한국   대만   중국   일본 
Alexandre de Fisterra - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Alexandre de Fisterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlexandre de Fisterra

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 6 de maio de 1919 Editar o valor em Wikidata
Fisterra, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 9 de febreiro de 2007 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Zamora, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion poeta , editor literario , inventor , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX869669

Alexandre Campos Ramirez , conecido como Alexandre de Fisterra , nado en Fisterra o 6 de maio de 1919 e finado en Zamora o 9 de febreiro de 2007 [ 1 ] , foi un editor, escritor, inventor, republicano e testamenteiro de Leon Felipe . Foi o inventor do futbolin , version do futbol de mesa.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Fisterra lugar de nacemento de Alexandre

Mocidade [ editar | editar a fonte ]

Alexandre foi un dos dez fillos de Manuel Campos Pedreira ( A Coruna , 1882 - Rio de Xaneiro , 1977), radiotelegrafista de Fisterra , e de Josefa Francisca Ramirez Barreiro (nada na Coruna no 1885). Viviu nesa vila da Costa da Morte ata os cinco anos, para se trasladar despois a Coruna . Aos quince anos marchou estudar o bacharelato a Madrid .

Unha vez ali, a zapataria do seu pai quedou arruinada, polo que, ao non poder pagar o colexio privado no que estudaba, o director puxoo a corrixir os deberes dos parvulos pagando asi a matricula. Tamen traballou na construcion como peon de albanel, como bailarin de claque e despois nunha imprenta. Ademais foi nesta cidade onde coneceu a Leon Felipe (do que seria testamenteiro), que xunto con Rafael Sanchez Ortega , editaron o xornal Paso a la juventud para vendelo pola rua.

A guerra e o exilio [ editar | editar a fonte ]

En novembro de 1936 quedou sepultado nun dos bombardeos de Madrid durante a Guerra civil espanola . Primeiro levarono a Valencia pero como as suas feridas eran graves finalmente trasladarono a un hospital de Monserrat . Ali coneceu moitos nenos feridos coma el, incapaces de poder xogar ao futbol , e foi daquela cando pensou no futbolin inspirandose no tenis de mesa . Alexandre confioulle ao seu amigo Francisco Xavier Altuna , un carpinteiro vasco , a fabricacion do primeiro futbolin seguindo as suas instrucions. Non obstante, non puido vender o invento a nivel industrial xa que todas as fabricas de xoguetes, a maioria en Valencia , estaban a fabricar armas de verdade por mor da guerra. Patentou a invencion en Barcelona en xaneiro de 1937 , ao igual que o primeiro pasafollas de partituras movido co pe que fixo para unha rapaza pianista da que estaba namorado. Non obstante, por mor do triunfo franquista na guerra, tivo que se exiliar a Francia cruzando a pe os Pireneos e debido a que estivo a chover durante dez dias, perdeu a patente que levaba no macuto.

Futbolin.

Estando xa en Paris , no ano 1948 , e grazas a patente do pasafollas conseguiu ganar uns cartos cos que puido marchar a Quito ( Ecuador ) onde fundou a revista Ecuador 0°, 0', 0" coa que dedicaba cada numero a poetas dun pais. Mais tarde, en 1952 , foi a Guatemala , concretamente a Cabo de Santa Maria , e ali despois de mellorar o futbolin comezou a fabricalos, facendo un bo negocio. Ali foi ademais onde xogou partidas contra o Che Guevara . Isto aconteceria mentres habia democracia no pais, xa que tras o golpe de estado do coronel Carlos Castillo Armas , por mor da sua ideoloxia de esquerdas, foi roubado e secuestrado, quedando sen nada.

Axentes especiais espanois embarcarono pois nun avion en direccion a Espana, pero el puido escapar, refuxiouse nos lavabos do avion e construiu unha bomba ficticia envolvendo xabron con papel de aluminio. Con esa "bomba" ameazou a tripulacion e ganou o favor dos viaxeiros logo de dicirlles que era "un refuxiado espanol". O avion desviouse a Panama , no que foi un dos primeiros secuestros de avion. Mais tarde marchou a Mexico onde atopou amigos poetas e escritores polo que permaneceu ali dedicandose as artes graficas e a editar. Asi fundou e presidiu a editorial chamada Editorial Finisterre Impresora dende a cal editou a revista do centro galego de Mexico e libros de variados poetas, entre os que se atopan Leon Felipe e Juan Larrea . Ademais foi redactor de El Nacional e editou un facsimile da revista Galeuska e o primeiro libro de poemas de Ernesto Cardenal .

Entre agosto de 1948 e mediados de 1954, cando ela faleceu, mantivo unha relacion afectiva con Frida Kahlo , con quen mantivo un intenso intercambio epistolar mentres el residiu en Paris , Ecuador e Guatemala . Ela legoulle parte dos seus bens [ 2 ] .

O regreso [ editar | editar a fonte ]

Cando volveu a Espana logo de morrer Franco sorprendeuse ao ver que o futbolin se estendera amplamente, malia que gran parte desta divulgacion se debera ao feito de que os fabricantes valencianos asumiran o xogo coma nacional. Convenceu a editorial Alianza para reimprimir as obras completas de Leon Felipe e traballou intensamente na divulgacion da obra deste poeta, de quen xestionaria a herdanza coma testamenteiro .

Residiu en Aranda de Duero ( provincia de Burgos ), e despois trasladariase a Zamora . onde faleceu, na sua casa do barrio de Pinilla a idade de 87 anos. As suas cinzas foron espalladas no rio Douro ao seu paso pola cidade de Zamora e no Atlantico en Fisterra.

Escribiu unhas memorias, perdidas e ineditas, que titulou Bajo vientos, mareas y pechelingues . [ Compre referencia ]

Era membro correspondente da Real Academia Galega [ 3 ] .

Vida persoal [ editar | editar a fonte ]

A sua primeira esposa foi Emilia de Roa Riaza, da familia do Marquesado de Piedra Blanca de Guana, con quen casou na igrexa de San Jeronimo el Real de Madrid en 1945, e con quen tivo un fillo, Alejandro, finado moi novo. A sua segunda muller foi a soprano de traxectoria internacional Maria Herrero Palacios, natural de Banos de Valdearados ( provincia de Burgos ). [ Compre referencia ]

Reconecemento [ editar | editar a fonte ]

O grupo corunes Os Diplomaticos de Monte Alto compuxo unha cancion dedicada ao futbolin que comeza mencionando ao inventor: Ano 37, guerra civil / Alexandre de Fisterra inventa o futbolin . [ 4 ] A cancion fixose famosa ao ser parte do videoclip do contentor infantil da Television de Galicia Xabarin Club .

Alessio Spataro publicou unha banda desenada contando a sua vida.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Michael Eaude (24 de febreiro de 2007). "Alejandro Finisterre" . The Guardian .  
  2. Lema, Rafael (Novembro de 2022). "Alejandro Finisterre, o grande amor galego de Frida Kahlo". Luzes (109): 66?71.  
  3. "Academicos e academicas correspondentes" .  
  4. Pasouoquepasou.crtvg (8 de xuno de 2016). "A musica do Xabarin: "Oda o futbolin " " . Youtube . Consultado o 20 de marzo de 2020 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]