한국   대만   중국   일본 
Atraccion sexual - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Atraccion sexual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bardot, famosa polo seu sex appeal .

A atraccion sexual e a inclinacion a escoller a alguen como parella sexual. Isto acontece entre membros da mesma especie, non necesariamente do mesmo sexo, e tampouco non coa finalidade unica de reproducion . Poren, este tipo de atraccion e un factor fundamental de cara a perpetuacion da especie.

Os aspectos da atraccion sexual tiveron diferente grao de influencia no comportamento humano segundo as epocas, as culturas e as rexions. Con todo, podense definir factores de influencia mais localmente entre subculturas, a traves de campos sexuais, ou sinxelamente polas preferencias do individuo . Estas preferencias suceden como resultado dunha variedade complexa de factores xeneticos , psicoloxicos e culturais .