한국   대만   중국   일본 
Programa informatico - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Programa informatico

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Aplicacion informatica ≫)

LibreOffice Writer

Un programa informatico ou aplicacion e un conxunto de instrucions que se lle dan a un sistema informatico para realizar un conxunto de tarefas determinado.

Un programa de ordenador e unha lista de instrucions escritas nunha linguaxe de programacion . Todas as linguaxes de programacion consisten en palabras reservadas (parecidas a substantivos e verbos ) en ingles, un conxunto de operadores (equivalentes a operadores matematicos como “mais”, “menos” etc.) e un conxunto de funcions e procedementos que realizan tarefas especificas tales como imprimir, ler un ficheiro, calcular a raiz cadrada dun numero etc.

Estes elementos combinanse en instrucions de acordo coas regras desa linguaxe. Os programas escritos nalgunhas linguaxes de programacion son doadas de ler, xa que as instrucions parecense ao ingles, mentres que outras usan moitos simbolos, o que dificulta a lectura. Por esta razon, un programa de ordenador chamase codigo fonte ou simplemente codigo, no que cada instrucion mandalle realizar unha tarefa determinada ao computador .

Para que un computador responda a esas instrucions, hai que transformar o codigo fonte en codigo lexibel por maquina mediante un compilador , que e tamen especifico desa linguaxe. O compilador converte o ficheiro co codigo fonte no que se chama un ficheiro binario (un ficheiro que non conten texto). O ficheiro binario chamase as veces un executabel . Outras denominacions son programa e aplicacion. Cada vez que se lle manda ao ordenador que siga as instrucions que se lle mandan no programa dicimos que o executamos ou que esta a correr . Un sistema operativo e un programa que esta a correr continuamente e que xestiona todas as demais aplicacions que se executan no computador.


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre informatica e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.