한국   대만   중국   일본 
Antonio Iglesias Alvarez - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Antonio Iglesias Alvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaAntonio Iglesias Alvarez
Biografia
Nacemento 1 de outubro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Ourense, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 8 de outubro de 2011 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Madrid, Espana Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 ? 30 de xuno de 1977
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 ? 12 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 ? 15 de novembro de 1967
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacion xornalista , politico , pianista , musicologo , critico musical Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Instrumento Piano Editar o valor em Wikidata
Familia
Fillos Maria Antonia Iglesias Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX957879 Musicbrainz: eb3dc492-ed8e-4962-97ca-497d654c02f7 Discogs: 4416140 Editar o valor em Wikidata


Antonio Iglesias Alvarez , nado en Ourense o 1 de outubro de 1918 e finado en Madrid o 8 de outubro de 2011 [ 1 ] , foi un xornalista, musicologo e pianista galego .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Fillo de Narciso Iglesias (n. 1884), inspector de pesos e medidas. Iglesias comezou a sua carreira xornalistica ao pouco de rematar a guerra civil , ao tempo que continuaba a sua formacion como pianista. En 1945 conseguiu un relevante premio en Espana e tres anos mais tarde obtivo unha bolsa que lle permitiu estudar e realizar actuacions nos Estados Unidos de America . Nos anos cincuenta adheriuse ao establishment cultural do franquismo e obtivo a encarga de promover e dirixir o Conservatorio de Ourense , que finalmente se fundaria en 1957 .

A partir dese momento esquece a vida como interprete e centrase no ensino da musica, na promocion cultural e no xornalismo, vencellado ao xornal Informaciones e logo ao ABC . En 1966 designarono subcomisario tecnico da Comisaria Nacional de Musica e, coa extincion da administracion franquista, foi atravesando diversos postos de asesor musical do Ministerio de Cultura ata a sua xubilacion en 1983 .

Como musicologo e promotor cultural, foi un dos impulsores de certames e festivais como a Semana da Musica Relixiosa de Cuenca , ou o Musica en Compostela . En 1992 ingresou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando , da que foi o seu secretario durante varios anos, cun discurso sobre Isaac Albeniz , respondido polo tamen musicologo e tamen ourensan Antonio Fernandez-Cid .

Obra [ editar | editar a fonte ]

  • Carmelo Bernaola , 1982 . Estudo sobre o musico Carmelo Bernaola .
  • Coro Nacional de Espana. 25 anos (1971-1996) , 1997 .
  • La musica en la Academia. Historia de una seccion, 1974-1998 , 1998 .

Edicions [ editar | editar a fonte ]

Editou a obra para piano de Enrique Granados ( 1985 ), Federico Mompou ( 1977 ), Isaac Albeniz ( 1987 ), Joaquin Turina ( 1989 ), Joaquin Rodrigo ( 1965 ), Manuel de Falla ( 1983 ) Oscar Espla ( 1962 ), Rodolfo Halffter ( 1979 ), os estudos e os preludios para piano de Fryderyk Chopin ( 1987 ), as sonatas para piano de Joseph Haydn e mesmo a obra para violin de Manuel Quiroga ( 1992 ). Ademais fixo unha edicion das obras para piano e orquestra de Espla, Rodrigo, Rodolfo Halfftere Falla en 1994 .

Tamen editou a obra escrita de varios autores musicais espanois, como Conrado del Campo ( 1984 ), Joaquin Rodrigo ( 1999 ), Julio Gomez ( 1986 ), Oscar Espla ( 1977 ) ou Joaquin Turina ( 1982 ).

Galardons [ editar | editar a fonte ]

Vida persoal [ editar | editar a fonte ]

Foi o pai da xornalista galega Maria Antonia Iglesias .

Notas [ editar | editar a fonte ]