한국   대만   중국   일본 
Bufalo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Bufalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bufalo

Bufalo de auga en Tailandia
Estado de conservacion
Domesticado
Clasificacion cientifica
Reino : Animalia
Filo : Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase : Mammalia
Orde : Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Familia : Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Tribo : Bovini
Xenero : Bubalus
Especie : B. bubalis
Nome binomial
Bubalus bubalis
( Linnaeus , 1758 )
Distribución global de búfalos no 2004
Distribucion global de bufalos no 2004

Distribucion global de bufalos no 2004
Especies
Referencia: [ 1 ]
  • Bufalo de rio ( Bubalus bubalis )
  • Bufalo de pantano ( Bubalus arnee )

O bufalo , bufalo acuatico ou bufalo da India ( Bubalus bubalis ) e un gran bovido orixinario do sueste asiatico , que na actualidade se encontra tanto en estado salvaxe como domestico, e que foi introducido en moitos lugares.

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Tratase dun bovido bastante grande, de 1,8 m de altura na cruz e que acada excepcionalmente os 1 200 kg de peso no caso dos machos. As femias son mais pequenas e nunca superan os 1 000 kg. O tronco e robusto e alongado, co pescozo curto, e sen papada. Gran parte do corpo esta desprovisto de pelo, ou o presenta rixido e de moi curta lonxitude. A coloracion e en xeral agrisada, pero pode variar desde a branca ate a negra. Os cornos estan aplanados e curvados cara a atras, coas puntas moi separadas, chegando a alcanzar 1,2 m de envergadura maxima entre punta e punta.

O apelativo de "bufalo acuatico" (o "bufalo de agua", que din alguns [ quen? ] ) proven da preferencia que ten o animal polas zonas encharcadas ou pantanosas, onde se somerxe parcialmente e camina sobre a lama do fondo sen dificultade grazas aos seus largos pezunos que impiden que afunda en exceso.

Os bufalos poden ser perigosos en estado salvaxe, pero os domesticos son animais moi dociles.

Expansion do bufalo [ editar | editar a fonte ]

En estado salvaxe distribuese pola India , Ceilan e Indonesia , sendo na actualidade moi escaso.

Domesticado ao redor de 4.500 anos a.C., contra o ano 600 foi introducido no Oriente medio e no norte de Africa .

Durante as Cruzadas ou, mais probabelmente, na epoca do Imperio Otoman , en Bulgaria e en Italia .

Bufalos arando en Camboxa .

No seculo XIX , no norte de Australia , onde alguns individuos asilvestraronse desenvolvendo algunhas diferenzas no seu aspecto respecto aos seus antepasados de Indonesia . [ 2 ]

En Suramerica introducironse os bufalos acuaticos na conca do Amazonas en 1895 , e en 2005 na Amazonia brasileira criabanse aproximadamente 1,6 millons de cabezas, destinadas a producion de leite e carne. [ 3 ]

En Venezuela o bufalo introduciuse en 1940 , desaparecendo nos anos 1940 ; pero volveu introducirse en 1962 , comenzado a sua explotacion a grande escala nos anos 1990 . [ 4 ]

En Norteamerica hai pequenos rabanos comerciais de bufalos para a producion de iogur e queixo. Un profesor da Universidade de Florida criou bufalos aproveitando os excedentes de efectivos do zooloxico, que utilizou principalmente para a producion de carne para hamburguesas , e outros rancheiros do pais utilizanos para a producion de mozzarella. [ 5 ]

Poren, Asia segue acollendo ao 95 % da poboacion mundial deste animal na actualidade.

O bufalo domestico [ editar | editar a fonte ]

Bufalo nunha granxa brasileira .

O bufalo usouse, no sueste asiatico, desde a mais remota Antiguidade preferentemente para tirar do arado, sobre todo nos arrozais , onde a sua capacidade para moverse en zonas encharcadas resulta moi util e por iso preferiuse a outros bovinos domesticos, como o cebu , o gaur ou o banteng .

No sur de Europa (e especialmente en Italia) tamen cumpre esta funcion, ademais de utilizarse o leite para a fabricacion do queixo mozzarella usado nas pizzas e outros pratos da cocina italiana.

Tamen se aproveitan a sua carne e a sua pel (ultimamente, usada con bastante frecuencia para forrar os cascos de motociclista ).

Status de conservacion [ editar | editar a fonte ]

Distribucion do bufalo salvaxe (2015).

A especie domestica non se considera en perigo (estimase que debe haber uns 141 millons de bufalos domesticos so no continente asiatico, o animal domestico do que mais persoas dependen), pero a sua existencia como animal salvaxe periga cada dia mais debido a desaparicion do bosque tropical . So quedan uns 3500 exemplares no sueste asiatico, probablemente extinto en Vietnam. No subcontinente indio a especie estan practicamente extinta. Hai mandas de exemplares salvaxes naturalizadas no norte de Australia.

En liberdade, os bufalos movense en mandas de escaso poucos individuos e so contan co tigre como depredador frecuente. Mais raramente, os bufalos caen vitimas do crocodilo marino e as mandas de cuons , que sempre andan molestando as crias.

Taxonomia [ editar | editar a fonte ]

Bufalo salvaxe no Parque Nacional Udawalawe , Sri Lanka .

A clasificacion dos bufalos acuaticos e incerta. Algunhas autoridades mencionan unha soa especie , Bubalus bubalis , con tres subespecies : [ 6 ]

Outros consideran que son especies estreitamente relacionadas, pero independentes, Bubalus bubalis , Bubalus carabanensis e Bubalus arnee , respectivamente. [ 7 ]

En 2003 , a Comision Internacional de Nomenclatura Zooloxica (ICZN) ditaminou a favor de manter reunidos os bufalos acuaticos de pantano , e considerar un taxon separado para os bufalos de rio , denominado Bubalus arnee , ainda que o uso antigo e ainda aceptabel para autores que o consideran conespecifico.

O bufalo acuatico de pantano ten 48 cromosomas , mentres que o bufalo de rio ten 50. Os dous tipos reproducense entre si, ainda que non facilmente, e poden producir descendencia fertil. Non se observou que se produzan hibridos con bufalos domesticos, e os embrions destes hibridos obtidos en laboratorio, non alcanzan a madureza.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. ICZN , 2003.
  2. Sharp, Kerry, "Frontier to the Crossroads", Outback Magazine , 67 , Oct/Nov 2009. Outback Magazine Arquivado 18 de marzo de 2012 en Wayback Machine .
  3. Sheikh P. A., Merry F. D. e McGrath D. G. (2006): "Water buffalo and cattle ranching in the Lower Amazon Basin: Comparisons and conflicts" Arquivado 14 de novembro de 2008 en Wayback Machine ., Agricultural Systems 87: 313?330.
  4. El bufalo en Venezuela [ Ligazon morta ]
  5. "The Woodstock Water Buffalo Company" . Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2011 . Consultado o 12 de maio de 2012 .  
  6. "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed)." . Arquivado dende o orixinal o 24 de xuno de 2011 . Consultado o 12 de maio de 2012 .  
  7. Roth, J. e P. Myers (2004): "Bubalis Bubalis". Universidade de Michigan. Museo de Zooloxia. [1]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]