한국   대만   중국   일본 
Airbus A320 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Airbus A320

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A320-216 de Iberia Express en Vigo
Tipo Pasaxeiros
Fabricante Airbus
Primeiro voo 22 de febreiro de 1987
Introducido 18 de abril de 1988 ( Air France )
Estado en servizo
Principais usuarios American Airlines
China Eastern Airlines
EasyJet
China Southern Airlines
Producion 1986 - 2021 (A320ceo)
2012 - presente (A320neo)
Unidades construidas 10 200 (xaneiro de 2022)
Variantes Airbus A318
Airbus A319
Airbus A321

O Airbus A320 e un avion civil de pasaxeiros de Airbus , dun so corredor e de curto a medio alcance. O A320 lanzouse en marzo de 1984, voou por vez primeira o 22 de febreiro de 1987, e entrou en servizo en abril de 1988 con Air France . Foi o primeiro modelo de avion con mandos electronicos fly-by-wire , de forma que o piloto controla as partes mobiles do avion a traves do uso de impulsos electronicos en vez de mediante pancas e sistemas hidraulicos.

Deste modelo derivaron posteriormente as versions acurtadas A318 (introducido en 2003) e A319 (1996) e a version alongada A321 (1994).

En decembro de 2010 Airbus anunciou o remotorizado A320neo ( new engine option) , que entrou en servizo con Lufthansa en xaneiro de 2016. Con turboventiladores mais eficientes e melloras como os sharklets , consome ata un 15% menos de combustible. Os primeiros A320 son agora chamados A320ceo ( current engine option ).

Historia [ editar | editar a fonte ]

Orixes [ editar | editar a fonte ]

Cando Airbus desenou o Airbus A300 entre finais dos 60 e principios dos 70 concibiu unha ampla familia de avions de pasaxeiros coa que competir contra Boeing e Douglas , dous fabricantes estadounidenses establecidos. Dende o momento da sua formacion, Airbus comezara a estudar dous derivados do Airbus A300B para conseguir ese obxectivo a longo prazo. [ 1 ] Antes de que entrase en servizo o primeiro avion da compania, os seus enxeneiros identificaran nove posiles variantes do A300, conecidas como A300B1 a B9. [ 2 ] Unha decima variante, concibida en 1973 , mais tarde seria a primeira en fabricarse e foi designada como A300B10. [ 3 ] Era un avion mais pequeno que acabaria convertendoe no Airbus A310 de longo alcance. Airbus enton centrou os seus esforzos no mercado de corredor unico, que estaba dominado polos Boeing 737 e McDonnell Douglas DC-9 .

Os plans dun gran numero de construtores europeos estaban chamados a ser o sucesor do relativamente exitoso BAC One-Eleven , e o substituto do 737?200 e o DC-9. [ 4 ] Messerschmitt-Bolkow-Blohm (MBB), British Aircraft Corporation , Saab e CASA traballaban no EUROPLANE , un avion de 180 a 200 asentos. [ 4 ] [ 5 ] O seu deseno foi abandonado despois de imponerse as especificacions do A310. [ 6 ] VFW-Fokker , Dornier e Hawker Siddeley traballaban en varios desenos de 150 asentos. [ 4 ]

Xunto con BAe (que naquel momento non formaba parte de Airbus) estaban MBB, Fokker-VFW e Aerospatiale . O estudo do deseno JET trasladouse ao JET2 (163 pasaxeiros), que despois se converteria na serie Airbus S.A1/2/3 (Single Aisle), antes de recibir o nome de A320 para o seu lanzamento en 1984 . Anteriormente Hawker Siddeley producira un deseno chamado HS.134 "Airbus" en 1965 ,que era unha evolucion do HS.121 (anteriormente DH.121) Trident , [ 7 ] que compartia moitas das caracteristicas xerais do posterior deseno do estudo JET3 . O nome "Airbus" nese tempo referiase a un requirimento da BEA e non ao posterior programa internacional.

Deseno [ editar | editar a fonte ]

Posteriormente iniciouse un novo programa, bautizado Joint European Transport (JET). Este comezou en xuno de 1977 , [ 8 ] e baseaouse en Weybridge , Surrey . Ainda que todos os membros eran asociados de Airbus, consideraron o proxecto como unha colaboracion separada do consorcio. [ 9 ] Este proxecto foi considerado o precursor do Airbus A320, abarcando o mercado de 130 a 188 asentos, impulsado pr dous motores CFM56 . [ 4 ] Teria unha velocidade de cruceiro de Mach 0.84 (mais rapido que o Boeing 737). [ 4 ] O programa tranferiuse posteriormente a Airbus, o que levaria a creacion dos estudos Single-Aisle (SA) en 1980 , liderados polo antigo director do programa JET , Derek Brown. [ 10 ] O grupo examinou tres variantes diferentes, cubrindo o mercado dos 125 a 180 asentos, e chamados SA1, SA2 e SA3. [ 4 ] Ainda que non era consciente nese momento, o consorcio estaba producindo os planos para os A319 , A320 e A321 , respectivamente. [ 11 ] O programa de corredor unico creou divisions dentro de Airbus sobre se desenar un bimotor de curto alcance en vez dun cuatrimotor de longo alcance desexado polos alemans, particularmente por Lufthansa . [ 4 ] [ 12 ] Poren, os traballos continuaron, e a aerolina alema finalmente pediria o bimotor.

