한국   대만   중국   일본 
Andres do Barro - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Andres do Barro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndres do Barro

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 1 de outubro de 1949 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 22 de decembro de 1989 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Madrid, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion cantautor Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela e lingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0057608 BNE: XX993896 Musicbrainz: f8a8e603-32f7-4fd6-8275-0ed73c7402f5 Discogs: 2093312 Editar o valor em Wikidata

Andres Lapique do Barro , mais conecido como Andres do Barro , tamen conecido como Andres Dobarro , [ 1 ] nado en Ferrol [ 2 ] o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989 [ 3 ] , foi un cantante e actor galego. Conecido popularmente como Andres do Barro, ten o merito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo . Malia os atrancos para a expresion musical en galego, varias cancions suas foron numero un nas principais cadeas radiofonicas estatais.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Foi o sexto dos sete fillos de Nicolas Lapique, coronel da Armada Espanola , e Consuelo do Barro. Pasaba os verans en San Martino de Porto ( Cabanas ), onde entrou en contacto coa lingua galega . En 1960 a familia mudouse a Bilbao , onde comezou a tocar a guitarra e onde coneceu a que seria a sua muller, Paula Lopez. Despois a familia mudouse a Madrid, onde Andres comezou os estudos de Marina Mercante.

A sua primeira actuacion foi no cine Yeca de Chantada o 14 de agosto de 1968 . Tres semanas antes ia cantar no hotel Sarga de Cabanas xunto a membros do colectivo Voces Ceibes , pero o concerto -con fins beneficos- cancelouse por non ter permiso. Tras a primeira actuacion, ofreceuse a companias discograficas para gravar un disco. RCA publicoulle en 1969 o seu primeiro EP, mais non lle deron moita publicidade e nun primeiro momento pasou desapercibido.

En 1969 comezou a traballar con Juan Pardo , tamen fillo de militar, quen se ofreceu a ser o seu produtor. En novembro, un mes de comezar o servizo militar , publicouse o sinxelo "O tren", que acadou axina un grande exito. Comezou a sair en portadas de revistas como Mundo Joven , e o 12 de abril de 1970 realizou o saque de honra no partido de futbol entre o Celta de Vigo e o Pontevedra CF disputado no Estadio de Balaidos . Entre 1969 e 1972 estivo acompanado da banda ferrola Los Sprinters , formada en 1965.

En 1970 publicouse o sinxelo "Corpino xeitoso", primeira cancion en galego en estar no numero 1 de Los 40 Principales , nas semanas do 12 e o 19 de setembro, acadando difusion logo de actuar nas festas do barrio de Gracia , en Barcelona . En setembro participou na Feira do Disco de Valladolid . A finais de ano editou o seu primeiro LP, Me llamo Andres Lapique do Barro , que presentou no Pompon Club da Coruna . O disco inclue duas cancions con letra de Xavier Alcala , "Teno saudade" e "A uns ollos verdes". Alcala compuxo tamen a letra das pezas "Rapacina" e "Fogar de Breogan".

Capela de Santo Anton en Corveiro.

Entre febreiro e marzo de 1971 realizou unha xira pola Arxentina , onde visitou o Centro Galego de Buenos Aires , e o Brasil . A comezos de ano saiu o seu terceiro sinxelo, "San Anton", cancion referida a romaria de Corveiro ( Cedeira ). Trala gravacion deste tema, Juan Pardo deixou de ser o seu produtor. En veran saiu o sinxelo "Meu amor", adianto do seu segundo disco, e fixo o seu debut como actor no filme La red de mi cancion , dirixido por Mariano Ozores e con Concha Velasco como coprotagonista. Trala morte do seu pai en agosto, escribiulle a cancion "Llorar por llorar".

En novembro foi a Lisboa para unha actuacion televisiva na RTP , e desde ali dirixiuse a Roma para gravar o LP ¡Pum! . Foi producido por Ele Juarez nos estudios de RCA. Aproveitou a estancia e gravou versions en castelan e italiano das suas pezas. Na semana do 18 de decembro regresou ao numero 1 de Los 40 Principales con "Pandeirada". Tamen nese ano participou na curtametraxe Proyecto A , onde se incluiron imaxes para a promocion dun tema seu.

En marzo e abril de 1972 estivo de xira en Mexico , onde gravou o sinxelo "Amor D. F.", un canto a emigracion . En xullo participou no XVII Festival da Cancion de Benidorm , onde acadou o terceiro posto e o premio da critica co tema "Las enamoradas", cantado por Federico Cabo . Nese mesmo ano Miguel Rios propuxolle levar a cabo unha xira conxunta co nome de Conciertos de rock y saudade , pero o proxecto non saiu adiante. A finais de ano, do Barro presentou a cancion "Bon Nadal", producida polo arxentino Charlie Leroy .

