한국   대만   중국   일본 
Andre, apostolo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Andre, apostolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndre, apostolo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (grc) ?νδρ?α? Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento c.   6 a. C. Editar o valor em Wikidata
Betsaida (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Morte 30 de novembro de 60 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Patras (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Causa da morte pena de morte Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Igreja dos Santos Apostolos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Patriarca de Constantinopla
38
← sen valor ? Estacio, bispo de Bizancio  →
Apostolo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Sinope
Novgorod
Escitia
Reino do Ponto
Roma Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Grupo etnico Pobo xudeu Editar o valor em Wikidata
Relixion Cristianismo e xudaismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion predicador , misioneiro , pescador Editar o valor em Wikidata
Periodo de tempo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Profesores Xesus de Nazaret Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua aramea Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Dia de festividade relixiosa 30 de novembro Editar o valor em Wikidata
Patron de Rusia , Marinha Imperial Russa (pt) Traducir, Marinha da Russia (pt) Traducir, fishery (en) Traducir, transporte maritimo , Escocia , Grecia e Romania Editar o valor em Wikidata
Familia
Conxuxe sen valor
Irmans Pedro Editar o valor em Wikidata
Cronoloxia
seculo I crucifixion of Andrew (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 135462558 Editar o valor em Wikidata
Santo Andre de Gregorio Espanol na capela de San Roque de Santiago de Compostela.

Andre Apostolo foi un xudeu da Galilea do seculo I, discipulo de Xoan o Bautista e despois de Xesus de Nazaret , que o escolleu como un dos doce para restaurar e xulgar as doce tribos de Israel . E patron de Constantinopla , Rusia , Romania , Ucraina , Xeorxia , Escocia e a cidade grega de Patras .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Nado ao redor do cambio de era en Betsaida Galilea . O seu nome semella indicar un certo proceso de helenizacion das vilas xudias que estaria chegando a Cafarnaum onde vivia co seu irman Simon ( Pedro, papa ) adicado a pesca no lago de Xenesaret .

Desprazouse a Xudea , as beiras do Xordan , onde Xoan o Bautista anunciaba a necesidade de conversion e bautizaba o xentio. Segundo o Evanxeo de Xoan , foi o Bautista quen lle da a conecer a Xesus, que se desprazara para ser el tamen bautizado.

Consonte o mesmo Evanxeo, e Andre quen anuncia ao seu irman Pedro que coneceu ao Mesias, de ai que a Igrexa Ortodoxa o denomine Protokletos , e dicir, o primeiro chamado. Pola sua banda, o Evanxeo de Mateu e o Evanxeo de Marcos narran que, posteriormente, Xesus, caminando pola ribeira do lago de Galilea, chama conxuntamente a Andre e a Pedro, que se atopaban traballando coas redes, para que o seguisen e facelos "pescadores de homes".

Segundo o Capitulo XIII do Evanxeo de Marcos, cando Xesus advirte que o Templo de Xerusalen sera destruido, Andre, abraiado e preocupado, sentado no Monte das Oliveiras fronte ao Templo, pregunta en privado xunto con Pedro, Santiago o Maior , e Xoan cando acontecera isto. Xesus fala enton das persecucions que sufriran polos gobernadores e reis e a necesidade de que sexa predicada a Boa Nova a todas as Nacions.

A sua influencia helenica fai que sexa el con outro apostolo de nome helenico, Filipe , quen presente a Xesus a uns xudeus procedentes da diaspora de fala grega. Hai quen defende que en realidade eran gregos non xudeus que, adheridos ao monoteismo de Israel, subian a Xerusalen durante a Pascua . Xesus aproveita para confesar a sua turbacion pola proximidade da sua morte.(Capitulo XII do Evanxeo de Xoan).

Andre vivia inmerso no ambiente insurreccional de Galilea, anhelando a liberacion de Israel das tirania de Herodes e das gadoupas do Imperio romano . A sua arela de cambio e conversion para preparar a accion liberadora de Deus, levao a acudir a chamada de Xoan o Bautista e a seguir a Xesus polas vilas e aldeas de Palestina, sen alforxa nin cartos, anunciando o Reino de Deus aos probes, realizando exorcismos e proclamando a liberacion dos oprimidos e o amor ao inimigo.

Cando Xesus se compadece do xentio esfameado que ian tras del e manda aos discipulos que lles dean de comer, e Andre quen lle indica que hai un rapaz que ten uns poucos pans e uns poucos peixes; preludio do milagre mais masivo realizado por Xesus narrado en todos os evanxeos sinopticos e tamen no de Xoan e que provoca o entusiasmo das xentes que queren proclamar a Xesus Rei.