En febreiro de 1981 o proxecto foi bautizado cmo A320, [ 11 ] cos esforzos centrados no anterior SA2. Durante ese ano Airbus traballou con Delta Air Lines nun avion de 150 asentos previsto e requirido pola aerolina. O A320 levaria 150 pasaeiros a unha distancia de 3 440 km usando combustible unicamente de tanques das as. [ 11 ] O Dash 200 tina mais combustible pola activacion do tanque central, incrementando a sua capacidade de 15 590 a 23 430 litros, [ 13 ] e permitindo voos de 5 280 km. [ 11 ] Os avions medirian 36,04 m e 39,24 m respectivamente. [ 11 ] Airbus tivo que decidir enton unha seccion transversal para o A320. Considerou o diametro da fuselaxe dos "Boeing 707 e 727, ou facer algo mellor". [ 4 ] Finalmente decidiuse por un diametro maior, cun ancho interno de 3,7 m, en comparacion cos 3,45 m dos avions de Boeing. Ainda que era mais pesado, esta especificacion permitialle competir con mais eficacia co 737. A a do A320 pasou por diferentes etapas de deseno, quedando finalmente cunha lonxitude de 33,91 m. [ 13 ] Tratase dunha a longa e fina, ofrecendo unha mellor eficiencia aerodinamica debido a un maior alongamento que as dos seus competidores, principalmente o 737 e o MD-80.

Despois do aumento de prezo do petroleo dos anos 70, Airbus precisaba minimizar os custos nos gastos de combustible do A320. Para este fin, incorporou avanzadas caracteristicas como os controis fly-by-wire , estruturas primarias feitas en materiais compostos, control do centro de gravidade usando a distribucion do combustible, sistema electronico de instrumentos de voo e unha cabina con so duas persoas. O resultado final foi que o A320 consumia un 50% menos de combustible que o 727 .

O novo Airbus deberia ter o mesmo tamano, e ofrecer un avion mais economico de operar e que permitise varias configuracions de pasaxeiros. A tecnoloxia dixital do A320 superaba de lonxe a tecnoloxia analoxica do 727 , e tamen estaba por riba das series 300, 400 e 500 do Boeing 737 . O A320 foi elixido por moitas aerolinas como o substituto das suas frotas de 727 e das primeiras variantes do 737 .

A320-100 de British Airways

Sistema de control de voo fly-by-wire [ editar | editar a fonte ]

O A320 e o primeiro avion de pasaxeiros do mundo cun sistema de control de voo dixital fly-by-wire (FBW): as ordes dada mediante o joystick lateral son interpretadas por ordenadores de control de voo e transmitidas as superficies de control.

Variantes [ editar | editar a fonte ]

Ata o momento so se fabricaron duas variantes do A320 (a parte dos modelos que derivan do seu deseno, A318, A319 e A321).

A320-100 [ editar | editar a fonte ]

Foi a version orixinal e so se construiron 21 exemplares, [ 14 ] xa que a serie 200 superaba de sobra as suas prestacions. O avions fabricados entregaronse aos clientes lanzadores do modelo: Air Inter (herdados despois por Air France que mercou a aerolina) e British Airways , que absorbera pouco antes a Caledonian Airways , a compania que os encargara na realidade. British Airways retirou e desguazou todos os avions da serie 100, polo que Air France e a unica aerolina que opera ainda con eles.

A320-200 [ editar | editar a fonte ]

O seu deseno aerodinamico foi mellorado, engadindolle winglets , ademais de aumentar a capacidade de combustible e de realizar outros pequenos cambios. Con 150 pasaxeiros ten un alcance duns 6 150 km e esta impulsado por motores CFMI CFM56-5 ou IAE V2500 .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Wensveen 2007, p. 63
  2. Gunston 2009
  3. Norris & Wagner 2001, p. 18
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Flight International (ed.). "A320 family" . Consultado o 22 de febreiro de 2017 .  
  5. Norris & Wagner 1999, p. 38
  6. Norris & Wagner 1999, p. 41
  7. Century of Flight (ed.). "Hawker Siddeley Trident" . Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2009 . Consultado o 22 de febreiro de 2017 .  
  8. Payne, R. Stuck on the Drawing Board. Tempus, 2004
  9. Aris 2002, p. 119
  10. Norris & Wagner 1999, p. 43
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Norris & Wagner 1999, p. 44
  12. Aris 2002, p. 120
  13. 13,0 13,1 Eden 2008, p. 23
  14. Norris, Guy (1999). Airbus . Osceola, WI, USA: MBI Pub. Co. pp. 38, 41?44, 50?55, 87?88. ISBN   978-0-7603-0677-2 . OCLC   41173835 .  

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Gunston, Bill (2009). Airbus: The Complete Story . Sparkford, Yeovil, Somerset, UK: Haynes Publishing. ISBN 978-1-84425-585-6
  • Norris, Guy e Mark Wagner (1999). Airbus . St. Paul, Minnesota: MBI Publishing. ISBN 978-0-7603-0677-2
  • Norris, Guy e Mark Wagner (2001). Airbus A340 and A330 . St. Paul, Minnesota: MBI Publishing. ISBN 978-0-7603-0889-9

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]