한국   대만   중국   일본 
Aparato circulatorio - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Aparato circulatorio

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aparato circulatorio
Sistema circulatorio humano. O vermello indica sangue arterial, o azul sinala o sangue venoso
Esquema do sistema cardiovascular , mostrando as principais arterias (en vermello) e veas (en azul) para a circulacion sanguinea
Latin systema cardiovasculare

O aparello circulatorio e a estrutura anatomica que comprende conxuntamente tanto o sistema cardiovascular que conduce e fai circular o sangue (torrente sanguineo), como o sistema linfatico que conduce a linfa .

Tipos de sistemas circulatorios [ editar | editar a fonte ]

Existen dous tipos de sistemas circulatorios:

Sistema circulatorio pechado : consiste nunha serie de vasos sanguineos polos que, sen sair deles, viaxa o sangue . O material transportado polo sangue chega os tecidos a traves de difusion. E caracteristico de anelidos , moluscos cefalopodos e vertebrados .

Sistema circulatorio aberto : o sangue bombeado polo corazon viaxa a traves de vasos sanguineos, co que o sangue irriga directamente as celulas , regresando logo por distintos mecanismos. Este tipo de sistema presentase nos artropodos e nos moluscos non cefalopodos. Estes animais tenen un ou varios corazons, unha rede de vasos sanguineos e un espazo aberto grande no corpo chamado hemocele . [ 1 ]

A circulacion do sangue ou circulacion sanguinea describe o percorrido que fai o sangue dende que sae ata que volve ao corazon. A circulacion pode ser simple ou dobre:

  • Circulacion simple: ocorre cando o sangue forma un so ciclo e no seu percorrido pasa unha soa vez polo corazon. O sangue pasa unha vez polo corazon en cada volta.
  • Circulacion sanguinea dobre: o sangue pasa duas veces polo corazon en cada volta.

A circulacion sanguinea tamen se clasifica en:

  • Circulacion sanguinea completa: non hai mestura de sangue oxixenado e desoxixenado.
  • Circulacion sanguinea incompleta: hai mestura de sangue oxixenado e desoxixenado.

O corazon dos seres humanos e da maioria dos vertebrados mais evolucionados dividese en catro camaras (tetracameral). Noutros animais so tenen duas ou tres camaras, ou mesmo unha soa en forma tubular. Ademais hai animais que tenen mais dun corazon.

Sistema cardiovascular nos humanos [ editar | editar a fonte ]

Division en circuitos [ editar | editar a fonte ]

No organismo humano hai dous tipos de circulacion:

  • Circulacion maior , somatica ou xeral : o percorrido do sangue comeza no ventriculo esquerdo do corazon, cargado de osixeno , e estendese pola arteria aorta e as suas ramas arteriais ata o sistema capilar , onde se forman as veas que contenen sangue pobre en osixeno. Desembocan nunha das duas veas cavas (superior e inferior) que drenan na auricula dereita do corazon.
  • Circulacion menor , pulmonar ou central : o sangue pobre en osixeno parte desde o ventriculo dereito do corazon pola arteria pulmonar que se bifurca en cadanseu tronco para cada un de ambos pulmons . Nos capilares alveolares pulmonares o sangue osixenase a traves dun proceso conecido como hematose e reconducese polas catro veas pulmonares que drenan o sangue rico en osixeno, na auricula esquerda do corazon.
  • Circulacion portal : e un subtipo da circulacion xeral orixinado de veas procedentes dun sistema capilar, que volve formar capilares no figado , o final do seu traxecto. Existen dous sistemas porta no corpo humano:
  1. Sistema porta hepatico : as veas orixinadas nos capilares do tracto dixestivo desde o estomago ata o recto que transportan os produtos da dixestion , transformanse de novo en capilares nos sinusoides hepaticos do figado , para formar de novo veas que desembocan na circulacion sistemica a traves das veas suprahepaticas a vea cava inferior .
  2. Sistema porta hipofisario : a arteria hipofisaria superior, procedente da carotide interna , remificase nunha primeira rede de capilares situados na eminencia media. Destes capilares formanse as veas hipofisarias que descenden polo talo hipofisario e orixinan unha segunda rede de capilares na adenohipofise que drenan na vea xugular interna .

