한국   대만   중국   일본 
Altea - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Altea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAltea
Imaxe

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  38°36′00″N 0°02′56″O  /  38.6, -0.0489 Coordenadas : 38°36′00″N 0°02′56″O  /  38.6, -0.0489
Estado Espana
Comunidade autonoma Comunidade Valenciana
Provincia Provincia de Alacant
Comarcas da Comunidade Valenciana Marina Baixa Editar o valor em Wikidata
Capital Altea (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 23.820 (2023) Editar o valor em Wikidata (691,84 hab./km² )
Lingua oficial lingua catala ( lingua predominante ) Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Superficie 34,43 km² Editar o valor em Wikidata
Banado por Mar Mediterraneo Editar o valor em Wikidata
Altitude 61 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padron Brais de Sebaste Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal 03590 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Codigo INE 03018 Editar o valor em Wikidata
ARGOS ID (en) Traducir03018 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Houffalize (pt) Traducir
Su?ice (pt) Traducir
Turi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 25+

Paxina web altea.es Editar o valor em Wikidata

Altea e unha poboacion e un concello valenciano da comarca da Marina Baixa , na costa da provincia de Alacant . O municipio tina 22.648 habitantes en 2007, sobre unha area superficial de 34,40 km².

Limites [ editar | editar a fonte ]

O concello de Altea linda cos de L'Alfas del Pi , La Nucia e Callosa d'en Sarria (na Marina Baixa) e con Calp , Benissa e Xalo (na Marina Alta ).

Historia [ editar | editar a fonte ]

Rua en Altea

As primeiras noticias de poboamento na zona venen dadas polos depositos arqueoloxicos da cultura ibera e dos romanos que se acharon no termo, asi como dos restos dun acueduto romano denominado “Els Arcs” (Os Arcos). Durante a epoca musulma a poboacion medrou nos arredores do Rio de Algar (ou da Salut), nos que se formaron as "alcarias" (casais) de Albalat, Beniasquer e Benimussa, citados no Llibre del Repartiment ( Libro do Repartimento ); politicamente pertenceu a taifa de Denia , conquistada polo rei Xaime I de Aragon en 1244 . Repoboada con cristians catalans, obtivo carta de poboacion en 1279 consonte ao foral de Valencia .

A torre de Bellaguarda, non lonxe do rio, protexia no seculo XV un poboado (identificado coa actual Altea la Vella), asentado ao pe da serra de Bernia . Cara a metade do seculo aparece o "locum et castrum" de Altea sobre o poder xurisdicional da baronia de Calp , Teulada e Benissa , cando o titular, Francesc de Palafox, desexou reedificalo e fortalecelo. Asi nas Cortes valencianas de 1604 dise que o senor da baronia " ha fet una vila nomenada Altea, cercant-la ... en la qual esta compres lo castell nomenat de Altea, olim de Bellaguarda " ( fixo unha vila nomeda Altea, cercandoa, na cal esta comprendido o castelo dito de Altea ou de Bellaguarda ). No 1617 , Jaume de Palafox outorga escritura de nova poboacion, pola que cede os dereitos da propiedade util en enfiteuse a 48 familias. E a nova e actual vila de Altea, cun " asiento en la pendiente de un montecillo, a modo de una pina ". En 1705 a baia de Altea acolle a escuadra angloneerlandesa, e o reitor Marti Morales e mais o vigairo Jaume Ripoll , xunto coa vecinanza, apoian o desembarco de Basset e doutros seguidores do arquiduque Carlos . Altea facilitou asi a toma de Denia e de Valencia . O seculo XVIII marca a auxe agricola , pesqueira , comercial e demografica, acabando a centuria con 5.000 habitantes. En dito seculo, polo menos trescentos alteans servian na marina real. Durante o XIX a vida oficial e comercial trasladouse para o nucleo urbano proximo do mar, que se consolidou no seculo XX .

Baia de Altea

Demografia e economia [ editar | editar a fonte ]

A poboacion, 22.648 habitantes en 2007 , esta repartida entre os 3 nucleos que hai no seu termo, de 34,4 km²: Altea, Altea la Vella e L’Olla. A agricultura , citricos e nespereiras e a pesca de arrastre constituiron a base da sua economia, pero desde os anos da decada de 1950, o turismo impulsou o crecemento, e converteuse no factor economico mais importante.

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Altea esta asentada nunha baia, que cerran a Punta de Albir e o Morro Toix, protexida pola serra de Bernia . Ofrece un casco antigo ainda abondo conservado que foi refuxio de artistas e intelectuais. A costa posue praias de grava e cantis de grande encanto paisaxistico. O rio do Algar atravesa e rega o municipio; a Serra Gelada co faro de Altea; a cima de Bernia (1.121 m); os illotes de Pila e da Olla ; as praias da Olla; Cap Negret, coa Cova del Frare, o Portet e a Cala del Soio; as calas da Roda e a de Cap Blanc. A 3 km situase Altea la Vella.

Igrexa da Nosa Senora da Consolacion

Edificios de interese [ editar | editar a fonte ]

A poboacion estivo amurallada e posue un castelo, mais o crecemento urbanistico non deixou case restos visibeis. O mesmo sucedeu en Altea la Vella , que tina un pequeno castelo, conecido como o Castellet do que non fica nada.

O patrimonio artistico presenta:

  • Igrexa da Mare de Deu del Consol (Nosa Senota da Consolacion), con cupula de ceramica azul e branca, que orixina unha das postais mais conecidas da Marina.
  • Torre de Bellaguarda , torre vixia construida no seculo XVI, hoxe rehabilitada.
  • Torre Galera , outra torre vixia, de planta circular, actualmente reformada e de propiedade particular.
  • Mosteiro da Olla.
  • San Francisco.
  • Santa Ana, en Altea la Vella.
  • Museo Kritikian de Ciencias Naturais.
  • Museo Ramon Navarro.
  • Museo Rocafort (Museo do automobil)
  • Pazo das Artes de Altea - Museo etnico da musica
  • Campus de Belas Artes da Universidade Miguel Hernandez .

Gastronomia [ editar | editar a fonte ]

A gastronomia de Altea basease no arroz , presentado a banda , en caldeiro , ao forno , con fabas e polbo ( amb fesols i polp ), empedrado . Como cabe a unha vila marineira e mediterranea, o marisco e o peixe, presentanse en fritido ou grellado ou na especialidade da zona, " el cruet ".

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]