Astronauta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Astronauta da NASA durante unha mision espacial cunha mochila de propulsion (Manned Maneuvering Unit) .

Un astronauta ( Gl-astronauta.ogg pronunciacion ) e unha persoa instruida e adestrada para comandar, pilotar ou tripular unha astronave .

Existen outras denominacions derivadas das diversas linguas: os sovieticos ou rusos chamaselles cosmonautas e os chineses , taiconautas : O termo cosmonauta ven do ruso kosmonavt (космонавт), derivado a sua vez do grego kosmos (κοσμο?, universo) e nautes (να?τη?, navegante); taiconauta e un neoloxismo formado a partir do chines 太空 ( taik?ng , espazo) e o grego να?τη? ( nautes , navegante), ambos de xeito semellante a astronauta (do latin e o grego). Como curiosidade, a verba oficial chinesa para nomear un astronauta e 宇航員 (y?hangyuan) pero o termo taikonaut empregase nos medios de comunicacion para nomear os astronautas chineses [ 1 ] .

Os pioneiros [ editar | editar a fonte ]

Union Sovietica [ editar | editar a fonte ]

O primeiro cosmonauta da historia foi Iuri Gagarin , quen foi lanzado o 12 de abril de 1961 a bordo da nave Vostok 1 , sendo dese xeito o primeiro ser humano en sair o espazo . A primeira muller en ir o espazo foi Valentina Tereshkova , en xuno de 1963 a bordo do Vostok 6 .

Estados Unidos [ editar | editar a fonte ]

Alan B. Shepard foi o primeiro estadounidense en realizar un voo suborbital, e John Glenn o primeiro en entrar en orbita. A primeira persoa en caminar por un mundo extraterrestre foi Neil Armstrong , o 21 de xullo de 1969 durante a mision lunar Apollo 11 .

A vida de astronauta [ editar | editar a fonte ]

Unha persoa que pretenda ser astronauta necesita unha preparacion previa acorde coa funcion que realizara no espazo. Unha vez no exterior terrestre, estan entre as suas funcions dende a vixilancia do mantemento das propias necesidades vitais (por exemplo, ter unha atmosfera respirable) o desenvolvemento de experimentos cientificos ou o mantemento da aparataxe, incluidos os paseos espaciais (Extra-Vehicular Activity, ou EVA ). [ 2 ]

O desenvolvemento vital no espazo implica o estar sometidos a condicions diferentes que na Terra, polo que sofren variacions diversas, como perda de masa muscular ou debilitamento oseo debido a aparente falta de gravidade , tendo que compensar ditos cambios coa realizacion de exercicio como preparacion a sua volta a Terra . Tamen sofren variacions na percepcion do tempo o estar orbitando e poder observar moitas saidas e postas de Sol o longo de 24 horas. [ 2 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre astronomia e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.