Circulacion nos invertebrados [ editar | editar a fonte ]

  • Insectos : o sistema circulatorio e de tipo aberto ou lagunar. O seu cometido principal e o transporte de nutrientes, xa que o osixeno se difunde por outras vias. O liquido circulante non e sangue senon hemolinfa , o corazon ten forma tubular, atopase en posicion dorsal e conta con varios orificios laterais que se chaman ostiolos . O corazon bombea a hemolinfa cara as arterias que desembocan nos espazos lagunares, o camino de volta cara ao corazon do insecto realizase a traves dos ostiolos. [ 2 ]
Seccion do corpo dun anelido en que e visible o vaso dorsal e ventral que se atopan conectados en cada segmento do animal.
  • Anelidos : disponen dun sistema circulatorio pechado que serve tanto para a distribucion de osixeno como de nutrientes. Tenen sangue que conten hemoglobina ou outras moleculas emparentadas como hemeritrina (rosada) ou clorocruorina (verdosa). Existe un vaso principal dorsal que leva o sangue en direccion a parte anterior do animal e outro ventral que segue o camino inverso. A minoca por exemplo conta con cinco pares de pequenos corazons que non son mais que curtos segmentos de vasos sanguineos que tenen a capacidade de contraerse periodicamente para impulsar o sangue. [ 2 ]
  • Cefalopodos : tanto os polbos como as luras contan cun sistema circulatorio pechado. O liquido circulante e hemolinfa que se bombea a traves dos vasos por un conxunto de tres corazons, un principal ou sistemico e dous auxiliares, un en cada branquia. A hemolinfa transporta osixeno grazas ao pigmento hemocianina . [ 2 ]

Circulacion sanguinea nos vertebrados [ editar | editar a fonte ]

Todos os animais vertebrados disponen dun sistema circulatorio pechado especializado que trasporta o sangue dende o corazon aos tecidos e un sistema linfatico que desemboca no anterior e transporta a linfa . O sistema circulatorio dos vertebrados esta sempre formado por un corazon dotado dun potente musculo que se contrae e relaxa ritmicamente cunha frecuencia variable dependendo da especie e o grao de actividade. Os vasos poden ser veas que transportan o sangue dende os tecidos ao corazon, arterias que conducen o sangue en sentido inverso, e dicir, dende o corazon aos tecidos, e capilares que son uns pequenos vasos en que se une o sistema arterial co venoso.

Nos peixes a circulacion e simple, existe un so circuito e o corazon so conta con duas camaras: unha auricula e un ventriculo. Os anfibios presentan un so ventriculo e duas auriculas, por iso o sangue das duas auriculas se mestura no ventriculo unico (circulacion incompleta). Nos reptiles existe un tabique que separa parcialmente o ventriculo en duas partes, mais que non impide a mestura entre os dous sangues, por iso presentan tamen circulacion incompleta. Nas aves e nos mamiferos o corazon conta con catro camaras (tetracameral) e a circulacion e dobre e completa, existe un tabique que separa totalmente o ventriculo dereito do esquerdo sen que se mesturen os dous sangues. [ 3 ]

Circulacion en peixes [ editar | editar a fonte ]

Sistema circulatorio nos peixes.

Nos peixes , o corazon atopase en posicion ventral, por baixo da farinxe e preto das branquias. A sua disposicion e lineal e consta de catro camaras (seo venoso, auricula , ventriculo e cono arterial ou aortico) comunicadas por valvulas que impiden o retroceso do sangue.

A arteria branquial leva o sangue as branquias para a sua oxigenacion. Xa que logo, a circulacion nestes animais e simple e completa ; e dicir, so existe un circuito e non habera mestura de sangues.

Circulacion en anfibios [ editar | editar a fonte ]

Sistema circulatorio dos anfibios.

Nos primeiros vertebrados pulmonados ( anfibios e reptiles non crocodilianos) o corazon esta en posicion toracica e aparece unha circulacion dobre , xa que existe un circuito menor ou pulmonar, que leva o sangue venosa os pulmons e trae de volta o corazon o sangue arterial desde aqueles, e o circuito maior ou xeral, que leva o sangue arterial o resto do corpo e trae de volta o sangue venoso o corazon.

