Antonio Gil Merino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Gil Merino
Biografia
Nacemento 4 de xuno de 1916 Editar o valor em Wikidata
Castrillo de Villavega, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 18 de outubro de 2009 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
A Coruna, Espana Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura cemiterio de Santo Amaro da Coruna Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Valladolid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion historiador , escritor , arquiveiro Editar o valor em Wikidata
Membro de
Lingua Lingua castela e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 707694

Antonio Gil Merino , nado en Castrillo de Villavega ( provincia de Palencia ), o 4 de xuno de 1916 [ 1 ] e finado na Coruna o 18 de outubro de 2009 , foi un historiador , arquiveiro e escritor galego .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Estudou o bacharelato en Santander e despois marchou a Valladolid a estudar Filosofia e Letras, onde se licenciou en 1936 , pouco antes do estoupido da guerra civil espanola . Comeza a traballar como profesor de bacharelato en Santander e Torrelavega ao rematar a guerra, ata que en agosto de 1944 aproba as oposicions a arquiveiro e e destinado a Biblioteca publica de Lugo . En 1948 ocupa o cargo de arquiveiro de Facenda en Lugo , pero non abandona o seu traballo como bibliotecario: durante a sua xestion fusionase a biblioteca da Deputacion coa estatal, emprendese a creacion de bibliotecas municipais nalgunhas vilas da provincia e crease o Arquivo Historico Provincial de Lugo , que presidiu.

Nomeado director do Arquivo Historico do Reino de Galicia , en 1954 e nomeado academico correspondente da Real Academia Galega . O 13 de decembro de 1975 le o seu discurso de ingreso e convertese en membro de pleno dereito da institucion, a proposta de Enrique Chao Espina , Antonio Meijide Pardo , Francisco Vales Villamarin e Eugenio Torre Enciso . En 1993 , logo do falecemento de Juan Naya Perez , comeza a desenvolver o labor de arquiveiro da institucion, pero non e nomeado oficialmente para o posto ata o 29 de novembro de 1997 , cargo que ocupara ata o 16 de novembro de 2005 .

Tamen foi membro de diversas institucions culturais, coma o Instituto Jose Cornide de Estudos Coruneses ou o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos .

Obra [ editar | editar a fonte ]

E autor de numerosos artigos e contribucions en arquivistica , publicados en revistas e volumes colaborativos. Tamen publicou unha biografia de Jose Cornide Saavedra : La vida y obra de Don Jose Cornide Saavedra (breve biografia) ( 1992 ).

Vida persoal [ editar | editar a fonte ]

Casado, tivo un fillo e unha filla [ 2 ] . Foi soterrado no camposanto corunes de San Amaro .


Predecesor:
Juan Naya Perez
  Arquiveiro/Bibliotecario da RAG  
1997-2005
Sucesor:
Xose Luis Axeitos Agrelo

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]