Alma

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha pintura onde Deus olla a loita entre un anxo e un demo por unha alma humana.

Alma , [ 1 ] que proven do latin anima , e un concepto dun principio transcendente ou unha entidade inmaterial do ser humano propio de moitas relixions e correntes da filosofia a miudo considerada eterna.

Etimoloxicamente a palabra do latin anima usabase para designar o principio polo cal os seres animados estaban dotados de movemento propio. Nese sentido orixinario tanto os animais coma o ser humano estarian dotados de alma no cristianismo . Os avances na fisioloxia e neuroloxia permitiron reconecer que os seres animados obedecen ao mesmo tipo de principios fisicos que os obxectos inanimados, ao mesmo tempo que poden desenvolver actividades diferentes destes, como a nutricion, o crecemento, e a reproducion.

As mitoloxias dos pobos e logo as relixions en case todas as culturas tenen a crenza de que o ser humano esta dotado dunha ou varias partes espirituais, diferentes do corpo , distinguindo nelas a alma, o espirito e en certos casos mais nocions. No cristianismo, as animas son as almas dos mortos que non foron nin ao ceo, nin ao paraiso , son almas perdidas ou que andan polo purgatorio . En moitas crenzas populares as pantasmas son almas de mortos que volven a visitar os vivos. Noutras relixions a alma pode despois da morte reencarnarse noutro corpo humano, animal ou vexetal, segundo a relixion. Para os animistas todas as entidades da natureza tenen alma e polo tanto os humanos poden comunicar coa natureza.

Dende Platon , que consideraba a alma como a parte inmortal do home, ata as concepcions contemporaneas que consideran que a existencia esta antes da esencia , a nocion de alma na filosofia depende do filosofo e cada corrente filosofica.

En certos casos a psicoloxia , a psicanalise e a literatura tenen autores que tamen danlle consideracion a existencia da alma como elemento da conciencia do ser humano.

Na actualidade o termo "alma" e usado, fundamentalmente, polos ideologos relixiosos [ Compre referencia ] .

Introducion [ editar | editar a fonte ]

O termo alma podese aplicar aos seres vivos en xeral (plantas e animais) como o seu principio constitutivo. Segundo algunhas interpretacions, como a de Aristoteles , a alma incorporaria o principio vital ou esencia interna de cada un deses seres vivos, grazas a cal estes tenen unha determinada identidade, non explicable a partir da realidade material das suas partes.

Tamen se usa o termo alma nunha acepcion mais particular se se refire aos seres humanos ; neste segundo caso, segundo moitas tradicions relixiosas e filosoficas, a alma seria o componente espiritual dos seres humanos.

No transcurso da historia, o concepto "alma" pasa por diversos intentos de explicacion. Desde o dualismo do idealismo filosofico e da gnosis, a interpretacion existencialista dun todo con dous aspectos especificos que son: o material e o inmaterial.

Para a relixion cristia , o home consta de tres partes, que son: corpo (o fisico), alma (o relacionado co emocional) e Espirito (o relacionado co espiritualidade). De acordo a tradicion cristia, a alma e un dos aspectos do ser humano, que o unifica como individuo e lanzao" a actividades que van mais alo do material. Grazas a alma o home e capaz de instintos, sentimentos, emocions, pensamentos e decisions libres, asi como de volver sobre si mesmo (auto conciencia).

Ainda que non e moi frecuente, o termo "alma" tamen pode utilizarse referido a calquera ser humano como un todo, obviar o significado relixioso ou filosofico, como nas expresions ≪non hai nin unha alma≫ ou ≪cidade de 40.000 almas≫.

Relixions abrahamicas [ editar | editar a fonte ]

Cristianismo [ editar | editar a fonte ]

Alma levada o ceo por dous anxos. Representacion da tradicion cristian.

O cristianismo afirmou que a alma era un don de Deus particular para os homes, feitos a imaxe e semellanza sua. Cada alma e individual. Os seres humanos xa o formarse no ventre materno tenen alma, e por iso a Igrexa condena o aborto : e matar unha persoa cunha alma que non pertence a persoa senon que e un agasallo que compre coidar temporalmente.

A alma, cando morre o corpo, e xulgada polas obras da persoa e segundo se se salva ou e condenada, vai o Paraiso (onde desfruta da contemplacion eterna do Creador) ou o Inferno .

As almas son as que permiten a resurreccion final dos corpos, cando se acabe o tempo deste mundo. O pecado ensucia a alma e a achega a condenacion. A relixion e unha via porque a alma comunicase con Deus por medio dos sacramentos ou a pregaria e pode transcender o corpo.

Achega biblica [ editar | editar a fonte ]

A sua vision antropoloxica emprega termos traducidos por espirito (ru?aj), anima (ne?fesch [????]), corpo (ba?sar). Estes conceptos, se reciben unha mesma traducion de anima e corpo, en realidade non corresponden de todo cos conceptos da filosofia grega. Mentres a filosofia grega se situa a nivel de "esencias", a antropoloxia biblica ten todas as caracteristicas de "existencialismo".