Nestes animais o corazon ten tres cavidades : duas auriculas (dereita e esquerda) e un unico ventriculo moi musculoso. A auricula dereita recibe o sangue venoso procedente do resto do corpo, e mandaa o ventriculo para que este a bombee os pulmons a traves da arteria pulmonar. A auricula esquerda recibe o sangue arterial procedente dos pulmons, mandaa o ventriculo e este bombeaa o resto do corpo a traves da aorta. Entre as duas arterias existe un pequeno tubo chamado conduto de Botal . As auriculas contraense de forma sucesiva, polo que a mestura de sangues no ventriculo e escasa. De todos os xeitos, a circulacion dobre sera incompleta .

Circulacion en reptiles [ editar | editar a fonte ]

Sistema circulatorio dos reptiles.

Nos reptiles crocodilianos xa existe unha division completa do ventriculo en dous compartimentos (dereito e esquerdo). Xa que logo, o corazon xa e tetracameral e ten dous caxatos aorticos: o esquerdo que sae do ventriculo dereito e leva sangue venoso, e o dereito que sae do ventriculo esquerdo e leva sangue arterial. Producese unha pequenisima mestura de sangue na aorta descendente. Deste xeito, considerase que a circulacion e dobre e completa (ainda que non totalmente).

Circulacion en aves [ editar | editar a fonte ]

Globulos vermellos dunha ave.

O sistema circulatorio das aves e pechado, dobre e completo. O corazon consta de catro cavidades, duas auriculas e dous ventriculos e o seu funcionamento e similar ao dos mamiferos. Unha diferenza con estes e que os globulos vermellos do sangue son elipticos e contan con nucleo.

Circulacion en mamiferos [ editar | editar a fonte ]

Os mamiferos disponen dun sistema circulatorio pechado, dobre e completo. O corazon conta con catro cavidades, duas auriculas e dous ventriculos. Non se mestura o sangue osixenado co non osixenado como ocorre nos reptiles. O modelo de sistema circulatorio humano pode aplicarse a todos os mamiferos.

Ciclo cardiaco [ editar | editar a fonte ]

Os capilares son os vasos sanguineos mais numerosos do corpo. Todas as celulas do organismo atopanse preto dun vaso capilar de onde tomaran alimentos e oxixeno e deixaran o dioxido de carbono. Os vasos capilares estan conectados a veas pequenas, que se xuntan para formar veas mais grandes. As que devolven o sangue da cabeza e os brazos xuntanse para formar a vea cava superior . O sangue da parte inferior do corpo levase cara ao corazon pola vea cava inferior .

Ambas as veas cavas , superior e inferior, levan o sangue a auricula dereita , unha das catro cavidades do corazon. De ali pasa ao ventriculo dereito a traves da valvula tricuspide . O ventriculo dereito contraese e empuxa o sangue, a traves da valvula pulmonar , cara a arteria pulmonar.

A arteria pulmonar dividese en duas ramas que levan o sangue cara aos vasos capilares de cada pulmon , onde o oxixeno entra no sangue e o dioxido de carbono sae dela. Despois, o sangue regresa polas veas pulmonares ata a auricula esquerda e de ali, pasando pola valvula mitral, chega ao ventriculo esquerdo . Este empuxa o sangue a traves da valvula aortica cara a arteria aorta, que leva o sangue de novo oxixenada a todos os capilares do noso corpo e asi completase o ciclo. [ 4 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. [1] Google libros: Biologia: la vida en la tierra Escrito por Gerald Audesirk, Teresa Audesirk, Bruce E. Byerspag, p. 550.
  2. 2,0 2,1 2,2 Biologia: la vida en la tierra . Teresa Audesirk, 2008
  3. Ciencias naturales y su didactica Julia Morros Sarda, pp. 121-122.
  4. Pascuzzi, Dr. Javier. "Ciclo cardiaco" . Arquivado dende o orixinal o 18-11-2016 . Consultado o 12-11-2016 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]