Antonio Gamoneda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Gamoneda

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (es) Antonio Gamoneda Lobon Editar o valor em Wikidata
30 de maio de 1931 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Oviedo, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion poeta , escritor Editar o valor em Wikidata
Xenero artistico Poesia Editar o valor em Wikidata
Movemento Xeracion de 1950 de Literatura espanola Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 3946 Dialnet: 156308

Antonio Gamoneda Lobon , nado en Oviedo o 30 de maio de 1931 , e un poeta asturiano en lingua castela , ganador do Premio Cervantes en 2006 . Ademais de poesia, tamen cultivou con exito o ensaio . Parte da sua obra foi traducida a outras linguas como o frances, ingles, portugues ou neerlandes.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

O seu pai tamen se chamaba Antonio Gamoneda, e foi un poeta modernista que en 1919 publicou o seu unico libro, Otra mas alta vida . A sua nai era Amelia Lobon.

Con tres anos, sendo xa orfo de pai, marchou coa sua nai a Leon , cidade que influiu notabelmente a sua traxectoria poetica. Nun primeiro momento viviron no principal barrio obreiro e ferroviario da cidade, El Crucero, onde tivo lugar unha forte represion por parte do bando nacional durante a guerra civil . A presenza da sua nai como refuxio ante o horror e a miseria da guerra civil e a posguerra e recorrente en toda a sua poesia. En 1936, coas escolas pechadas, aprendeu a ler co libro do seu pai.

En 1941 comezou a recibir clases no colexio relixioso dos Pais Agostinos, ate que decidiu deixalo en 1943. Ao dia seguinte de cumprir os 14 anos comezou a traballar como meritorio e recadeiro no Banco Mercantil. Mantivose como empregado de banca ate 1969, durante 24 anos, terminando por libre a educacion secundaria .

Mentres traballaba no banco tomou contacto coa resistencia intelectual ao franquismo , tomando parte activa. Deuse a conecer no mundo da poesia con Sublevacion inmovil (1953-1959), obra publicada en Madrid en 1960 que supuxo unha ruptura coas tradicionais regras realistas da epoca, e coa que foi finalista do premio Adonais . En 1969 creou e dirixiu os servizos culturais da Deputacion da provincia de Leon e promoveu a creacion da coleccion Provincia de poesia, para fomentar desde as institucions oficiais unha cultura progresista. Foi privado da sua condicion de funcionario, sendo despois contratado de novo por sentenza xudicial.

Nesa epoca colaborou asiduamente en diferentes revistas culturais, e escribiu La tierra y los labios (1947-1953, publicado en 1987 no volume Edad ), Exentos I (1959-1960, tamen aparecido en 1987), Blues castellano (1961-1966, non publicada por ate 1982 por mor da censura ), e Exentos II (Pasion de la mirada) (1963-1970, publicada con multiples variacions en 1979 como Leon de la mirada ).

Despois desta primeira etapa tivo un silencio creativo durante os ultimos anos do rexime franquista e os inicios da transicion . Esta crise existencial e ideoloxica aparece reflectida na sua seguinte obra, Descripcion de la mentira (1977), un longo poema que marcou un xiro cara a unha total madurez poetica. Posteriormente publica Lapidas ( Madrid , 1987 ) e Edad , un volume revisado polo autor que recolle toda a sua poesia ate 1987 e que acadou o Premio Nacional de Literatura .

Durante esta segunda etapa, entre 1979 e 1991, foi director xerente da Fundacion Sierra-Pambley , creada en 1887 por Francisco Giner de los Rios baixo os principios da Institucion Libre de Ensenanza . Posteriormente foi membro do Padroato ate 2007 .

En 1992 publicou Libro del frio , que o consagrou como un dos poetas mais importantes en lingua castela. En 2000 apareceu a version definitiva desta obra, que incluia Frio de Limites , obra procedente dunha colaboracion con Antoni Tapies pero que, desgaxada da pintura, adquiria o caracter de addenda necesaria de Libro del frio . Previamente apareceran os poemas de Mortal 1936 , acompanando unhas serigrafias de Juan Barjola sobre a matanza na praza de touros de Badaxoz durante a guerra civil, e non chegaron a publicarse Exentos III ( 1993 - 1997 ).

De un diccionario relativo a la ciencia medica arcaica ( 1993 - 1998 ) e Libro de los venenos (1995) son obras mais atipicas que parten da conviccion do autor de que a linguaxe arcaica se cargou esteticamente ate se converter en poesia, e revelan a fascinacion do poeta pola traducion de Dioscorides realizada por Andres Laguna no seculo XVI e a sua interpretacion en clave poetica por Gamoneda.

En 2003 apareceu Arden las perdidas , que culmina a madurez iniciada en Descripcion de la mentira , dunha poesia na perspectiva da morte na que o perdido (infancia, amor, rostros do pasado, a ira...) ainda arde no transito cara a vellez con maior lucidez e claridade. Despois publicou Cecilia ( 2004 ) e Esta luz: poesia reunida: (1947-2004), ( 2004 ).

En 2006 concedeuselle o Premio Reina Sofia e o Premio Cervantes . Amais, recibiu entre outras concesions a medalla de ouro de Pau , a medalla de prata do Principado de Asturias , o Premio Leteo, a medalla de ouro da provincia de Leon e a medalla de ouro do Circulo de Belas Artes . E fillo adoptivo da provincia de Leon e de Vilafranca do Bierzo , e doutor honoris causa pola Universidade de Leon .

En marzo de 2009 estreouse o documental Antonio Gamoneda. Escritura y alquimia , rodado en 2007 e dirixido por Enrique Corti e Cesar Rendueles con guion de Amalia Iglesias e Julia Piera .

En 2011 a AELG nomeouno Escritor galego universal e en 2010 foi Premio Rosalia de Castro do Centro PEN Galicia .

Obra [ editar | editar a fonte ]

Poesia [ editar | editar a fonte ]

  • Sublevacion inmovil (1960).
  • Descripcion de la mentira (1977).
  • Leon de la mirada (1979).
  • Tauromaquia y destino . [con reproducions de Juan Barjola] Leon , Retablo, 1980 .
  • Blues castellano (1961?1966).
  • Lapidas (1986).
  • Edad (Poesia 1947?1986) (1987).
  • Libro del frio (1992).
  • Mortal 1936 (Pasion y luz de Juan Barjola) (1994).
  • El vigilante de la nieve (1995).
  • Libro de los venenos: corrupcion y fabula del Libro Sexto de Pedacio Dioscorides y Andres de Laguna, acerca de los venenos mortiferos y de las fieras que arrojan de si ponzona (1995).
  • Arden las perdidas (2003).
  • Cecilia (2004).
  • Reescritura (2004).
  • Esta luz. Poesia reunida (1947?2004) (2004).
  • Extravio en la luz (2009).
  • Cancion erronea (poemas escritos desde 2004; pendente de publicacion).

Ensaio [ editar | editar a fonte ]

  • Poesia y conciencia. Notas para una revision (1963).
  • El tema del agua en la poesia hispanica (1972).
  • El cuerpo de los simbolos (1997).

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]