  • A ruaj que e "vento" " espirito " en hebreo, en relacion coa antropoloxia e o alento [de vida] ' alento da divindade mesma: cando Xeova inspirou sobre o home o seu sopro de Vida (Xenese 2:7), este converteuse en ser vivente. O home vive mentres Xeova non retira o seu ruaj . (Xob 27,3). O termo marca fortemente a relacion entre criatura e creador, a dependencia absoluta dela cara El. A Ruaj recibe outros sensos na Biblia segundo os contextos.
  • A nefesch (????) significa "pescozo", "gorxa" (2 Samuel 16:14), "o que respira" (Xob 41:13, 20, 21). Nefesch ven dunha raiz que significa "respirar", e nun senso literal se poderia traducir como "un respirador ". Exactamente a mesma expresion hebrea que se emprega para a creacion animal, a saber nefesch jaiyah (anima vivente), aplicase a Adan cando se di que despois de que Deus formara o home do po da terra e soprase no seu nariz o sopro de vida, "o home pasou a ser anima vivente" (Xenese 2:7.). Nas instrucions que Deus lle deu o home despois de crealo, empregou de novo o termo nefesch para facer referencia a creacion animal: "Todo o que se move sobre a terra que ten vida como anima [literalmente, no que hai anima vivente (nefesch)]" (Xenese 1:30.). Por veces a verba ne?fesch empregase para expresar o desexo do individuo, que o enche e despois o empurra a acadar a sua meta. Proverbios 13:2 fala sobre os que tratan con aleivosia que 'a sua propia anima e violencia ' e dicir, que son partidarios acerrimos da violencia, e chegan a ser en realidade a violencia personificada de xeito que ten que ver tamen coa interaccion entre mente e personalidade activa dun individuo, a saber: "a vida" (1 Samuel 26:21).
  • O basar (carne) e un concepto que non se opon a ruaj pero se xustaposicionan. Unha traducion aceptable seria a "mina persoa", que se pode tocar, experimentar. Cando Paulo di: "Os vosos corpos son o templo do Espirito (en gr. pneuma )...(1 Cor 6,19) " ou ben "Vostedes son o templo... (1 Cor, 3-17) " salienta o aspecto experimentable do concepto.

A alma na filosofia occidental [ editar | editar a fonte ]

Filosofia grega [ editar | editar a fonte ]

Platon consideraba a alma como a dimension mais importante do ser humano. As veces fala dela coma se estivese encarcerada nun corpo, ainda que tal idea tomaa prestada do orfismo . Segundo o Timeo , a alma estaba composta do identico e o diverso, substancia que o demiurgo usou para crear a alma cosmica e os demais astros; ademais, os deuses inferiores crearon duas almas mortais: a pasional, que reside no torax, e a apetitiva, que reside no abdome. Por encima das duas estaria a alma racional, que atoparia o seu lugar na cabeza. Algo parecido narrase no Fedro , onde se expon o mito dos cabalos alados: o auriga e a alma racional, o cabalo branco representa a parte pasional e o negro a parte dos apetitos (sempre rebelde). A tarefa do auriga e manter o cabalo negro ao mesmo galope que o branco. No Fedon , a alma e vista como unha substancia que busca desligarse dos limites e conflitos que xorden desde a sua union co corpo, e que podera vivir de modo pleno tralo momento da morte; este dialogo ofrece diversos argumentos que buscan probar a inmortalidade da alma.

Aristoteles definiu a Psyche como "forma especifica dun corpo natural que en potencia ten vida". ( De Anima , 412a20.) Tamen a entende como "a esencia de tal tipo de corpo" (412b10). A forma ou esencia e o que fai que un ente sexa o que e. Por isto entendemos que a alma e o que define a un corpo natural. Por exemplo, se o oido fose un animal, a sua alma seria o escoitar e a sua materia o propio organo do oido. Un oido que non tivese a funcion de oir seria un oido so de palabra. Neste caso, a alma configura a materia nun corpo natural organizado.

Asi se forma unha unidade substancial (composta de materia e forma). Alma e corpo non son separables no vivente.

A alma e definida tamen polo estaxirita como "a entelequia primeira dun corpo natural que en potencia ten vida" (412a26). Con iso indica que a alma e entelequia ou acto primeiro do corpo vivo e alma e corpo estan unidas simultaneamente. Pero ao ser a alma o acto pode dicirse que esta ten prioridade sobre o corpo. E primeira non en tempo, pero si en importancia. E a primeira accion de onde xorden as facultades e potencias do vivente. Aristoteles sinala, finalmente, que poderian darse operacions da alma que non dependesen de corpo algun.

A vision dualista que se desprende do platonismo distorsiona a realidade e as consecuencias chegan a un desprezo das realidades fisicas, do corpo humano e da sexualidade entre outras cousas. Imaxinase a alma como algo independente, parte do divino e do bo, como unha folla branca metida nun pobre sobre material do cal urxe liberarse. Con todo o monismo aristotelico permite entender ao ser humano como unha unidade conformada de corpo e alma dando o xusto valor ao corpo ao non entendelo como a prision da alma (como facia Platon), senon como parte esencial do que e o home.

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]