한국   대만   중국   일본 
Antonio Garrido Villazan - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Antonio Garrido Villazan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Garrido Villazan
Biografia
Nacemento 2 de novembro de 1855 Editar o valor em Wikidata
A Coruna, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 4 de abril de 1928 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Madrid, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion militar , escritor , xornalista , autor Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX1281341

Antonio Garrido Villazan , nado na Coruna o 2 de novembro de 1855 e finado en Madrid o 4 de abril de 1928 , foi un militar, xornalista e escritor galego.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Estudou o bacharelato, a carreira de Ciencias e fixo estudos musicais no conservatorio en Paris , onde residiu dende neno. Logo ampliou os seus estudos en Londres . Regresou a Espana en 1874 e ingresou na Academia de Cabalaria de Valladolid. Foi destinado ao Rexemento real do norte e finalizada a guerra cos carlistas, foi ascendido a tenente e recibiu a cruz vermella do merito militar. Traballou no ministerio da Guerra e nos gabinetes de diversos ministros. Como secretario da comision mixta das Academias de Historia e de San Fernando conseguiu que se catalogase toda a riqueza monumental e artistica de Espana. Colaborou na creacion da Cruz Vermella Espanola, o Teatro Nacional e o Circulo de Bellas Artes de Madrid .

Colaborou en La Ilustracion Espanola y Americana , da que foi director; foi correspondente de Le Petit Parisien e Le Journal . Traduciu e adaptou La segunda mujer , a obra do dramaturgo ingles Arthur Wing Pinero que foi estreada no Teatro Espanol de Madrid en 1906. E autor de Tratado de geografia , Topografia militar , Notas estrategicas , Vocabulario espanol-frances-ingles-aleman e un Diccionario practico .

Ingresou na Academia de Belas Artes de San Fernando en 1903, co discurso Influencia de la musica como elemento social . Foi oficial da Academia de Francia e correspondente da Real Academia Galega. Foi galardoado coa cruz de Afonso XII.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]