En 1973 deu concertos en Alemana , Belxica , Paises Baixos e Suiza . Deixou a discografica RCA e fichou por Belter, e en xuno participou na I Muestra Belter no parque de atraccions de Montjuic . Xa en 1974 apareceu o seu terceiro disco, Andres do Barro , que obtivo pouco exito de critica e mercado. En 1975 saiu o sinxelo "Senora mia", e en 1974 e 1975 a discografica Belter publicou dous compilatorios con cancions ineditas e descartes. En 1976 o selo Impacto publicou un terceiro compilatorio, ao igual cos anteriores chamado Andres do Barro .

Entre 1976 e 1980 probou fortuna en Mexico. A volta foi vivir a Coruna, e ao pouco de regresar tivo un accidente de trafico preto de Lugo . Da man de Nonito Pereira conduciu o programa Tren de amigos en Radio Feliz. [ 4 ] Deixou o programa para intentar relanzar a sua carreira e foi vivir a Ourense , pero foi estafado polo seu representante.

En 1986 participou no programa Ruada da TVG . A sua ultima aparicion en television foi en 1989 no programa Corazonada , onde o entrevistou Xose Ramon Gayoso . Finou no sanatorio cirurxico Virgen del Mar de Madrid por mor dun tumor hepatico. Foi soterrado no cemiterio de La Almudena .

Vida persoal [ editar | editar a fonte ]

Casou con Paula Lopez en Torrelodones o 25 de xullo de 1970 , co almirante Adolfo Baturone Colombo - Ministro de Marina - como testemuna. Tiveron tres fillos e duas fillas: Andres (1971), Nicolas (1972), Andrea (1973), Paula (1975) e Daniel (1979). A parella separouse a mediados da decada de 1980.

Reconecementos [ editar | editar a fonte ]

Placa do centenario da lina Betanzos-Ferrol na estacion de Pontedeume, cun fragmento da cancion "O tren".

No ano 2000 o concello de Ferrol adicoulle unha rua, e tempo despois o concello de Santiago de Compostela adicoulle unha praza na Choupana. En 2004 comezou unha serie de homenaxes, iniciada cunha mesa redonda celebrada en Ferrol o 22 de decembro co gallo do 15 aniversario da sua morte. Nela participaron Maria Yanez , Andrea Lapique, Xavier Alcala, Nonito Pereira, Anxo Fernandez e Xurxo Souto . [ 5 ] [ 6 ]

No ano 2006 Noel Feans -guitarrista de Fanny + Alexander e coordinador do selo A Regueifa - promoveu o Manifesto Dobarrista , disco no que trinta grupos galegos facian versions das cancions do cantante ferrolan. O Manifesto presentouse en directo no Teatro Jofre de Ferrol o 15 de maio de 2007, e foi emitido pola TVG o 2 de xuno. En 2008 estreouse o documental O tren que me leva , de Anxo Fernandez.

No 2015 Fernando Fernandez Rego publicou a biografia do musico ferrolan: Saudade. Andres do Barro: El musico que llevo el pop gallego al numero uno de ventas, contando coa colaboracion da familia de Andres.

AGAL promove a celebracion do Dia do Orgulho Neofalante os 1 de outubro polo aniversario da sua data de nacemento. [ 7 ]

Discografia [ editar | editar a fonte ]

Sinxelos [ editar | editar a fonte ]

  • Por non poder / A uns ollos verdes / Homes / Deixa que chova (EP, 1969)
  • O tren / Mina Maruxa (1969)
  • Corpino xeitoso / Rapacina (1970)
  • San Anton / Con mais amor (1971)
  • Meu amor / Pois eu (1971)
  • Amor D.F. / Quiero hacer mi casa en el cielo (1972)
  • Bon Nadal / ¡Pum! (1972)
  • Me estoy volviendo loco / A mais belida da vila (1973)
  • Si vienes a San Simon / As namoradinas (1973)
  • Senora mia / Hoxe vai chorar (1975)

LP [ editar | editar a fonte ]

Directos e recompilatorios [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Entrada "DOBARRO, Andres" na Gran Enciclopedia Galega Silverio Canada
  2. Becerra, Javier (23 de xaneiro de 2010). "Saudade de Andres do Barro" . La Voz de Galicia . Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2015 . Consultado o 25 de xuno de 2015 .  
  3. El cantante Andres Dobarro muere en la penuria economica en El Pais . (en castelan )
  4. "A la memoria de Andres Lapique do Barro: mis vivencias... , post no blog de Nonito Pereira, 30 de abril de 2014 (en castelan ) .
  5. Diaz, Eva (22-12-2004). "Galicia recupera la figura del cantante ferrolano Andres Dobarro" . La Voz de Galicia (en castelan ) (Ferrol) . Consultado o 18-8-2017 .  
  6. "Un ciclo homenaxea en Ferrol a Figura de Andres Dobarro" . Consello da Cultura Galega .  
  7. "1 de outubro, Dia do Orgulho Neofalante" . Portal Galego da Lingua - PGL.gal . 2014-09-30 . Consultado o 2019-10-02 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]