Azucre

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre o alimento, para azucre como nutriente vexase Carbohidrato .
Detalle de cristais de azucre.

O nome azucre [ 1 ] utilizase para diferentes monosacaridos e disacaridos , que xeralmente tenen sabor doce, ainda que por extension refirese a todos os hidratos de carbono . A forma mais comun de azucre consiste en sacarosa no estado solido e cristalino, e usase para alterar (adozar) o sabor de bebidas e alimentos .

Azucre moreno
Valor nutricional por 100 g
Enerxia 1 576 kJ (377 kcal)
97.33 g
Azucres 96.21 g
Fibra alimentaria 0 g
0 g
0 g
Vitaminas Cantidade
%DV
Tiamina (B 1 )
1%
0.008 mg
Riboflavina (B 2 )
1%
0.007 mg
Niacina (B 3 )
1%
0.082 mg
Vitamina B 6
2%
0.026 mg
Acido folico (B 9 )
0%
1 μg
Minerais Cantidade
%DV
Calcio
9%
85 mg
Ferro
15%
1.91 mg
Magnesio
8%
29 mg
Fosforo
3%
22 mg
Potasio
3%
133 mg
Sodio
3%
39 mg
Cinc
2%
0.18 mg
Outros constituintes Cantidade
Auga 1.77 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendacion de US para os adultos.
Azucre granulado
Valor nutricional por 100 g
Enerxia 1 619 kJ (387 kcal)
99.98 g
Azucres 99.91 g
Fibra alimentaria 0 g
0 g
0 g
Vitaminas Cantidade
%DV
Riboflavina (B 2 )
2%
0.019 mg
Minerais Cantidade
%DV
Calcio
0%
1 mg
Ferro
0%
0.01 mg
Potasio
0%
2 mg
Outros constituintes Cantidade
Auga 0.03 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendacion de US para os adultos.

O azucre de mesa normalmente consumido corresponde a sacarosa , un disacarido [ 2 ] formado por unha molecula de glicosa e unha de frutosa , que se obten frecuentemente da cana de azucre ou da remolacha . A sacarosa utilizase para dar un sabor doce as comidas e na fabricacion de confeitos, pasteis, conservas, bebidas alcoholicas e non alcoholicas, entre moitos outros produtos. Como material alimenticio basico, a sacarosa fornece aproximadamente un 13% da enerxia que proporcionan os alimentos. A sacarosa esta presente en cantidades limitadas en moitas plantas, ata en varias palmeiras , pero a remolacha azucreira e a cana de azucre son as unicas fontes importantes para o comercio. Mais do 50% do consumo mundial de azucre obtense da cana de azucre, que crece en climas tropicais e subtropicais. O resto procede da remolacha azucreira, que crece en paises temperados e e a fonte principal de azucre para a maior parte de Europa.

Cada dia e mais frecuente en pratos e doces preparados atoparse outros azucres diferentes como a glicosa ou a frutosa (pola sua asimilacion mais lenta) ou mesturados con adozantes artificiais.

Outros azucres son a galactosa e a lactosa .

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

A palabra azucre deriva do arabe sukkar ( ??? ) que a sua vez derivaria do sanscrito carkar? ( ?????? ) por mediacion da palabra iraniana ?akar , [ 3 ] [ 4 ] os arabes coneceron o azucre o arribar a Persia no 642 e a traves seu chegaria a Europa. [ 5 ] A palabra contemporanea en italiano e Zucchero , mentres que a traducion en castelan , portugues e galego e azucar , acucar e azucre respectivamente, mantenen mais influencia da palabra en arabe . En frances escribese o igual que no catalan, sucre , ainda que no frances antigo coneciase como Zuchin . A version grega mais antiga que se conserva e σ?κχαρι? ( sakk?aris ) [ 6 ] [ 7 ] Ainda se debe realizar un estudo profundo sobre a trazabilidade etimoloxica do termo. [ 8 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

Cana de azucre.
Remolacha azucreira .

Antiguidade e Idade Media [ editar | editar a fonte ]

Orixinalmente, o ser humano mastigaba a cana de azucre para extraer a sua dozura. O cultivo de azucre iniciouse no nordes da India uns 10.000 anos antes de Cristo e no Pacifico Sur uns 6.000 anos antes de Cristo. Outras evidencias arqueoloxicas asocian o cultivo de azucre coa civilizacion do Val do Indo . [ 9 ] Os indios descubriron a forma de cristalizar o azucre durante a dinastia Gupta cara ao ano 350 . [ 10 ] Os chineses tamen conecian o proceso de extraccion e refinamento da cana de azucre desde tempos remotos.

Durante a revolucion agricola musulma, os arabes adoptaron as tecnicas de producion de azucre da India e refinarono cun sistema de producion mais industrial. Crearon os primeiros enxenos para a elaboracion do azucre, con refinarias , fabricas e plantacions.

Pola sua banda, a cultura romana parece que ignorou, completamente ou en gran parte, o potencial endulzante do azucre, e usaban o mel .

