한국   대만   중국   일본 
Asasinato - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Asasinato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Asasino ≫)
Cain asasinando a Abel , poliptico de Gante de Jan van Eyck

O asasinato (tamen denominado homicidio cualificado ) e un delito contra a vida humana independente, de caracter moi especifico, que consiste en matar a unha persoa concorrendo certas circunstancias, tales como: aleivosia ; prezo , recompensa ou promesa remuneratoria; asanamento. Co novo Codigo Penal de 1995 desapareceu a circunstacia de "premeditacion", recollida no anterior CP de 1944/1973.

Diferenza entre asasinato e homicidio [ editar | editar a fonte ]

Mentres que o homicidio e o delito que alguen comete por acabar coa vida dunha persoa, o asasinato require dun maior numero de requisitos.

Ainda que o tema discutiuse moito, o asasinato non se trata dun simple homicidio agravado , senon dun delito distinto (de acordo coa maioria da doutrina e a xurisprudencia), no que as circunstancias sinaladas son elementos constitutivos do mesmo. No asasinato existe unha maior intensidade do proposito criminal que no homicidio, polos medios prexudiciais utilizados dun modo especial ou pola inconfundibel malicia e perigo que se revela.

Existe, con todo, materia xurisprudencial e doutrinal en contrario, o que reflicte as discusions que ainda hoxe este tema suscita.

Entre as razons para consideralo un homicidio agravado , destacan duas:

  • A sua regulacion separada do homicidio.
  • Consideralo homicidio agravado non romperia a unidade de titulo de imputacion no caso de que existise participacion no delito e os participes non conecesen que o autor actuou por unha das causas ou requisitos esixidos para esta figura. Poderia castigarse, asi, ao autor como tal dun delito de asasinato e aos participes como autores dun delito de homicidio.

Por todos estes motivos e polo que non existe o asasinato imprudente , senon que leva sempre aparellada a intencionalidade.

Regulacion por paises [ editar | editar a fonte ]

Espana [ editar | editar a fonte ]

A figura do asasinato atopase dentro do titulo do Codigo Penal : "Do homicidio e as suas formas", no artigo 139 [ 1 ] . Os seus requisitos son os seguintes:

  • Aleivosia : consiste no emprego de medios, modos ou formas na execucion que tendan directa e especialmente a asegurala, sen risco para o agresor que proceda da defensa que puidese facer a vitima ou coa procura consciente de que o delito quede impune. Son casos de aleivosia aqueles nos que se aproveita a particular situacion de desvalimiento e indefension do agredido, cando a execucion e subita e inesperada, por sorpresa, ou cando se fai mediante asexo, apostamento, trampa, emboscada ou celada.

Tamen se entende que se trata desta circunstancia cando o asasinato se realiza por medio de inundacion, incendio, explosivo ou veleno, entendendo por este ultimo calquera substancia que introducida no corpo humano por inxestion, inxeccion ou inhalacion poida producir a morte. A comision dun asasinato mediante inundacion ou incendio supon que este e o medio utilizado, non que se comete este delito e, de forma imprudente, se provoca a morte dunha persoa; xa que neste caso o que se daria e un delito de incendio/danos/estragos en concuro ideal cun delito de homicidio imprudente.

  • Prezo, recompensa ou promesa: esta circunstancia ten un caracter ineludibelmente economico. E unha expresion antiga, pero que o lexislador espanol quixo manter por existir unha xurisprudencia profusa en aplicacion da mesma.

Non e necesario que a contraprestacion economica sexa previa a comision do feito delituoso, nin que se verifique obxectivamente (caben casos de fraude ). O importante e que o suxeito activo cometa o feito movido por esta intencionalidade economica .

  • Asanamento : aumentando deliberada e de forma inhumana a dor do ofendido. O asanamento apreciase tanto pola intencion, como polo obxectivo resultado de incrementar a dor do agredido, e por iso exclue actos realizados sobre o cadaver con posterioridade a morte da vitima (que poderia constituir outro delito diferente, como e a profanacion do cadaver ).

O Codigo Penal non recolle como tal estes preceptos nos dous artigos que dedica ao asasinato, 139 e 140, pero todos eles poderian encadrarse nalgunha das circunstancias anteriormente expresadas e que son causa do agravamento do tipo delituoso.

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Vives Anton, T. S. e outros. Derecho Penal. Parte Especial . Tirant Lo Blanch . ISBN.  
  • Munoz Conde, F. Derecho Penal. Parte Especial . Tirant Lo Blanch . ISBN.  
  • Suarez-Mira Rodriguez, C.; Judel Prieto, A. e Pinol Rodriguez, J.R. Manual de Derecho Penal. Parte Especial . Civitas . ISBN.  

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]