Seria tamen un dos discipulos que se indignan cando Santiago o Maior e Xoan Evanxelista reclaman para si os primeiros postos, o que provoca a ensinanza de Xesus verbo de quen queira ser o primeiro fagase o servidor de todos .

Cando Xesus e apreixado, foxe xunto cos demais discipulos, agas algunhas mulleres. Pechado e amedrentado con eles ten unha experiencia de resurreccion e pentecoste que lle da pulos para predicar a Boa Nova ( Evangelion ) da salvacion a todos os homes.

Eusebio de Cesarea , na sua Historia Eclesiastica , citando a Orixenes , afirma que Andre predicou por Asia Menor e en Escitia ao longo das ribeiras do Mar Negro , Gregorio Nacianceno indica Epiro , Teodoro Hellas, existindo tradicions que o fan remontar o Volga e o Dnieper e chegar alen da actual Kiiv .

Os Feitos de San Andre , un escrito apocrifo dos primeiros seculos do cristianismo, menciona a fundacion da Se de Constantinopla ou Bizancio . O que co tempo daria azos e lexitimidade ao Patriarcado de Constantinopla que disputaria a primacia con Roma, a Se de Pedro.

Martirio [ editar | editar a fonte ]

Andre apostolo nunha icona rusa

A tradicion sosten que foi martirizado na cidade de Patras en Acaia, Grecia , na costa norte do Peloponeso . Autores como Gregorio de Tours insisten en que foi crucificado mediante ataduras a unha cruz en forma de xe ou en aspas. Suponse que a peticion propia por considerarse indigno de ser crucificado de igual xeito que o mestre. A sua lenta agonia permitiulle seguir predicando dende a propia cruz.

Veneracion [ editar | editar a fonte ]

Santo Andre e un dos santos mais venerados polas igrexas cristias; o feito de figurar nos evanxeos o seu nome sempre entre os catro primeiros nos listados dos apostolos e a narracion, no Evanxeo de Xoan, que o fai o primeiro discipulo de Xesus, fundamentan a sua relevancia.

En Galicia e un dos santos mais venerados, patron de multitude de parroquias e que nas orixes do cristianismo competia con Santiago en importancia. Preto dos acantilados de Vixia de Herbeira, a capela de Santo Andre de Teixido garda un dedo do apostolo segundo a tradicion do pais e a lenda popular. Tratese dun dos grandes centros de peregrinacion do pobo galego ata o punto de que se afirma que a Santo Andre de Teixido vai de morto quen non foi de vivo .

Xerome de Estridon escribiu que as reliquias foron trasladadas de Patras a Constantinopla por orde do emperador Constantino II . En 1208 os cruzados de occidente saquearon Constantinopla e levaron as reliquias de Santo Andre a cidade italiana de Amalfi cuxa catedral esta adicada a este apostolo. O Papa Paulo VI , como xesto de boa vontade coa Igrexa Ortodoxa, ordenou devolver as reliquias que se atopaban en Roma a Igrexa Grega, concretamente a Patras.

Bandeira de Escocia , tipo sautor ou cruz de Santo Andre.

Xeorxia , Romania , Ucraina e Rusia atesouran tradicions da predicacion de Santo Andre. En Escocia afirmouse a chegada dalgunhas reliquias do apostolo (lenda do "Breviario de Aberdeen " que conta como San Regulo recibe o mandato de levar as reliquias ao noroeste cara ao fin da terra). A diocese de Saint Andrews ainda celebra o 9 de maio a translacion das reliquias. Todo o cal fai que estas nacions o tiveran ou o tenan como patron. A bandeira escocesa loce a cruz de Santo Andre (chamada en vexiloloxia de sautor ) o mesmo, xa que logo, que a do Reino Unido da Gran Bretana .

A sua festa celebrase o 30 de novembro .

O santo Andre en Galicia [ editar | editar a fonte ]

O santo Andre e invocado nos ensalmos contra as nacidas (pustula maligna).

Refraneiro [ editar | editar a fonte ]

  • Por Santo Andre, toma o porco polo pe [ 1 ] .
  • A santo Andre de Teixido vai de morto o que non foi de vivo.
  • A santo Andre van as veces dous e volven tres.
  • Bieito mes que entra con Santos, meia con San Uxio e remata con Santo Andre.
  • O que paga a Xan e debe a Andre, ten que pagar outra vez.

Lexico [ editar | editar a fonte ]

  • A Via Lactea recibe tamen o nome de Camino, Carreiro ou Pasadas de Santo Andre.
  • O mes de novembro tamen e chamado mes de Santo Andre.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Literatura popular de Galicia , 1881, Juan Antonio Saco y Arce. Ed. De J. L. Saco, Ourense

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]