한국   대만   중국   일본 
Asemblea Lexislativa (Francia) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Asemblea Lexislativa (Francia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Asemblea Lexislativa , en funcionamento dende o 1 de outubro de 1791 ate o 21 de setembro de 1792 , foi creada pola Constitucion de 1791 e sucedeu a Asemblea Constituinte . Ao decidir esta que ningun dos seus membros poderia ser elixido, quedou formada por homes novos e representaba maioritariamente a burguesia , ao ser o sufraxio censitario .

Composicion [ editar | editar a fonte ]

Dentro da Asemblea Lexislativa habia tres grandes grupos.

  • Os mais moderados formaron a dereita, ao redor duns 260 monarquicos constitucionais inscritos no Club des Feuillants que defendia a realeza fronte a axitacion popular. Non contaban con ningunha personalidade eminente, ao estar os seus autenticos xefes, Joseph Gilbert Motier Marques de La Fayette e Antoine Barnave , fora da Asemblea Lexislativa.
  • A esquerda, menos numerosa. 136 deputados que formaban parte do Club dos Xacobinos ou do dos Cordeleiros . A maior parte deles provina da burguesia culta, e eran seguidores das ideas das Luces. O seu xefe era Jacques Pierre Brissot (de ai o seu nome de Brissotinos, que logo pasou a ser Xirondinos ) e estaba rodeado de filosofos como Jean Antoine Nicolas de Caritat, marques de Condorcet e varios avogados de Bordeus , especialmente o brillante orador Pierre Victurnien Vergniaud. Desconfiados ante Lois XVI , tamen eran partidarios de entrar en guerra contra os soberanos europeos para probar a Lois XVI e para estender a idea da liberdade en Europa .
  • O resto, 345 deputados, formaba o centro. Decididos a defender a obra da Revolucion votaron xeralmente coa esquerda.

A Asemblea Lexislativa tivo que enfrontarse as dificultades economicas e financeiras e a axitacion relixiosa e contrarrevolucionaria encirrada polo clero refractario.

Actividades [ editar | editar a fonte ]

As suas principais actividades foron: