Wikidata (27,17 hab./km² )
Lingua oficial lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Parte de
Superficie 564.692 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude 838 m Editar o valor em Wikidata
Punto mais alto Pico do Barbado (pt) Traducir (2.033 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Creacion 1889 Editar o valor em Wikidata
Dia festivo
Organizacion politica
Organo executivo Governo da Bahia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Governador(a) da Bahia (pt) Traducir Editar o valor em WikidataJeronimo Rodrigues (pt) Traducir (2022?2025) Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo Assembleia Legislativa da Bahia (pt) Traducir Circunscricion: sen valor , (Escano: 63) Editar o valor em Wikidata
Maxima autoridade xudicial Tribunal de Justica do Estado da Bahia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2 BR-BA Editar o valor em Wikidata

Paxina web ba.gov.br Editar o valor em Wikidata

Baia [ 1 ] (en portugues : Bahia , pronunciado [ba?i.?] ) e un estado do Brasil , situado ao sur da Rexion Nordeste . Limita ao norte con Alagoas , Sergipe , Pernambuco , Piaui , ao leste co oceano Atlantico , ao sur con Minas Xerais e Espirito Santo , e ao oeste con Goias e Tocantins . Ocupa unha area de 567.295,3 km². A capital e Salvador . As cidades mais poboadas son Salvador, Feira de Santana , Vitoria da Conquista , Itabuna , Ilheus e Juazeiro .

Historia [ editar | editar a fonte ]

O navegador portugues Pedro Alvares Cabral atracou na costa sur de Bahia no que hoxe e Porto Seguro en 1500 , e tomou posesion do mesmo para Portugal. O 1549 fundouse a cidade de Salvador . A cidade, xunto coa capitania que a rodeaba foi o centro relixioso e administrativo das colonias portuguesas na America ata o ano 1763 , cando a administracion trasladouse a Rio de Xaneiro . Os neerlandeses controlaron parte da rexion entre maio de 1624 e abril de 1625.

Baia foi a ultima area de dominio portugues a unirse o Brasil independente. Por ter moitos soldados de Portugal no seu territorio, permaneceu controlada polos portugueses -liderados polo xeneral Madeira de Mello- durante case un ano, logrando vencelos no 2 de xullo de 1823 . Desde enton o 2 de xullo e conmemorado como o dia da independencia de Bahia.

Baia foi un centro de cultivo de azucre dende o seculo XVI ata o seculo XVIII , e moitas cidades do estado foron fundadas nesa epoca. Vinculado a producion do azucre esta o fenomeno de Baia como gran centro de importacion de escravos africanos; feito que ainda mostra a sua influencia na composicion etnica da poboacion local.

Coa republica , proclamada en 1889 , Baia tornouse un estado brasileiro.

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Baia e o quinto estado do Brasil en extension territorial. Equivale a 36,3% da area total da Rexion Nordeste e 6,64% do territorio nacional. A sua superficie total de 567.295,3 km² e un pouco mais grande que Espana , sendo que 68,7% dela atopanse na rexion do semiarido . O seu litoral e o mais longo do Brasil, con 1183 km de extension, e abriga moitos tipos de ecosistemas , favorecendo a actividade turistica pola sua rara beleza.

Os seus rios principais son o rio Sao Francisco , Paraguacu e Jequitinhonha.

Relevo [ editar | editar a fonte ]

Praia de Itapua, en Salvador.

O relevo do estado e caracterizado pola presenza de planicies, altiplanos e depresions. Uns 90% da sua superficie estan por riba dos 200 m. O punto mais alto de Bahia e representado polo Pico das Almas, situado na Serra das Almas, con 1958 metros. Os altiplanos e as chapadas presentes no relevo mostran que a erosion traballou en procura de formas planas.

As areas planas ocupan case todo o estado, presentando unha serie de niveis, por onde cruzan rios vidos da Chapada Diamantina e da Serra do Espinhaco, que nace no centro de Minas Xerais . O planalto semiarido, localizado no sertao brasileiro, caracterizase por baixas altitudes. O relevo predominante no estado e a depresion. As planicies estan situadas na rexion costeira, onde a altitude non supera os 200 metros. Ali, xorden praias , dunas , restingas e ata mangleirais . En direccion o interior, xorden terreos con chans relativamente fertiles, onde aparecen outeiros que se estenden ata o oceano.

Vexetacion [ editar | editar a fonte ]

Vista da Chapada Diamantina.

Hai tres tipos principais de vexetacion : o bosque tropical humido (conecido como mata atlantica , esta bastante descaracterizado, debido a ocupacion do litoral. E mais abundante en reservas ao sur do estado, proximas a cidade de Porto Seguro), o cerrado (vexetacion do tipo sabana o oeste do estado) e a caatinga , sendo esta ultima dominante na maioria do territorio.

A caatinga ocupa todo o norte do estado, a area da depresion do vale do rio Sao Francisco , e a Serra do Espinhaco, deixando para a sabana soamente a parte occidental, e para a selva tropical humida o sueste do estado. No interior as estacions de seca son mais pronunciadas, excepto na rexion do val do rio Sao Francisco.

Na Serra do Espinhaco as temperaturas son mais amenas e agradables. Os indices pluviometricos no sertao son moi reducidos, podendo non chegar aos 500 milimetros anuais. Ali son comuns longos periodos de seca .

Divisions administrativas [ editar | editar a fonte ]

Concellos de Baia: Salvador, Feira de Santana , Vitoria da Conquista , Itabuna , Ilheus , Juazeiro e Bom Jesus da Lapa

Economia [ editar | editar a fonte ]

A economia do estado basease na agricultura ( cana de azucre , mandioca , feixon , millo , cacao e coco ); na industria (quimica, petroquimica, automobil e as suas pezas); e na mineria. Hai un importante parque industrial na rexion metropolitana de Salvador (area conecida como Reconcavo Baiano por estar xunto a Baia de Todos os Santos), no que destaca o polo petroquimico de Camacari e a fabrica da Ford na mesma cidade.

Turismo [ editar | editar a fonte ]

Arraial d'Ajuda, poboado turistico.

O turismo tamen e moi importante nas cidades de Salvador (coas suas construcions historicas, praias, e o seu famoso Carnaval ), Ilheus , Itaparica, Morro de Sao Paulo, e Porto Seguro e outras do seu litoral sur. Xa o litoral o norte de Salvador ata a divisa co estado de Sergipe transformouse recentemente en destino turistico importante, coa construcion de complexos hoteleiros na Costa do Sauipe.

A rexion da Chapada Diamantina ten vocacion para o ecoturismo . Xa posue aeroporto, aceso por estradas e boa rede hoteleira.

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]