No seculo XII xa existian na illa de Sicilia muinos para a trituracion da cana. Ao redor de 1390 creouse unha tecnoloxia mais avanzada que permitiu duplicar o mollo obtido da cana de azucre. Isto fixo posible a expansion economica das plantacions de azucre do Pais Valenciano (que antes da chegada do enxeno de azucre, funcionaban coa tecnoloxia do Trapig (fabrica de azucre), importada polos arabes), [ 11 ] [ 12 ] de Andalucia e do Algarve . Ao redor de 1420 , a producion de azucre estendeuse as Illas Canarias , Madeira e as Azores .

Historia moderna [ editar | editar a fonte ]

O portugueses, mais tarde, crearon plantacions de azucre no Brasil . Hans Staden deixou escrito que en 1540, na Illa Santa Catarina habia oitocentas azucreiras, e na costa norte do Brasil e Suriname calculou unhas dez millas.

Cara a 1625 , os neerlandeses importaron cana de azucre de America do Sur e crearon plantacions nas illas do Caribe , nas Illas Virxes e Barbados . De 1625 a 1750, o azucre converteuse nunha mercadoria moi apreciada, e o Caribe converteuse no lider mundial na producion grazas a man de obra proporcionada polo escravitude .

Durante o seculo XVII , o azucre converteuse nun alimento moi popular e o mercado do azucre experimentou un forte crecemento, a producion de azucre realizouse cada vez dun xeito mais mecanizada. A primeira maquina de vapor alimentou a primeira fabrica de azucre en Xamaica en 1768 , e pouco despois, o vapor substituiu o lume como fonte de calor.

A cultura da remolacha azucreira desenvolveuse na epoca de Napoleon , como consecuencia do embargo imposto por Inglaterra . De feito, o 2 de xaneiro de 1812, o fabricante frances Benjamin Delessert logrou sacar o mollo -impuro e de rendemento minimo- separando as mondas da raiz. En 1864, un fabricante de azucre de Moravia , o tamen frances Robert, obtivo un mollo de calidade mais boa para a coercializacion.

Cuba e un dos principais estados produtores de cana de azucre , da que o home tamen soubo obter a alcohol para producir a augardente de cana, que logo dun longo proceso da lugar ao ron . As raices cortanse en febras e esmaganse para extraer o mollo. Ademais, unha gran refinaria media de remolacha produce cincocentas mil toneladas de azucre en vinte e catro horas cun persoal permanente de preto de cento cincuenta persoas.

Estrutura molecular [ editar | editar a fonte ]

Modelo 3D dunha molecula de sacarosa, C 12 H 22 O 11 .

Cientificamente o azucre esta formado por un numero de hidratos de carbono, tales como monosacaridos, disacaridos ou oligosacaridos. Os monosacaridos son tamen chamados "azucres simples", ao ser a glucosa o principal composto. Case todolos azucres son da formula C n H 2n O n (n esta entre 3 e 7). A glucosa ten a formula molecular C 6 H 12 O 6

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para azucre .
  2. IUPAC. Compendium of Chemical Terminology, 2nd ed. (the "Gold Book"). Compiled by A. D. McNaught and A. Wilkinson. Blackwell Scientific Publications, Oxford (1997). XML on-line corrected version: http://goldbook.iupac.org (2006-) created by M. Nic, J. Jirat, B. Kosata; updates compiled by A. Jenkins. ISBN 0-9678550-9-8 . doi:10.1351/goldbook.
  3. Grup Enciclopedia Catalana (ed.). "Sucre" . Gran Diccionari de la Llengua Catalana (en catalan) . Consultado o 26/05/2013 .  
  4. Online Etymology Dictionary
  5. Al-Hassan, Ahmad Yusuf. "Transfer of islamic technology to the West. Part III" . History of Science and Technology in Islam (en ingles) . Consultado o 30 de setembre del 2011 .  
  6. [1] , Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon , on Perseus
  7. Esta forma non se explica foneticamente, pero pode reflectir unha mediacion a traves dunha linguaxe en ruta desde o orixinal en sanscrito. A version en grego moderno ζ?χαρη [saχari] debese a simplificacion de grupos [kχ] > [χ] e a inicial sandhi (acc. την σ?χαρη [tin saχari] > τη ζ?χαρη [ti zaχari]). A palabra en grego tamen cambiou a sua clase nominal
  8. Oxford Dictionaries (ed.). "Jaggery" . Arquivado dende o orixinal o 21/08/2016 . Consultado o 26/05/2013 .  
  9. Robyt, J.F. (1998). Essentials of Carbohydrate Chemistry (en ingles ) . Springer Berlin / Heidelberg. ISBN   978-0387949512 .  
  10. Adas, Michael (xaneiro de 2001). Agricultural and Pastoral Societies in Ancient and Classical History . Temple University Press. ISBN 1-56639-832-0 . Paxina 311.
  11. "Enginys i trapigs de sucre de la Safor" 26/05/2013 (en catalan )
  12. "103: L'origen de la industria sucrera a Gran Canaria" Arquivado 05 de xuno de 2013 en Wayback Machine ., de Carles Camp a Fundacio d'Estudis Historics de Catalunya. 26/05/2013.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]