한국   대만   중국   일본 
American Film Institute - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

American Film Institute

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
American Film Institute
Logo
Acronimo AFI
Tipo Escola de cine
Data de fundacion 1967
Presidente/a Bob Gazzale
Nº de empregados 507 (2020) Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Sede Os Anxeles
Enderezo 2021 N Western Ave, Los Angeles, CA, 90027-1625
En Os Anxeles
Pais Estados Unidos de America
Na rede
http://www.afi.com
IMDB: co0017295 Facebook: AmericanFilmInstitute Twitter: americanfilm Instagram: americanfilminstitute Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

O American Film Institute ( AFI ) e unha entidade cinematografica estadounidense independente sen animo de lucro, cuxo fin e educar cineastas e render homenaxe o patrimonio das artes cinematograficas nos Estados Unidos. Foi creado polo National Endowment for the Arts , o cal foi establecido en 1967 cando o presidente dos Estados Unidos Lyndon B. Johnson firmou un tratado conecido como National Foundation on the Arts and the Humanities Act . [ 1 ]

E conecida mundialmente por dous motivos principais: as listas que dende 1998 publican cada ano sobre o mellor do cine, e os premios honorificos que concede aos personaxes mais destacados do mundo do cine estadounidense. En 2008 publicou o AFI's 10 Top 10, os 10 mellores filmes norteamericanos en dez xeneros diferentes.

A organizacion tamen preserva filmes antigos, en especial aqueles en risco de degradacion do soporte fotografico utilizado para a filmacion e proxeccion do filme.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Silver Theater

O American Film Institute foi fundado por un mandato presidencial anunciado en 1965 no Rose Garden da Casa Branca polo enton presidente os Estados Unidos de America Lyndon B. Johnson , para establecer unha organizacion nacional das artes e preservar o legado do patrimonio do cine estadounidense, educar as seguintes xeracions de cineastas e render tributo aos artistas e o seu traballo. Dous anos mais tarde, en 1967 , o AFI foi establecido, apoiado polo National Endowment for the Arts, a Asociacion Cinematografica de America e a Fundacion Ford.

A xunta directiva inicial contaba con 22 membros e tina como presidente ao actor Gregory Peck e a Sidney Poitier como vicepresidente. Entre os membros tamen figuraban o director Francis Ford Coppola , Arthur Schlesinger, Jr. e Jack Valenti .

Nos seus primeiros anos creou un programa de exhibicion de cine no Centro Kennedy para as Artes Escenicas (mais tarde trasladouse ao AFI Silver Theater and Cultural Center), e o catalogo de peliculas do AFI.

Programas [ editar | editar a fonte ]

O AFI ofrece varios programas educativos e culturais, que incluen:

  • Catalogo de Longametraxes de AFI e Arquivo de AFI: historia de todas as longametraxes durante os primeiros 100 anos da arte.
  • Conservatorio de AFI: Unha escola de cine dirixida por cineastas.
  • AFI Life Achievement Award: Celebrado desde 1973 .
  • AFI Awards: Un premio celebrando os conxuntos creativos dos programas de longametraxes e televisivos mais importantes do ano.
  • AFI 100 years...: Unha lista de filmes e eventos televisivos sobresaintes segundo os seus estandares. [ 2 ]
  • AFI's two film festivals: AFI Fest nos Anxeles e AFI Docs en Silver Spring, Maryland .
  • AFI Silver Theatre and Cultural Center: Cine historico con presentacions recorrentes. [ 3 ]
  • American Film: Revista electronica que explora a arte de clasicos cinematograficos tanto novos coma historicos.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Howe, Desson. "Film Notes" . The Washington Post (en ingles) .  
  2. "AFI's 100 Years... The complete lists" . afi.com (en ingles) .  
  3. "AFI Silver Theatre and Cultural Center" (en ingles) . Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2018.  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]